Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2023 Páx. 12596

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de aprobación da estrutura de custos dos servizos enerxéticos e mantemento integral dos edificios públicos.

Con data do 23 de decembro de 2022, a alcaldesa do Concello de Viveiro ditou resolución pola que se aproba a proposta de estrutura de custos para a contratación dos servizos enerxéticos e mantemento integral dos edificios públicos do concello de Viveiro.

En cumprimento do disposto no artigo 9.7.c) do Real decreto 55/2017, do 3 de febreiro, polo que se desenvolve a Lei de 2/2015, do 30 de marzo, de dexindexación da economía española, someterase a citada proposta a información pública por un prazo de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que calquera persona poida examinar o expediente e presentar, de ser o caso, cantas alegacións considere oportunas.

Ademais, procédese á súa publicación no taboleiro de anuncios municipal, onde poderá ser consultada, na seguinte páxina web www.viveiro.es

O que se fai para xeral conocimento e para os efectos legais expresados.

Viveiro, 10 de xaneiro de 2023

María Loureiro García
Alcaldesa