Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2023 Páx. 12976

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 13 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se fai pública a resolución pola que se outorga permiso de actividade para a modificación substancial dun establecemento de acuicultura no porto de Sada (A Coruña) (expediente PE503A 2021/3).

En cumprimento do establecido no artigo 19 do Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre, faise público que, mediante a Resolución do 12 de xaneiro de 2023, se outorga permiso de actividade para a modificación substancial do establecemento de acuicultura en zona terrestre que se describe:

Titular: Algafrés, S.L. (B70233903).

Tipo de establecemento: criadeiro e granxa mariña.

Especies autorizadas: macroalgas e ourizo de mar.

Localización: dominio público do porto de Sada (A Coruña).

Vixencia: dez (10) anos, prorrogables por iguais períodos, condicionada á vixencia da concesión para a ocupación do dominio público portuario.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2023

Antonio Basanta Fernández
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica