Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2023 Páx. 14198

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2023 pola que se publica o plan de estudos da titulación de grao en Enxeñaría Mecánica.

O plan de estudos da titulación de grao en Enxeñaría Mecánica pola Universidade de Vigo foi publicado no Boletín Oficial del Estado do 11 de xaneiro de 2013, unha vez establecido o carácter oficial do título polo Acordo do Consello de Ministros do 12 de novembro de 2010, publicado mediante a Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 22 de novembro de 2010 (BOE do 16 de decembro).

De conformidade co que dispón o Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece o procedemento para a modificación de plans de estudo xa verificados, e tras obter o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia á solicitude da Universidade de Vigo de modificación do plan de estudos da titulación de grao en Enxeñaría Mecánica, esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título universitario oficial de graduado ou graduada en Enxeñaría Mecánica pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo desta resolución.

Vigo, 8 de febreiro de 2023

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

missing image file
missing image file
missing image file