Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2023 Páx. 13670

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 16 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a resolución de autorización da actualización do proxecto de explotación e do plan de restauración da concesión da explotación de recursos da sección C) de ampliación a San Acisclo número 4076, no concello de Muras.

A Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Industria e Innovación fai público que o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais asinou o 19 de decembro de 2022 a resolución de autorización da actualización do proxecto de explotación e do plan de restauración que a seguir se describe:

Nome: proxecto de explotación C.E. ampliación a San Acisclo e plan de restauración C.E. ampliación a San Acisclo.

Recurso: feldespatos (pegmatitas e aplitos).

Superficie afectada: 61.215 m2.

Termo municipal: Muras.

Titular: Materiales Cerámicos Materias Primas, S.L. (CIF B27353804).

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

Lugo, 16 de xaneiro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo