De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación da resolución do recurso de alzada, ditada no procedemento, no último domicilio da persoa interesada citada no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázase para ser notificada do dito acto administrativo.
Así, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á data de publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderá comparecer para ter coñecemento do contido íntegro do referido acto e do seu expediente advertíndolle que, de non o facer, se terá por practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
A persoa interesada poderá comparecer persoal ou debidamente representada na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada a súa publicación no BOE.
Esta resolución pon fin á vía administrativa, e contra ela poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o órgano xudicial competente no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación, practicada por comparecencia, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Coruña, 1 de decembro de 2022
María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Procedemento BS618D
Nº de expediente |
DNI/NIE |
Resolución do recurso de alzada |
Data da resolución |
15078014620E |
34999717L |
Desestimación do recurso |
11.2.2022 |