Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2023 Páx. 12461

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2023, de recoñecemento do dereito a préstamos de financiamento de capital circulante en explotacións de gando bovino garantidos polo Instrumento Financieiro de Xestión Centralizada no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e con subsidiación dos tipos de xuro.

De conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos vinculados á fase de instrución publicaranse no Diario Oficial de Galicia. A devandita publicación producirá os efectos da notificación, e a súa data será a única válida para o cómputo dos prazos.

O Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario ditou proposta de resolución con base neste procedemento a partir da relación de solicitudes, e elevou a proposta de resolución a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, o cal resolverá o recoñecemento do dereito a préstamos de financiamento de capital circulante con subsidiación dos tipos de xuro por delegación da persoa titular da consellería.

Por outra parte, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Por todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Recoñecer o dereito a préstamos de financiamento de capital circulante en explotacións de gando bovino garantidos polo Instrumento Financieiro de Xestión Centralizada no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e con subsidiación dos tipos de xuro (DOG núm. 129, do 7 de xullo de 2022) aos solicitantes que se relacionan no anexo I, polas contías que se reflicten no anexo, e con cargo ás aplicacións orzamentarias:

1. Préstamo de financiamento de capital circulante:

14.04.712B.841.01, código de proxecto 2022 00140, para o ano 2022.

2. Subsidiación dos tipos de xuro:

14.04.712B.470.1, código de proxecto 2010 01153, para os anos 2022, 2023 e 2024.

Esta axuda ten por finalidade:

i. O recoñecemento do dereito a préstamos de financiamento de capital circulante en explotacións bovinas garantidos polo Instrumento financeiro de xestión centralizada no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), con concesión da subsidiación dos tipos de xuro dos ditos préstamos (axudas de minimis) por parte da Consellería do Medio Rural. Só serán obxecto de financiamento, nos termos establecidos nesta orde, as garantías e tipos de xuro dos préstamos que as persoas interesadas formalicen coas entidades financeiras adheridas, mediante a sinatura do correspondente convenio co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, ao Instrumento financeiro de xestión centralizada, e que asinasen un convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural para instrumentar os préstamos indicados.

Os préstamos a que se refire esta orde destinaranse exclusivamente ao financiamento do seu activo corrente, entendendo como tal o pagamento de nóminas dos traballadores, tributos, Seguridade Social, alugamento, leasing, provedores, acredores por prestación de servizos, reparacións, cotas de débedas bancarias a longo prazo no momento do seu vencemento.

Segundo. Informar as persoas beneficiarias que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:

a) As condicións de aplicación a estas axudas son con carácter xeral as establecidas na Orde desta consellería do 7 de xullo de 2022 que regula estas axudas e, supletoriamente, as establecidas na normativa autonómica, estatal e comunitaria aplicable.

b) Para a concesión desta axuda e o establecemento das súas características tívose en conta a información e a documentación incluída coa solicitude de axuda, e o informe de viabilidade crediticia da Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria (SAECA). Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas na orde de convocatoria e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

c) Para a formalización do préstamo, o interesado deberá presentar, na entidade financeira adherida ao IFXC e que asinase o convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural para instrumentar os préstamos indicados, a resolución do recoñecemento do dereito ao préstamo. A póliza do préstamo deberá formalizarse para o obxecto e a nome do titular que figure na resolución de recoñecemento. O importe e a modalidade do préstamo que se formalice en ningún caso poderán superar o importe da resolución nin os límites temporais previstos para a devolución deste.

d) Se, transcorridos seis meses desde a data de emisión da resolución de recoñecemento do dereito ao préstamo garantido, non se formaliza o correspondente préstamo, caducará o recoñecemento a ese dereito, polo que, de producirse a formalización superado este prazo, o dito préstamo non estará garantido polo IFXC. Non obstante, poderá concederse por causas xustificadas unha prórroga do referido prazo de seis meses, que en todo caso non superará os tres meses adicionais.

e) O pagamento dos gastos financiables co préstamo garantido deberá realizarse no prazo máximo de 3 anos.

f) Esta garantía está cofinanciada nun 7,50 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, nun 17,50 % pola Xunta de Galicia e nun 75 % polo fondo Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia para o período 2014-2020, dentro da medida 4 Investimentos en activos físicos, submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas.

g) A entidade financeira remitirá un certificado coa relación de vencementos do préstamo formalizado para os efectos de aboar ao prestameiro a contía correspondente á subsidiación dos xuros.

