Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2023 Páx. 14221

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Carballedo (expediente IN407A 2022/231-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, mediante este anuncio notifícanselles a todas as persoas interesadas a declaración de utilidade pública do proxecto da instalación de reconectador TC na LMTA PRS803 no apoio nº 9-2 (Carballedo) (Lugo), segundo se sinala no cadro anexo.

Ademais, infórmase de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición durante un prazo de trinta (30) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, nº 70, 2º baixo (Servizo de Enerxía e Minas).

O proxecto tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal//transparencia/instalacions-electricas/carballedo

Lugo, 20 de xaneiro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/231-2.

Denominación: instalación de reconectador TC na LMTA PRS803 no apoio nº 9-2 (Carballedo) (Lugo).

Concello: Carballedo.

Declaración de utilidade pública:

Referencia catastral

Propietario

Apoio

Nº predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

1

73

349

Souto

Monte alto

Emilio Vázquez González

9-2

10.0