Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2023 Páx. 14202

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ORDE do 10 de febreiro de 2023 pola que se anuncia a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio) e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo. Poderá concorrer a ela o persoal funcionario de carreira que reúna os requisitos sinalados no anexo I.

Terceiro. As solicitudes, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, dirixiranse á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado correspondente ao procedemento administrativo PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas que presenten a súa solicitude presencialmente serán requiridas para que a emenden a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Cuarto. As persoas aspirantes deberán unir á petición un currículo xustificando documentalmente os méritos que aleguen.

Quinto. Se algunha das persoas seleccionadas para ocupar os postos de traballo que se anuncian no anexo I desta orde ten destino noutras administracións públicas, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma conforme o previsto no artigo 29 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, e demais disposicións concordantes.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, e poderán declararse desertos os postos de traballos, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, e cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes, conforme o establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de persoal funcionario doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2023

Francisco José Conde López
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía,
Industria e Innovación

ANEXO I

Código: EI.201.00.000.15770.001.

Consellería: Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Denominación do posto: secretario/a do/a secretario/a xeral.

Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo/subgrupo: C1-C2.

Nivel: 18.

Complemento específico: 7.489,72 €.

Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640 para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

Código: EI.C03.00.000.15770.001.

Consellería: Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Denominación do posto: secretario/a do/a secretario/a xeral.

Dependencia: Secretaría Xeral de Industria.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo/subgrupo: C1-C2.

Nivel: 18.

Complemento específico: 7.489,72 €.

Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640 para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

Código: EI.301.00.000.15770.001.

Consellería: Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Denominación do posto: secretario/a do/a director/a xeral.

Dependencia: Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo/subgrupo: C1-C2.

Nivel: 18.

Complemento específico: 7.489,72 €.

Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640 para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

missing image file