Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2023 Páx. 12965

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan especial de infraestruturas e dotacións para ampliación do cemiterio de San Martiño de Lestón, no concello da Laracha (expediente 2022AAE2741).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico, do 25 de xaneiro de 2023, sobre o Plan especial de infraestruturas e dotacións para ampliación do cemiterio de San Martiño de Lestón, no concello da Laracha.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave introducindo o código 2559/2022.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático