Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2023 Páx. 14291

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 9 de febreiro de 2023 pola que se establecen os criterios e o procedemento para a distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado aos concellos de Galicia con poboación inferior a 15.000 habitantes, previsto no artigo 59.catro da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 (código de procedemento PR486B).

A previsión constitucional de participación das facendas locais nos ingresos da Comunidade Autónoma realízase mediante o Fondo de Cooperación Local (FCL), convertido no instrumento central de colaboración e cooperación económico-financeira da Xunta de Galicia coas entidades locais, mediante o que se dá cumprimento á obriga legal de achegar os medios suficientes para garantir a suficiencia financeira dos concellos da Comunidade Autónoma. A través deste fondo, coa consignación orzamentaria fixada anualmente na correspondente Lei de orzamentos, regúlase un modelo estable de participación dos concellos nos ingresos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Incrementada para 2023 nun 135 % respecto ao exercicio anterior, a dotación do fondo adicional ao FCL repártese en función dos criterios sinalados no artigo 59.catro da vixente Lei 6/2022, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2023. Entre eles, varias liñas de financiamento destinadas á realización de investimentos nos concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes, co obxecto de mellorar a prestación de servizos de competencia municipal.

A asignación destes recursos con destino aos investimentos sinalados na lei anual de orzamentos foi acordada no marco da subcomisión de réxime económico e financeiro da Comisión de Cooperación Local e vén significar que case o 90 % dos concellos de Galicia recibirá importantes asignacións procedentes da participación nos tributos da Comunidade Autónoma que dotan o fondo adicional ao FCL, para o financiamento de actuacións de mellora da prestación de servizos en áreas de competencia municipal.

Segundo sinala a Lei de orzamentos, a repartición do fondo adicional correspondente aos concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes, que se fixa nas alíneas h), j) e k) do artigo 59.catro da Lei 6/2022, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2023, realizarase en función dos criterios aprobados pola consellería competente en materia de Administración local.

Xa que logo, constitúe o obxecto desta orde establecer e precisar os criterios de repartición do citado fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local do ano 2023.

A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes é o departamento da Xunta de Galicia ao cal lle corresponde a elaboración, proposta e execución da política do Goberno galego en materia de Administración local, de conformidade co previsto no artigo 1 do Decreto 117/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica do devandito departamento.

Para o exercicio das súas funcións conta dentro da súa estrutura orgánica coa Dirección Xeral de Administración Local, configurada no artigo 29 do citado Decreto 117/2022, do 23 de xuño, como o órgano encargado da xestión das competencias que se lle atribúen á Xunta de Galicia en materia de Administración local.

No exercicio das súas competencias, correspóndenlle a este centro directivo as relacións coas entidades locais, en particular a coordinación das políticas públicas en materia de Administración local, a xestión en materia de pacto local, a proposición das directrices en relación cos programas de cooperación e financiamento local e, en especial, co Fondo de Cooperación Local ou o fomento das liñas de colaboración coas entidades locais galegas no referente á convocatoria e execución das subvencións destinadas a elas.

Polo exposto, de conformidade co establecido no Decreto 117/2022, do 23 de xuño, e na alínea catro do artigo 59 da Lei 6/2022, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes é o órgano competente para determinar os criterios de repartición das consignacións do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local previstas nas letras h), j) e k) do artigo 59.catro, destinadas a concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde establece os criterios e o procedemento para a distribución da dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local prevista nas alíneas h), j) e k) do artigo 59.catro da Lei 6/2022, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2023 (DOG núm. 248, do 30 de decembro), destinada aos concellos de poboación inferior a 15.000 habitantes, con código de procedemento PR486B, para o financiamento das seguintes actuacións:

– Liña 1. Investimentos destinados á mellora da eficiencia enerxética das infraestruturas municipais.

– Liña 2. Adquisición de maquinaria e equipamento vinculado á prestación de servizos de competencia municipal.

