Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2023 Páx. 14223

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 3 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lles notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Cervantes (expediente IN407A 2022/70 AT).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a declaración de utilidade pública do proxecto Regulamentación LMTA BCR807 apoios 268-A-10, 268-A-11, 268-A-12 e 268-A-14 (Cervantes), segundo se sinala no cadro anexo.

Así mesmo, infórmase de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición durante un prazo de trinta (30) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, nº 70, 2º baixo (Servizo de Enerxía e Minas).

O proxecto tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/lmat-cervantes

Lugo, 3 de febreiro de 2023

O xefe territorial de Lugo
P.A. (Artigo 41.3 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/70-2.

Denominación: Regulamentación LMTA BCR807 apoios 268-A-10, 268-A-11, 268-A-12 e 268-A-14 (Cervantes).

Concello: Cervantes.

Declaración de utilidade pública

Referencia catastral

Propietario

Apoio

Nº predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

m2

1

61

5

Sobrecor

Monte baixo

MVMC do Pando, Albares e Serrado

268-A-10

268-A-11

268-A-12

268-A-14

8.0