Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2023 Páx. 14940

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 7 de febreiro de 2023 pola que se modifica a Orde do 4 de agosto de 2022 pola que se fai pública a relación de persoal que superou o procedemento de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 31 de xaneiro).

Logo de estimados os recursos de alzada que formularon Violeta González Forte, disciplina 005, Xeografía e Historia; Carlos Blanco Gómez, disciplina 105, Formación e Orientación Laboral; Ana Asunción Requejo Miguel, disciplina 009, Debuxo; Silvia Vaquero Prieto, María Belén Lomba Sánchez e Lucía Teijeiro Paredes, disciplina 011, Inglés; Alfonso Villar Agra, Beatriz López Dorado e Adriana Rosario Vázquez Gómez, disciplina 053, Lingua e Literatura Galega, en relación co procedemento selectivo convocado pola Orde do 28 de xaneiro de 2022, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLVE:

Primeiro. Modificar a Orde do 4 de agosto de 2022 (DOG núm. 159, do 23 de agosto) pola que se fai pública a relación de persoal que superou o procedemento de acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, entre outros, da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 31 de xaneiro), nos seguintes termos:

a) Incluír na relación indicada, co número de orde correspondente, de conformidade coa puntuación obtida no concurso-oposición, nas especialidades seguintes:

590005-Xeografía e Historia

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Baremo

Oposición

Concurso-oposición

44

***6306**

González Forte, Violeta

L

6,9620

5,7566

6,1584

590105-Formación e Orientación Laboral

24

***9906**

Blanco Gómez, Carlos

L

3,6680

6,6596

5,6667

b) Modificar o número de orde, de conformidade coa puntuación obtida no concurso-oposición, nas especialidades seguintes:

590009-Debuxo

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Baremo

Oposición

Concurso-oposición

48

***4589**

Requejo Miguel, Ana Asunción

L

4,4100

6,7600

5,9767

590011-Inglés

21

***5685**

Vaquero Prieto, Silvia

L

5,5000

7,8005

7,0336

26

***2090**

Lomba Sánchez, María Belén

L

5,6720

7,5190

6,9034

29

***5790**

Teijeiro Paredes, Lucía

L

7,0000

6,7535

6,8356

590053-Lingua e Literatura Galega

1

***5076**

López Dorado, Beatriz

B

9,5000

5,9300

7,5365

51

***8605**

Villar Agra, Alfonso

L

9,0000

5,2745

6,5163

57

***8652**

Vázquez Gómez, Adriana Rosario

L

9,0000

5,0400

6,3600

Segundo. O disposto no punto anterior supón unha modificación do número de orde da lista de persoas aprobadas nesas especialidades que obtivesen unha puntuación no concurso-oposición inferior á obtida polas persoas recorrentes en cada especialidade.

Terceiro. A persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e
Universidades