– Liña 3. Investimentos destinados á modernización e á mellora das redes de abastecemento municipal.

Artigo 2. Destinatarios

1. Poderán ser destinatarios da dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local a que fai referencia esta orde, previsto nas alíneas h), j) e k) do artigo 59.catro da Lei 6/2022, do 27 de decembro, os concellos de Galicia que teñan unha cifra de poboación inferior a 15.000 habitantes, segundo as cifras oficiais do padrón municipal de habitantes en 2022, publicadas polo Instituto Galego de Estatística, que son os que se relacionan no anexo II desta orde.

2. Para poder acceder ás asignacións do fondo adicional que se regulan nesta orde, os concellos deben ter remitida a conta xeral do exercicio 2021 ao Consello de Contas de Galicia.

Artigo 3. Dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local

1. A dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local que se distribúe mediante esta orde ascende a un total de 15.600.00,00 coas asignacións sinaladas nas alíneas h), j) e k) do artigo 59.catro da Lei de orzamentos:

a) 8.600.000,00 € para investimentos destinados á mellora da eficiencia enerxética das infraestruturas municipais.

b) 2.000.000,00 € para a adquisición de maquinaria e equipamento vinculado á prestación de servizos de competencia municipal.

c) 5.000.000,00 € para investimentos destinados á modernización e mellora das redes de abastecemento municipal.

2. A distribución do importe realizarase en función dos criterios aprobados pola consellería competente en materia de Administración local.

Artigo 4. Criterios de distribución

1. Establécese unha asignación máxima inicial por concello e liña, que se outorgará mediante resolución da persoa titular da consellería competente en materia de Administración local, logo da comprobación do cumprimento por parte dos concellos destinatarios dos requisitos e condicións establecidos nesta orde, e de acordo co resultado da valoración das solicitudes presentadas que realizará a comisión prevista no artigo 9 desta orde, conforme os criterios de valoración dispostos nela.

2. Os importes máximos iniciais por concello en cada unha das liñas son os que se consignan no cadro inserido a seguir:

Liña

Descrición

Importe máximo inicial da achega

1

Obras de eficiencia enerxética

200.000,00

2

Subministracións de maquinaria e equipamento para a prestación de servizos municipais

30.000,00

3

Obras de modernización e mellora das redes de abastecemento municipal

50.000,00

3. Non se sinala un límite para o orzamento total dos investimentos en cada unha das liñas, pero en ningún caso o importe da achega destinada a cada concello poderá ser superior ao orzamento da obra ou da subministración a que se aplicará nin, de ser o caso, ao seu custo final.

4. De acordo co anterior, o órgano competente minorará a contía da asignación final na cantidade que supere o custo orzado ou de execución da actuación, segundo proceda.

5. Sen prexuízo do previsto nas alíneas 1 e 2 deste artigo, de se produciren remanentes do fondo, poderá incrementarse o importe máximo inicial das asignacións dentro de cada liña mediante a súa redistribución entre todos os concellos destinatarios, sen que se supere o importe máximo total por liña establecido nas respectivas alíneas do artigo 59.catro da Lei de orzamentos, recollidos no artigo 3.1 desta orde.

En todo caso, esta redistribución de remanentes debe respectar os límites máximos por concello sinalados na alínea 3 deste artigo para que non se produza exceso de financiamento sobre o orzamento ou sobre o custo final do proxecto, segundo proceda.

6. Poden producir remanentes do fondo:

a) As minoracións nas achegas polo exceso sobre o custo da actuación.

b) As desistencias das solicitudes presentadas e as renuncias ás achegas asignadas.

c) As resolucións denegatorias por incumprimento dos requisitos ou condicións establecidos nesta orde para acceder á asignación.

d) Calquera outra causa que poida dar lugar a unha cantidade non asignada, total ou parcialmente, a calquera dos concellos beneficiarios.

