Ao non ser posible efectuarlles a notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e á retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e a súa modificación pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.
En caso de incumprimento, poderase proceder á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, ao comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22 da devandita Lei 3/2007. Todo isto sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
Ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, atópanse á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo do Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.
Núm. de expediente |
Referencia catastral |
Situación |
NIF do titular catastral |
1104/2022 |
27067A026010480000XI |
Polígono 26 Parcela 1048 Pombal, Vieiro, Viveiro (Lugo) |
Descoñecido |
27067A026010690000XT |
Polígono 26 Parcela 1069 Pombal, Vieiro, Viveiro (Lugo) |
Pardo García Juan (descoñécese o NIF) |
|
27067A031005460000XS |
Polígono 31 Parcela 546 Pombal, Vieiro, Viveiro (Lugo) |
Caveiras e Remedios (descoñécese o NIF) |
|
27067A026010420000XM |
Polígono 26 Parcela 1042 Pombal, Vieiro, Viveiro (Lugo) |
Timiraos e Manuel (descoñécese o NIF) |
|
27067A026010410000XF |
Polígono 26 Parcela 1041 Pombal, Vieiro, Viveiro (Lugo) |
Herdeiros do NIF 33678307M |
Viveiro, 16 de xaneiro de 2023
María Loureiro García
Alcaldesa