Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2023 Páx. 13671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMT SAC805 entre apoios 30-10-B-4 e 30-10-B-13, no concello de Amoeiro.

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puider efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMT SAC805 entre apoios 30-10-B-4 e 30-10-B-13, na Casa do Concello de Amoeiro, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 1 de febreiro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/54-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Concello: Amoeiro.

Denominación da instalación: regulamentación LMT SAC805 entre apoios 30-10-B-4 e 30-10-B-13.

Predio núm.

Titular

Incidencia

Lugar da convocatoria

Data

Hora

10

Herdeiros de Aquilino López Pulido

Notificación infrutuosa

Casa do Concello de Amoeiro

16.3.2023

12.15

11

Herdeiros de Isaac Pulido Borrajo

Notificación infrutuosa

Casa do Concello de Amoeiro

16.3.2023

12.30