Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2023 Páx. 15060

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do título III do Plan xeral de ordenación municipal para a regulación de usos (expediente 2022/00040171K).

O Pleno da corporación, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 16 de febreiro de 2023, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Inadmitir a trámite a reclamación de nulidade presentada o día 12 de xaneiro de 2023 por Carburantes Lugo, S.L.

Segundo. Aprobar definitivamente a modificación puntual do título III do PXOM para a regulación de usos, segundo o documento elaborado polos servizos técnicos de planeamento e xestión urbanística en febreiro de 2023.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia e a normativa urbanística publicarase no Boletín Oficial da provincia. Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir a modificación do PXOM no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.

Contra o acordo da aprobación definitiva da citada modificación do PXOM poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2023

O alcalde
P.D. (DEC/4742/2019, do 17 de xuño)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica