Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2023 Páx. 13986

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 1 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto de execución do parque eólico As Louseiras e da súa infraestrutura eléctrica de evacuación, nos concellos da Pastoriza e Meira (expediente IN408A/2019/014).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Antecedentes:

– Con data do 15 de marzo de 2019, Greenalia Wind Power As Louseiras, S.L.U., solicitou as autorizacións administrativas previa e de construción, a declaración de utilidade pública, así como a aprobación do proxecto sectorial para o parque eólico As Louseiras, nos concellos da Pastoriza e Meira, na provincia de Lugo, ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola disposición derradeira sétima da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro) e modificada pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

– O 26 de xullo de 2022, Greenalia Wind Power As Louseiras, S.L.U. presentou unha solicitude de modificación substancial consistente na redución do número de aeros e na modificación da localización da SET e da poligonal.

– O 3 de novembro de 2022, notificóuselle á dita sociedade a admisión a trámite da modificación solicitada.

– O 28 de xaneiro de 2022, a Dirección Xeral, para continuar co procedemento, procedeu a solicitar o informe recollido no artigo 33.7 da Lei 8/2009 ao órgano competente en materia do territorio.

– En resposta á citada solicitude de informe, con data do 22 de decembro de 2022 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe de referencia do artigo 33.7 da Lei 8/2009 onde se indica que os aeroxeradores cumpren as distancias de 5 veces a altura total do aeroxerador a núcleos de poboación.

– O 2 de decembro de 2022, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais requiriulle ao promotor para que acreditase o pagamento da taxa para a tramitación do proxecto sectorial.

– O 14 de decembro de 2022, o promotor presentou o xustificante de pagamento da tramitación do proxecto sectorial.

– O 27 de decembro de 2022 e, de acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais envía a esta xefatura territorial o expediente completo para continuar coa sua tramitación.

As instalacións incluídas no proxecto descríbense a seguir:

Solicitante/promotor: Greenalia Wind Power As Louseiras, S.L.U. (CIF B70578281).

Domicilio social: praza María Pita, nº 10, 1º, 15001, A Coruña.

Denominación do proxecto: parque eólico As Louseiras.

Situación: concellos da Pastoriza e Meira (Lugo).

Áreas de desenvolvemento eólico (ADE): Meira.

Potencia instalada: 26,4 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 4.

Produción neta anual estimada: 78.843 MW h/ano.

Orzamento total (execución material): 20.511.613,92 €.

Coordenadas da poligonal do parque eólico:

ETRS89 H29

UTM-X (m)

UTM-Y (m)

1

639.876

4.791.849

2

640.450

4.791.690

3

641.575

4.790.790

4

641.630

4.789.365

5

641.190

4.788.725

6

640.475

4.788.737

7

639.876

4.789.230

Coordenadas de situación dos aeroxeradores:

Aeroxerador

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

AE 01

641.165

4.790.525

AE 02

640.868

4.789.760

AE 03

640.928

4.789.369

AE 04

641.056

4.789.002

Coordenadas da envolvente da subestación:

Punto

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

1

640.527

4.789.474

2

640.527

4.789.455

3

640.518

4.789.455

4

640.518

4.789.440

5

640.473

4.789.440

6

640.473

4.789.463

7

640.484

4.789.463

8

640.484

4.789.474

Coordenadas dos apoios da LAT 132 KV de evacuación do PE As Louseiras:

ETRS89 H29

UTM-X (m)

UTM-Y (m)

1

640.429,61

4.789.451,37

2

640.222,95

4.789.586,03

3

639.996,53

4.789.815,35

4

639.770,16

4.790.044,64

5

639.351,66

4.790.090,47

Características técnicas principais das instalacións:

– Catro (4) aeroxeradores modelo SG155 6,6 MW de 6,6 MW de potencia unitaria, con 122,5 m de altura de buxe, de 155 m de diámetro de rotor co seu correspondente centro de transformación, instalado no interior do aeroxerador con potencia de 7.000 kVA e relación de transformación 30/0,69 kV.

– Dos (2) liñas de evacuación da enerxía eléctrica dos aeroxeradores en 30 kV con condutores tipo RHZ1 18/30 kV de 1×240 mm2 en sistema trifásico ata a subestación do parque eólico.

– Unha (1) subestación tipo convencional con 1 transformador de 30/35 MVA ONAN/ONAF 132/30 kV e 3 posicións de liña.

– Liña de evacuación do parque eólico denominada LAT 132 kV evacuación do parque eólico As Louseiras.

Liña aérea de alta tensión que discorrerá polos termos municipais de Meira e A Pastoriza (Lugo). Lonxitude aproximada de 1.412,34 m, sen incluír o van destensado de conexión á SET PE As Louseiras (49,37 m aprox.).

A orixe da liña sitúase no pórtico metálico situado no interior da subestación do PE As Louseiras (termo municipal de Meira) e o final sitúase no apoio nº 38, da LAT 132 kV SET PE ventisca-SET PE borrasca (termo municipal da Pastoriza).

Constará dun simple circuíto de condutor LA-180.

– Obra civil consistente en camiños de acceso aos aeroxeradores, cimentacións, plataformas e gabias de cableado.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.d) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de impacto supramunicipal (proxecto de interese autonómico) das instalacións.

Documentación que se expón:

– Proxecto de execución (visado o 12.7.2022).

– Estudio de impacto ambiental (EIA) (asinado o 30.6.2022).

– Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) (visado o 12.7.2022).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia, e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental e demais normas anteriormente citadas, para o coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou as observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 56), así como nos concellos da Pastoriza e Meira (Lugo). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/as-louseiras

Lugo, 1 de febreiro de 2023

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo