Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2023 Páx. 13860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2020/213-1, no concello de Boiro.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS, pechamento urbano, Cabo de Cruz, no concello de Boiro (expediente IN407A 2020/213-1), acto que terá lugar nas dependencias municipais do dito concello segundo o calendario e os datos que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla, sen prexuízo de acudir aos predios se as persoas interesadas así o solicitan.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 1 de febreiro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/213-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS, pechamento urbano, Cabo de Cruz.

Concello: Boiro.

Predio nº

Datos catastrais

Propietario proposto

Data

Hora

1

9484503NH0198S0000KG

Descoñecido

7 de marzo

11.00

2

9983612NH0198S0001OH

Comunidade de propietarios

rúa Perguisa, 51

7 de marzo

11.00