Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 25, do 6 de febreiro de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:
No artigo 8 na páxina 11725, onde di: «Para poderen ser obxecto da subvención, os gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial deberán estar integrados, como mínimo, por:...», debe dicir: «Para poderen ser obxecto da subvención, os gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra fenda salarial deberán estar integrados, como mínimo, por unha das seguintes opcións:...».