Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2023 Páx. 13928

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación nos meses de setembro a decembro do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2023

Pablo Casal Espido
Secretario xeral técnico da Vicepresidencia Primeira e
Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2022

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para a realización de actuacións específicas de fomento da minaría sustentable.

5.9.2022

80.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Fundación Centro Tecnolóxico da Pizarra para desenvolver no ámbito da sustentabilidade actuacións encamiñadas a establecer espazos de interese turístico industrial en zonas relevantes orixinadas pola actividade mineira da lousa.

5.9.2022

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e o Clúster da Pizarra de Galicia para a realización no ámbito da sustentabilidade de actuacións específicas en materia de restauración de entulleiras orixinadas pola actividade mineira da lousa.

5.9.2022

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia e a Fundación Instituto Feiral de Vigo para regular o réxime do uso dos pavillóns 4 e 5 no recinto feiral Instituto Feiral da Cidade de Vigo.

9.9.2022

Sen achega económica

Addenda de modificación do convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e o concello das Pontes de García Rodríguez para a construción dun centro loxístico no concello das Pontes de García Rodríguez.

12.9.2022

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e o concello de Vilanova de Arousa para a recuperación dun antigo manancial de auga mineiro termal na ensinada do Esteiro, no termo municipal de Vilanova de Arousa (Pontevedra).

7.10.2022

20.884,60 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e a entidade colaboradora Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a entrega e distribución dos fondos das axudas do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio.

11.10.2022

60.000,00 €

Addenda segunda de modificación do Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e o Concello das Pontes de García Rodríguez para a construción dun centro loxístico no concello das Pontes de García Rodríguez.

23.11.2022

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, a Asociación Galega da Propiedade Balnearia e a Asociación Gallega de Empresas de Envasado de Agua Mineral Natural para a asistencia dunha delegación do sector das augas minerais e termais de Galicia á 20ª Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar.

25.11.2022

23.716,00 €

Primeira addenda ao Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento das actuacións para o impulso da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia no ámbito local.

7.12.2022

Sen achega económica

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Universidade da Coruña para o fomento da investigación e realización de probas de control de calidade dos hidrocarburos en Galicia (anualidades 2023-2024).

15.12.2022

360.000,00 €