Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2023 Páx. 14785

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de postos de traballo xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia para o corpo de médicos forenses.

De conformidade co establecido no artigo 531 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, e nos artigos 43 a 48 e 51 a 53 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, anúnciase concurso de traslados para a provisión de postos xenéricos vacantes que se citan no anexo I, para o Instituto de Medicina Legal de Galicia, entre os funcionarios do corpo de médicos forenses, de acordo coas seguintes bases:

Primeira. Obxecto da convocatoria

Esta convocatoria ten por obxecto a provisión, por concurso de traslados, dos postos de traballo xenéricos vacantes incluídos nas relacións de postos de traballo do Instituto de Medicina Legal de Galicia.

En todo o non previsto concretamente nesta convocatoria, na Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, e no Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aplicarase o disposto na lexislación xeral sobre a función pública.

Segunda. Requisitos e condicións de participación.

1. Poderán tomar parte neste concurso os funcionarios de carreira pertencentes ao corpo de médicos forenses, calquera que sexa o ámbito territorial en que estean destinados, que reúnan as condicións xerais exixidas e os requisitos determinados nesta convocatoria na data en que remate o prazo de presentación das solicitudes de participación e que os manteñan ata a resolución definitiva do concurso.

2. Só poderán tomar parte neste concurso os médicos forenses se na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes transcorresen dous anos desde que se adoptou a resolución pola que se convocou o concurso de traslados no cal se lles adxudicou último destino definitivo, ou a resolución na cal se lles adxudicou destino definitivo se se trata de funcionarios de novo ingreso.

Para o cómputo dos anos considerarase como primeiro ano o ano natural en que se adoptaron as resolucións de que se trate, con independencia da súa data, e como segundo ano, o ano natural seguinte.

Os funcionarios que non teñan destino definitivo están obrigados a participar nos concursos de acordo coa normativa vixente e están excluídos da dita limitación temporal.

3. Non poderán tomar parte neste concurso:

a) Os declarados suspensos en firme, mentres dure a suspensión.

b) Os médicos forenses que se encontren en situación de excedencia voluntaria por interese particular ou por agrupación familiar, durante o período mínimo obrigatorio de permanencia na dita situación.

c) Os sancionados con traslado forzoso, ata que transcorran un ou tres anos, para destino na mesma localidade en que se lles impuxo a sanción, se se trata de falta grave ou moi grave, respectivamente.

d) Os que, tras obteren destino en anteriores concursos, non tomasen posesión do destino que lles foi adxudicado.

Terceira. Postos que se poden solicitar

1. Os participantes poderán solicitar os postos de traballo relacionados no anexo I. Identificarase cada un dos postos por un número de orde.

2. Tamén se poderán solicitar os postos xenéricos que queden vacantes como consecuencia da resolución deste concurso, que se incorporarán en concepto de resultas ás vacantes ofertadas, agás que se pretendan amortizar ante un proxecto de modificación das relacións de postos de traballo ou reordenación de efectivos dun centro de traballo, caso en que non se anunciará ningunha resulta correspondente ao corpo.

Cada unha das prazas a resultas identificarase cun número de orde.

Os postos de traballo solicitados (tanto os do anexo I coma as resultas) téñense que identificar co número de orde da convocatoria. Se se desexa solicitar varios postos dun mesmo centro de traballo, deberanse indicar os números de orde correspondentes a cada un dos ditos postos.

Co fin de que os posibles solicitantes poidan exercer o dereito que se lles recoñece a solicitar as resultas producidas pola resolución do concurso, desde a data de publicación desta resolución, e durante o período de presentación de solicitudes, expoñerase na páxina web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (conselleriadepresidencia.xunta.gal) e na intranet xudicial a relación de postos de traballo que se poden solicitar, con indicación do número de orde dos ditos postos.

3. Os médicos forenses que participen no concurso deberanse asegurar de que os números de orde de convocatoria que especifiquen na súa instancia se corresponden cos publicados para este concurso, tanto no anexo I coma nas resultas, co fin de evitar que se indiquen outros códigos erroneamente.

Os médicos forenses que participen no concurso deberanse asegurar de que os números de orde de convocatoria que solicitan se corresponden exactamente coas denominacións dos postos ofertados, xa que, unha vez transcorrido o prazo de presentación, non se admitirá ningunha modificación á solicitude formulada nin renuncia en caso de adxudicación.

4. Excepcionalmente, poderase eliminar algunha das prazas anunciadas como vacantes no caso de que se produza de forma sobrevida algunha circunstancia que obrigue a facelo así.

5. No tocante aos médicos forenses procedentes do corpo de médicos do Rexistro Civil, atenderase ao disposto na Lei orgánica 7/1992, do 20 de novembro, pola que se fixa a idade de xubilación de xuíces e maxistrados e se integra diverso persoal médico no corpo de médicos forenses.

Cuarta. Presentación de solicitudes e documentación

1. As solicitudes para tomar parte neste concurso deberanse axustar ao modelo publicado como anexo II desta resolución, do cal se deberán cubrir todas as epígrafes que se lles exixan.

2. As solicitudes deberanse presentar no prazo dos dez días hábiles seguintes ao da publicación simultánea desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, simultaneamente, e dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza de Galicia.

Se a dita simultaneidade non for posible, os termos e prazos establecidos contaranse, en todo caso, a partir da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

3. As solicitudes poderanse remitir a través da sede electrónica da Xunta de Galicia e por calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Se as solicitudes se presentaren a través das oficinas de Correos, deberán ir en sobre aberto para seren datadas e seladas polo funcionario correspondente antes de seren certificadas.

4. Os funcionarios destinados en órganos das comunidades autónomas con competencias asumidas presentarán a súa solicitude no órgano correspondente da dita comunidade, e os destinados no ámbito de competencia do ministerio presentarana no Ministerio de Xustiza.

5. A solicitude para tomar parte neste concurso será única para cada funcionario participante, aínda que se soliciten prazas radicadas no territorio das comunidades autónomas con competencias transferidas, que, polo tanto, figuren nas convocatorias que simultaneamente a esta realicen os gobernos autónomos.

De se presentar máis dunha solicitude de participación, só se terá en consideración a última.

6. Ningún participante poderá anular ou modificar a súa instancia unha vez rematado o prazo de presentación.

7. A solicitude formulada será vinculante para o peticionario unha vez transcorrido o período de presentación de instancias.

8. Canda a solicitude achegaranse os seguintes documentos:

a) Fotocopia da resolución pola que se lle adxudicou a última praza desempeñada en propiedade.

b) O concursante en situación de excedencia achegará fotocopia compulsada da resolución pola que se lle concedeu a excedencia.

9. Unha vez recibida a solicitude, o órgano competente do último destino expedirá unha certificación orixinal actualizada dos servizos prestados no corpo de médicos forenses, con detalle dos períodos desde a data de inicio (día, mes, ano) ata a data final (día, mes, ano), e xuntará á instancia.

Así mesmo, o dito órgano de persoal cubrirá na cabeceira da instancia ou en folla anexa a puntuación por idioma e indicará se o funcionario leva no seu actual destino o período legalmente establecido no artigo 46 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, e se está incurso nalgunha das situacións previstas no artigo 43.2 da dita norma.

Quinta. Peticións condicionadas

No suposto de estaren interesados dous funcionarios nas vacantes que se anuncian para un mesmo municipio, partido xudicial ou provincia, poderán condicionar a súa petición ao feito de que ambos obteñan destino no mesmo municipio, partido xudicial ou provincia; no caso contrario, entenderanse desistidas as peticións condicionadas efectuadas por ambos. Os funcionarios que se acollan a esta petición condicionada deberano concretar na súa instancia na epígrafe C, especificando o nome, os apelidos e o NIF da persoa con quen condicionan, e achegar fotocopia da solicitude do outro funcionario. Se algún dos concursantes non o indica na epígrafe C, quedarán anuladas ambas as dúas instancias.

Polo feito de cubrir a epígrafe C da instancia, enténdese que se acollen á petición condicionada prevista no artigo 48.2 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza.

Sexta. Baremación do concurso

1. Os méritos alegados e acreditados valoraranse con referencia á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación.

2. Avaliaranse os méritos de conformidade co seguinte baremo:

A) Antigüidade, cun máximo de 60 puntos, a razón de 2 puntos por ano completo de servizos como titular no corpo de médicos forenses. Os períodos inferiores ao ano computaranse proporcionalmente a razón de 0,00555556 por día, e os meses estableceranse como de trinta días.

B) Coñecemento oral e escrito da lingua galega, cun máximo de 12 puntos. O coñecemento deste idioma valorarase do seguinte xeito:

1) Certificado Celga 4 ou equivalente: 4 puntos.

2) Certificado do curso de linguaxe xurídica medio: 8 puntos.

3) Certificado do curso de linguaxe xurídica superior: 12 puntos.

Para valorar estes coñecementos deberase achegar certificado expedido conforme a normativa en vigor nesta comunidade.

3. Este concurso constará dunha única fase na cal se valorarán os méritos enumerados nas epígrafes A) e B) do baremo.

Sétima. Adxudicación de postos

A orde de prioridade para a adxudicación dos postos de traballo virá dada pola puntuación total obtida segundo os baremos establecidos na base sexta desta convocatoria.

En caso de empate na puntuación total, incluído o idioma, acudirase para dirimilo á maior antigüidade no corpo de que se trate e, de persistir o empate, ao número de orde obtido no proceso selectivo de acceso ao dito corpo, incluído o idioma ou dereito propios.

Oitava. Carácter dos destinos adxudicados

1. Os traslados que deriven da resolución deste concurso terán a consideración de voluntarios para os efectos previstos no Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo e, en consecuencia, non xerarán dereito ao aboamento de indemnizacións por ningún concepto.

2. Os destinos serán irrenunciables, de acordo co disposto no artigo 53 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro.

Novena. Resolución do concurso

1. Este concurso será resolto coordinadamente polo Ministerio de Xustiza e o órgano competente da comunidade autónoma convocante do concurso. O prazo para a resolución será de seis meses, contados desde o día seguinte ao da finalización do prazo de presentación de solicitudes.

2. A resolución expresará o posto de orixe dos interesados aos cales se lles adxudique destino e a súa localidade, así como tamén a súa situación administrativa, se esta é distinta da de activo, e o posto adxudicado a cada funcionario.

Décima. Recursos

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o órgano xudicial competente, conforme o establecido na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, e isto sen prexuízo da interposición do recurso potestativo de reposición, ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, consonte o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2023

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza

ANEXO I

Postos de traballo incluídos neste anexo I que se poden solicitar
en aplicación do número 1 da base terceira

Nº orde

Posto

Centro de traballo

Denominación

Localidade

Provincia

Vacantes

Resultas

Idioma

214

XG9251820015001302.00

Instituto de Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Coruña, A

A Coruña

1

 

S

216

XG9251820015001304.00

Instituto de Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Coruña, A

A Coruña

1

 

S

217

XG9251820015001305.00

Instituto de Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Coruña, A

A Coruña

1

 

S

218

XG9251820015001306.00

Instituto de Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Coruña, A

A Coruña

1

 

S

220

XG9251820015001309.00

Instituto de Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Coruña, A

A Coruña

1

 

S

221

XG9251820015350301.00

Instituto de Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Ferrol

A Coruña

1

 

S

223

XG9251820015350304.00

Instituto de Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Ferrol

A Coruña

1

 

S

236

XG9251820027001305.00

Instituto de Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Lugo

Lugo

1

 

S

237

XG9251820032001301.00

Instituto de Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Ourense

Ourense

1

 

S

239

XG9251820032001304.00

Instituto de Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Ourense

Ourense

1

 

S

240

XG9251820032001305.00

Instituto de Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Ourense

Ourense

1

 

S

241

XG9251820036001301.00

Instituto de Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Pontevedra

Pontevedra

1

 

S

247

XG9251820036560303.00

Instituto de Medicina Legal. Subdirección

Médico forense (xeneralista)

Vigo

Pontevedra

1

 

S

missing image file
missing image file