Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2023 Páx. 12962

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convoca a interesada ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución de apoios e cambio de cruceta na LES809, no concello de Cuntis.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución de apoios e cambio de cruceta na LES809, no concello de Cuntis, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre o ben afectado ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 26 de xaneiro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/274- 4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución de apoios e cambio de cruceta na LES809.

Concello: Cuntis.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

2

36015H501000910000DH

Ferreiros

Descoñecida

16 de marzo de 2023

12