Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2023 Páx. 13014

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 14/2023, do 2 de febreiro, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Coristanco de dous treitos do camiño entre os lugares de Midón e A Furoca, que discorren polo dominio público da estrada AG-55, xunto co seu dominio público viario.

Segundo o artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Coristanco solicita á Xunta de Galicia o cambio de titularidade de dous treitos do camiño entre os lugares de Midón e A Furoca, que discorren polo dominio público da estrada AG-55, entre os p.q. 40+910 e 41+290 e entre os p.q. 41+390 e 41+410, na súa marxe esquerda.

Estes treitos xurdiron da reposición dun camiño existente entre os lugares de Midón e A Furoca durante a construción da estrada AG-55. Na actualidade, constitúen un camiño de servizo da estrada AG-55 pola súa marxe esquerda.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo cos informes emitidos polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade dos treitos que se definen no artigo 1, por razóns dunha xestión administrativa coherente e eficiente coa realidade deste camiño de servizo.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dous de febreiro de dous mil vinte e tres,

DISPOÑO:

Artigo 1

– Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Coristanco dos seguintes dous treitos de camiño entre os lugares de Midón e A Furoca, que discorren por dominio público da estrada AG-55, xunto co seu dominio público viario:

Denominación

p.q. inicio

Coordenadas UTM

(ETRS89

fuso 29)

p.q. final

Coordenadas UTM (ETRS89

fuso 29)

Lonxitude (m)

Superficie

DPV (m2)

Treito 1

40+910 marxe

esquerda da AG-55

X= 518.845

Y= 4.782.153

41+290 marxe

esquerda da AG-55

X=518.690

Y=4.781.823

368

5.209

Treito 2

41+390 marxe

esquerda da AG-55

X= 518.691

Y= 4.781.702

41+410 marxe

esquerda da AG-55

X= 518.714

Y= 4.781.674

37

419

Artigo 2

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia.

A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Esta acta de entrega e os seus planos poderán consultarse na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 3

Correspóndelle ao Concello de Coristanco, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dous de febreiro de dous mil vinte e tres

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade