Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma LMTA VLG807 no lugar do Casal, no concello de Sanxenxo, segundo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/ NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 31 de xaneiro de 2023
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/278-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: reforma LMTA VLG807 no lugar do Casal.
Concello: Sanxenxo.
Predio |
Referencia catastral |
Lugar |
Titularidade |
Data |
Hora |
1 |
36051A055016250000FK |
Viñiña |
Descoñecida |
30 de marzo de 2023 |
12.00 |
2 |
36051A055015900000FL |
Canivelas |
Descoñecida |
30 de marzo de 2023 |
12.00 |