Artigo 5. Actuacións financiables

1. A dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local a que fai referencia esta orde está destinada á realización dos seguintes proxectos:

a) Liña 1. Obras de mellora e eficiencia enerxética en edificios de titularidade municipal.

b) Liña 2. Adquisición de maquinaria e equipamento vinculado á prestación de servizos municipais.

c) Liña 3. Obras de modernización e mellora das redes de abastecemento municipal.

2. Requisitos das actuacións:

a) Serán financiables a execución de obras e a adquisición de equipamentos que sexan imputables ao capítulo VI do orzamento de gastos da entidade local, de conformidade coa clasificación económica establecida pola Orde EHA/3565/2008, do 8 de decembro, pola que se aproba a estrutura dos orzamentos das entidades locais, incluído o IVE.

b) Para os efectos desta orde, terán a consideración de servizo municipal aqueles relacionados co exercicio de calquera das competencias referidas no artigo 25 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, coa prestación dos servizos incluídos no artigo 26.1 da mesma lei, ou coas competencias asumidas pola vía do artigo 27 da citada norma legal.

c) Son financiables os custos directamente relacionados cos investimentos que se efectúen, tales como honorarios profesionais de arquitectura e enxeñaría, ata un máximo do 12 % do investimento (IVE incluído).

d) Os proxectos serán completos e de fase única, susceptibles da súa posta en servizo inmediata como consecuencia directa da execución do proxecto. En ningún caso se admitirán fases de proxecto.

3. A adquisición de bens de segunda man será financiable sempre que, na fase de xustificación, se achegue a seguinte documentación:

a) Unha declaración do vendedor sobre a orixe dos bens, especificamente se foron adquiridos con axudas ou subvencións públicas.

b) Certificación de taxador independente que acredite que o prezo do ben non é superior ao valor de mercado e que é inferior ao custo de bens novos similares.

Artigo 6. Prazo e forma de presentación

1. Para poder recibir a asignación regulada nesta orde, os concellos relacionados no anexo II presentarán unha solicitude dirixida á Dirección Xeral de Administración Local, segundo o modelo que figura como anexo I, na cal indicarán a liña ou liñas a que pretenden acollerse.

2. Cada concello poderá presentar unha única solicitude, que se corresponderá cun só proxecto, ben que en cada proxecto poderá incluírse máis dunha actuación.

Xa que logo, se o órgano tramitador observa que un concello ten presentadas dúas ou máis solicitudes, poñerallo de manifesto para que, no prazo máximo de dez días, poida desistir da solicitude ou solicitudes necesarias para dar cumprimento ao establecido neste artigo. De non se ter recibido a comunicación da desistencia dentro do prazo establecido, inadmitiranse todas as solicitudes en que o concello participe.

3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

4. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

5. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

6. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 7. Documentación que acompaña a solicitude

1. Os concellos interesados deberán achegar co anexo I de solicitude, debidamente cuberto, a seguinte documentación:

a) Certificado da persoa secretaria do concello en que faga constar o acordo do órgano competente da entidade local en virtude do cal se solicita a achega para as obras ou subministracións concretas que se pretenden executar ao abeiro desta orde e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nela.

Este acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes e nel constará expresamente que se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na orde.

b) Unha memoria explicativa das obras ou equipamentos, que conterá, ademais, toda a información necesaria para a valoración do proxecto conforme os criterios establecidos no artigo 10.

c) Orzamento detallado, desagregado a nivel de partida, con indicación das unidades e prezos de cada unha. En ningún caso se admitirán orzamentos a tanto global.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas achega a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

3. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia dun documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento en cuestión ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 8. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 9. Instrución e resolución

1. Cada liña establecida nesta orde poderá ser instruída, tramitada e resolta en pezas separadas.

2. A Dirección Xeral de Administración Local será o órgano competente para a instrución do procedemento e poderá solicitar calquera documentación que considere necesaria para a correcta verificación da solicitude.

3. O defecto nas solicitudes notificaráselles ás entidades interesadas pola Dirección Xeral de Administración Local e daráselles un prazo de dez días para emendaren os erros ou omisións, con indicación de que, de non o faceren así, se terán por desistidos da súa petición, logo de resolución, que se deberá ditar nos termos do artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. Rematado o prazo para a presentación das solicitudes, revisadas estas e a súa documentación e feitas as emendas necesarias, aqueles expedientes que reúnan todos os requisitos e conteñan a documentación preceptiva serán trasladados a unha comisión para que as valore de acordo cos criterios establecidos no artigo 10 desta mesma orde co fin de elaborar unha proposta de asignación por cada unha das liñas.

En ningún caso a proposta da comisión poderá superar o importe fixado para cada liña na Lei de orzamentos xerais para 2023.

5. A Comisión de Valoración estará presidida pola persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local e dela formarán parte os delegados e as delegadas territoriais da Xunta de Galicia ou persoas en que deleguen. Actuará como secretaria a persoa titular da Subdirección Xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais da Dirección Xeral de Administración Local, ou unha persoa funcionaria da citada dirección xeral con nivel mínimo de xefatura de servizo.

6. Unha vez que a comisión realice a valoración das solicitudes presentadas de conformidade cos criterios de avaliación e repartición establecidos no artigo 10, da cal quedará constancia en acta motivada, a Dirección Xeral de Administración Local elevará proposta á persoa titular da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, quen resolverá.

7. Contra esta resolución as entidades interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda.

8. O prazo para resolver e notificar os procedementos iniciados en virtude desta orde será de tres meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. O vencemento deste prazo máximo sen que sexa notificada a resolución lexitima os interesados para entenderen desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

Artigo 10. Criterios de valoración

1. Na valoración das solicitudes presentadas a comisión ponderará os seguintes aspectos, ata un máximo de 100 puntos:

a. Liña 1. Obras destinadas á mellora da eficiencia enerxética das infraestruturas municipais:

1. O destino das actuacións valorarase ata un máximo de 40 puntos en función dos criterios que se sinalan a seguir:

a) Infraestruturas destinadas á prestación de servizos educativos e as dedicadas a actividades deportivas: 40 puntos.

b) Infraestruturas destinadas á prestación de servizos sociais e sanitarios: 25 puntos.

c) Infraestruturas destinadas á prestación doutros servizos: 15 puntos.

2. A natureza e tipo do investimento ponderarase segundo os criterios que se indican, ata un máximo de 40 puntos:

a) Substitución de caldeiras baseadas en combustibles fósiles por outras alimentadas con enerxías renovables e substitución, renovación ou mellora de cubertas en edificios ou instalacións dedicados a actividades deportivas para mellora da eficiencia enerxética: 40 puntos.

b) Substitución, renovación ou mellora de elementos construtivos da envolvente térmica ou en instalacións eléctricas máis eficientes, incluídas as instalacións de iluminación: 25 puntos.

c) Substitución, renovación ou mellora do resto de elementos que melloren a eficiencia enerxética dos edificios: 15 puntos.

3. A necesidade específica das actuacións concretas que pretende abordar o proxecto puntuarase con base no contido da memoria presentada por cada entidade solicitante, ata un máximo de 20 puntos.

b. Liña 2. Adquisición de maquinaria e equipamento vinculado á prestación de servizos de competencia municipal:

1. O destino das actuacións puntuarase con base nos criterios relacionados a continuación, ata un máximo de 40 puntos:

a) Maquinaria e equipamento destinado á prestación de servizos municipais básicos, relacionados no artigo 26.a) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local: 40 puntos.

b) Maquinaria e equipamento destinado ao exercicio das competencias municipais relacionadas no artigo 25 da Lei 7/1985, do 2 de abril: 25 puntos.

c) Maquinaria e equipamento destinado á prestación de servizos relacionados coas competencias asumidas pola vía do artigo 27 da Lei 7/1985, do 2 de abril: 10 puntos.

2. A natureza e o tipo de investimento valorarase ata un máximo de 40 puntos, coa asignación das seguintes puntuacións parciais:

a) Maquinaria e equipamento para o funcionamento operativo dos servicios públicos por parte da entidade local (concepto 623 do orzamento de gastos da entidade local, segundo a clasificación establecida na Orde EHA/3565/2008, do 3 de decembro, pola que se aproba a estrutura dos orzamentos das entidades locais): 40 puntos.

b) Vehículos utilizados para o funcionamento operativo dos servizos públicos (concepto 624 do orzamento de gastos da entidade local, segundo a clasificación establecida na Orde EHA/3565/2008, do 3 de decembro): 25 puntos.

c) Mobiliario, material e equipamentos de oficina utilizados para o funcionamento operativo dos servizos públicos (concepto 625 do orzamento de gastos da entidade local, segundo a clasificación establecida na Orde EHA/3565/2008, do 3 de decembro): 10 puntos.

3. A necesidade específica das actuacións concretas que pretende abordar o proxecto puntuarase con base no contido da memoria presentada por cada entidade solicitante, ata un máximo de 20 puntos.

c. Liña 3. Obras de modernización e mellora das redes de abastecemento municipal.

1. O encadramento da actuación na planificación municipal puntuarase ata un máximo de 40 puntos conforme os criterios seguintes:

a) Investimentos incluídos no Plan de actuación para minimizar as perdas de auga que teña aprobado o concello en cumprimento do disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento nos episodios de seca e nas situacións de risco sanitario: 40 puntos.

b) Investimentos para realizar por parte dos concellos que estean tramitando o Plan de actuación para minimizar as perdas de auga nas súas instalacións de abastecemento, en cumprimento do previsto na disposición adicional segunda da Lei 9/2019, do 11 de decembro, sempre que acheguen coa solicitude o compromiso de ter aprobado o plan antes do remate do prazo de xustificación establecido no artigo 11.3: 25 puntos.

c) Investimentos para realizar por parte dos concellos que aínda non teñan iniciada a tramitación do Plan de actuación para minimizar as perdas de auga nas súas instalacións de abastecemento, en cumprimento do previsto na disposición adicional segunda da Lei 9/2019, do 11 de decembro, sempre que acheguen coa solicitude o compromiso de iniciar a tramitación do plan antes do remate do prazo de xustificación establecido no artigo 11.3 desta orde: 5 puntos.

2. A natureza e o tipo de investimento valoraranse ata un máximo de 40 puntos, coa seguinte ponderación:

a) Proxectos que inclúen a instalación de contadores homologados nos puntos de captación de auga municipal ou de subministración en alta: 40 puntos.

b) Proxectos de actuacións sobre a rede municipal de abastecemento para eliminar as perdas de auga: 25 puntos.

c) Outros proxectos de obras sobre a infraestrutura básica da rede de abastecemento municipal (a captación, as canalizacións ou os depósitos): 10 puntos.

3. A necesidade específica das actuacións concretas que pretende abordar o proxecto puntuarase con base no contido da memoria presentada por cada entidade solicitante, ata un máximo de 20 puntos.

2. En caso de coincidir a puntuación de varias solicitudes, prevalecerá a solicitude cuxa data e hora de presentación sexa anterior segundo conste no Rexistro Electrónico Xeral e, en último caso, prevalecerá aquela á cal o sistema lle asignase automaticamente o número de entrada máis baixo.

Porén, naqueles supostos en que, ao abeiro do establecido no artigo 9 desta orde, se lles requirise aos solicitantes a emenda de erros ou omisións na solicitude ou documentación presentada, entenderase por rexistro de entrada da solicitude presentada a data en que o dito requirimento estivese correctamente atendido.

Artigo 11. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas realizaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, practicarase polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Libramento dos fondos

1. Unha vez notificada a cada concello beneficiario a asignación do fondo e o seu importe, libraráselle a cantidade correspondente ao 80 % do total na conta de que é titular a entidade local en que se realizan os ingresos mensuais do Fondo de Cooperación Local, sen prexuízo da posibilidade de reintegro prevista no artigo 13.4 desta orde.

2. O 20 % restante, ou a cantidade que corresponda en función da redistribución do remanente ou do custo final da actuación, librarase no momento en que o concello acredite a correcta realización dos investimentos na forma establecida no artigo 12 desta orde.

3. Os aboamentos das asignacións efectuaranse directamente á entidade local na mesma conta en que se ingresan as achegas mensuais do Fondo de Cooperación Local.

Artigo 13. Comprobación da aplicación dos fondos

1. Cada un dos concellos destinatarios deberá acreditar a aplicación dos fondos regulados nesta orde mediante a presentación da seguinte documentación:

a) Acta de recepción da obra ou da subministración

b) Certificado da intervención municipal da toma de razón en contabilidade do gasto correspondente ao investimento realizado.

c) Certificado da persoa secretaria para facer constar o acordo do órgano municipal competente que declare o cumprimento da finalidade para a cal se asignaron os fondos.

d) Para bens de segunda man, haberá que achegar os documentos relacionados no artigo 5.3 desta orde, de ser o caso.

2. A data límite para realizar os investimentos e presentar a documentación xustificativa da aplicación dada aos fondos remata o 15 de novembro de 2023.

3. A Dirección Xeral de Administración Local poderá requirir as entidades beneficiarias para achegaren cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a correcta verificación da xustificación presentada e a comprobación da execución do investimento.

4. O transcurso do prazo establecido neste artigo sen ter presentado a correspondente xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento do libramento final e/ou dará lugar ao inicio do procedemento de reintegro dos fondos percibidos, segundo o caso.

Disposición derradeira primeira

Delégase na persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local a competencia para resolver os procedementos de asignación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local que se inicien en virtude desta orde, de conformidade co previsto no artigo 3 da Orde do 14 de xullo de 2022 sobre delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica e noutros órganos da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (DOG núm. 137, do 19 de xullo).

Disposición derradeira segunda

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira terceira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia,
Xustiza e Deportes

missing image file
missing image file

ANEXO II

Concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes-Galicia 2022
(fonte: Instituto Galego de Estatística-Padrón municipal de habitantes)

Código INE

Concello

Poboación

27001

Abadín

2.259

15001

Abegondo

5.534

36020

Agolada

2.252

27002

Alfoz

1.585

32001

Allariz

6.348

32002

Amoeiro

2.369

27003

Antas de Ulla

1.918

15003

Aranga

1.837

36001

Arbo

2.622

15004

Ares

6.033

32003

Arnoia, A

1.015

15006

Arzúa

5.918

32004

Avión

1.770

36003

Baiona

12.349

27004

Baleira

1.158

32005

Baltar

910

32006

Bande

1.463

15007

Baña, A

3.333

32007

Baños de Molgas

1.489

27901

Baralla

2.436

32008

Barbadás

11.061

32009

Barco de Valdeorras, O

13.350

27005

Barreiros

3.020

36002

Barro

3.637

32010

Beade

372

32011

Beariz

978

27006

Becerreá

2.755

27007

Begonte

2.951

15008

Bergondo

6.892

15009

Betanzos

13.066

32012

Blancos, Os

732

32013

Boborás

2.219

15010

Boimorto

1.890

32014

Bola, A

1.088

32015

Bolo, O

824

15012

Boqueixón

4.188

27008

Bóveda

1.414

15013

Brión

8.069

36004

Bueu

11.978

27902

Burela

9.430

15014

Cabana de Bergantiños

4.195

15015

Cabanas

3.340

36005

Caldas de Reis

9.678

32016

Calvos de Randín

678

15016

Camariñas

5.188

36006

Cambados

13.671

36007

Campo Lameiro

1.721

36009

Cañiza, A

5.115

15018

Capela, A

1.225

32018

Carballeda de Avia

1.219

32017

Carballeda de Valdeorras

1.409

27009

Carballedo

2.065

32019

Carballiño, O

13.932

15901

Cariño

3.699

15020

Carnota

3.845

15021

Carral

6.649

32020

Cartelle

2.578

32022

Castrelo de Miño

1.315

32021

Castrelo do Val

969

32023

Castro Caldelas

1.177

27010

Castro de Rei

5.033

27011

Castroverde

2.592

36010

Catoira

3.295

15022

Cedeira

6.626

15023

Cee

7.573

32024

Celanova

5.619

32025

Cenlle

1.119

15024

Cerceda

5.019

36902

Cerdedo-Cotobade

5.697

15025

Cerdido

1.060

27012

Cervantes

1.250

27013

Cervo

4.192

32029

Chandrexa de Queixa

495

27016

Chantada

8.083

15027

Coirós

1.913

32026

Coles

3.138

15028

Corcubión

1.670

27014

Corgo, O

3.429

15029

Coristanco

5.807

32027

Cortegada

1.036

27015

Cospeito

4.342

36013

Covelo

2.480

36014

Crecente

1.937

32028

Cualedro

1.627

36015

Cuntis

4.592

15032

Curtis

4.104

15033

Dodro

2.675

36016

Dozón

1.028

15034

Dumbría

2.909

32030

Entrimo

1.118

32031

Esgos

1.104

15035

Fene

12.702

15037

Fisterra

4.726

27017

Folgoso do Courel

985

27018

Fonsagrada, A

3.265

36018

Forcarei

3.194

36019

Fornelos de Montes

1.621

27019

Foz

10.118

15038

Frades

2.273

27020

Friol

3.627

32033

Gomesende

686

36021

Gondomar

14.970

36022

Grove, O

10.809

36023

Guarda, A

10.013

32034

Gudiña, A

1.180

27022

Guitiriz

5.328

27023

Guntín

2.627

36901

Illa de Arousa, A

4.878

27024

Incio, O

1.536

32035

Irixo, O

1.366

15039

Irixoa

1.318

36025

Lama, A

2.499

27026

Láncara

2.501

15041

Laracha, A

11.505

32038

Larouco

440

15040

Laxe

2.977

32039

Laza

1.205

32040

Leiro

1.522

32041

Lobeira

774

32042

Lobios

1.703

27027

Lourenzá

2.115

15042

Lousame

3.210

32043

Maceda

2.853

15043

Malpica de Bergantiños

5.296

32044

Manzaneda

828

15044

Mañón

1.287

32045

Maside

2.753

15045

Mazaricos

3.761

36027

Meaño

5.292

27029

Meira

1.742

36028

Meis

4.735

15046

Melide

7.438

32046

Melón

1.137

32047

Merca, A

1.966

15047

Mesía

2.457

32048

Mezquita, A

1.005

15048

Miño

6.624

15049

Moeche

1.191

36030

Mondariz

4.448

36031

Mondariz-Balneario

680

27030

Mondoñedo

3.503

15050

Monfero

1.865

32049

Montederramo

701

32050

Monterrei

2.461

27032

Monterroso

3.585

36032

Moraña

4.133

15051

Mugardos

5.246

32051

Muíños

1.424

27033

Muras

606

15053

Muros

8.365

15052

Muxía

4.486

27034

Navia de Suarna

997

15055

Neda

4.972

15056

Negreira

6.811

27035

Negueira de Muñiz

228

36034

Neves, As

3.746

27037

Nogais, As

991

32052

Nogueira de Ramuín

2.081

15057

Noia

14.140

36036

Oia

3.080

32053

Oímbra

1.730

15059

Ordes

12.589

15060

Oroso

7.572

15061

Ortigueira

5.420

27038

Ourol

999

27039

Outeiro de Rei

5.296

15062

Outes

6.108

15902

Oza-Cesuras

5.247

15064

Paderne

2.420

32055

Paderne de Allariz

1.395

32056

Padrenda

1.637

15065

Padrón

8.349

27040

Palas de Rei

3.319

27041

Pantón

2.435

32057

Parada de Sil

531

27042

Paradela

1.683

27043

Páramo, O

1.322

27044

Pastoriza, A

2.879

36037

Pazos de Borbén

2.998

27045

Pedrafita do Cebreiro

936

32058

Pereiro de Aguiar

6.609

32059

Peroxa, A

1.805

32060

Petín

883

15066

Pino, O

4.576

32061

Piñor

1.146

32063

Pobra de Trives, A

2.019

27047

Pobra do Brollón, A

1.551

15067

Pobra do Caramiñal, A

9.290

27046

Pol

1.612

36043

Ponte Caldelas

5.575

15068

Ponteceso

5.429

36044

Pontecesures

3.079

15069

Pontedeume

7.563

32064

Pontedeva

479

27048

Pontenova, A

2.191

15070

Pontes de García Rodríguez, As

9.974

32062

Porqueira

835

36040

Portas

2.851

15071

Porto do Son

9.153

27049

Portomarín

1.352

32065

Punxín

744

32066

Quintela de Leirado

626

27050

Quiroga

3.125

27056

Rábade

1.503

32067

Rairiz de Veiga

1.216

32068

Ramirás

1.500

15072

Rianxo

10.949

32069

Ribadavia

5.003

27051

Ribadeo

9.811

36046

Ribadumia

5.193

27052

Ribas de Sil

937

27053

Ribeira de Piquín

500

32071

Riós

1.432

27054

Riotorto

1.187

36047

Rodeiro

2.317

15074

Rois

4.445

36048

Rosal, O

6.450

32072

Rúa, A

4.186

32073

Rubiá

1.376

36049

Salceda de Caselas

9.380

36050

Salvaterra de Miño

10.079

27055

Samos

1.202

32074

San Amaro

1.042

32075

San Cibrao das Viñas

5.558

32076

San Cristovo de Cea

2.042

15076

San Sadurniño

2.792

32070

San Xoán de Río

508

32077

Sandiás

1.170

15077

Santa Comba

9.365

15079

Santiso

1.509

32078

Sarreaus

1.107

27057

Sarria

13.214

27058

Saviñao, O

3.547

36052

Silleda

8.860

27059

Sober

2.213

15080

Sobrado

1.767

15081

Somozas, As

1.073

36053

Soutomaior

7.543

27060

Taboada

2.646

32079

Taboadela

1.471

32080

Teixeira, A

345

32081

Toén

2.388

36054

Tomiño

13.779

15083

Toques

1.089

15084

Tordoia

3.192

15085

Touro

3.451

27061

Trabada

1.107

32082

Trasmiras

1.261

15086

Trazo

3.034

27062

Triacastela

629

15088

Val do Dubra

3.783

27063

Valadouro, O

1.938

15087

Valdoviño

6.924

36056

Valga

5.752

15089

Vedra

5.005

32083

Veiga, A

901

32084

Verea

944

32085

Verín

13.625

32086

Viana do Bolo

2.781

27064

Vicedo, O

1.665

36059

Vila de Cruces

5.063

36058

Vilaboa

6.004

27065

Vilalba

13.881

32087

Vilamarín

1.847

32088

Vilamartín de Valdeorras

1.825

36061

Vilanova de Arousa

10.240

32089

Vilar de Barrio

1.206

32090

Vilar de Santos

792

32091

Vilardevós

1.726

32092

Vilariño de Conso

505

15091

Vilarmaior

1.245

15090

Vilasantar

1.239

15092

Vimianzo

6.851

27021

Xermade

1.768

32032

Xinzo de Limia

9.611

27025

Xove

3.352

32036

Xunqueira de Ambía

1.388

32037

Xunqueira de Espadanedo

723

15093

Zas

4.308