Terceiro. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición perante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro dereito que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2023

O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO I

Expediente

NIF

Persoa beneficiaria

Importe do préstamo solicitado

Importe do préstamo que pode formalizar

Importe máximo subsidiación dos tipos de xuro

MR553D-0001/2022

J01624758

Medio do Agro, S.C.

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0002/2022

J94005485

Gandería Castro, S.C.

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0003/2022

****6347*

Emilia Guimaraes Agripino

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0004/2022

B94073467

Ganaderías Granja, S.L.

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0005/2022

B36452928

Ganadería Toxo, S.L.

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0006/2022

***5633**

Marta Taboada Ferreira

30.000,00 €

26.000,00 €

1.040,00 €

MR553D-0007/2022

J15662570

Arrescalvo, S.C.

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0008/2022

***4080**

Joaquín Díaz Gómez

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0009/2022

V27337856

SAT Ganadería Xusto nº 1333 XUGA

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0010/2022

***8247**

Fernando Jiménez Pérez

6.900,00 €

6.900,00 €

276,00 €

MR553D-0011/2022

***6929**

Carolina Pinto Gil

8.100,00 €

8.100,00 €

324,00 €

MR553D-0012/2022

***6251**

José Magín García Quintana

30.000,00 €

15.600,00 €

624,00 €

MR553D-0013/2022

***2500**

José López Castaño

14.000,00 €

13.000,00 €

520,00 €

MR553D-0014/2022

***7892**

Ángel Vélez Maseda

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0015/2022

E27452598

Gandeiría Rocas Entidade de TC

25.000,00 €

25.000,00 €

1.000,00 €

MR553D-0016/2022

***4665**

Andrés Fernández Rodríguez

22.800,00 €

22.800,00 €

912,00 €

MR553D-0018/2022

J27435619

Carbón, S.C.

26.400,00 €

26.400,00 €

1.056,00 €

MR553D-0019/2022

***7449**

José Fernández Vilabrille

19.200,00 €

19.200,00 €

768,00 €

MR553D-0020/2022

J27478288

Ganadería Xuíz, S.C.

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0021/2022

***9456**

José Manuel Moreira Guerra

10.000,00 €

10.000,00 €

400,00 €

MR553D-0024/2022

B70609953

Ganadería O Freixo, S.L.

10.000,00 €

10.000,00 €

400,00 €

MR553D-0025/2022

J70041306

Ganadería Marelo, S.C.

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0027/2022

J70194626

Gandería Doreiro, S.C.

16.800,00 €

16.800,00 €

672,00 €

MR553D-0029/2022

J27430750

Ganadería Piquín, S.C.

21.900,00 €

21.900,00 €

876,00 €

MR553D-0030/2022

V27244557

Pedrolas S.A.T. nº 1026 XUGA

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0031/2022

***2009**

José Javier López Gudín

6.300,00 €

6.300,00 €

252,00 €

MR553D-0032/2022

***2697**

Carmen Fernández Gay

5.700,00 €

5.700,00 €

228,00 €

MR553D-0033/2022

J70544317

Ganadería Pan, S.C.

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0037/2022

***4536**

José Manuel Castro López

10.000,00 €

10.000,00 €

400,00 €

MR553D-0038/2022

B27377241

Ganadería San Xiao, S.L.

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0039/2022

V27321728

Tendeiro S.A.T.N.1284 XUGA

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0040/2022

***4183**

José Antonio García Teijeiro

12.600,00 €

12.600,00 €

504,00 €

MR553D-0042/2022

J32405698

Lamas Abelleira, S.C.

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0043/2022

J27447218

Liz Darriba, S.C.

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0044/2022

****5345*

Livia Poliana Mendonça da Silva

18.900,00 €

18.900,00 €

756,00 €

MR553D-0045/2022

****7145*

Pureza Paula Barbosa Moreira

15.600,00 €

15.600,00 €

624,00 €

MR553D-0046/2022

****5233*

Francisco Delvison Vieira Lopes

8.700,00 €

8.700,00 €

348,00 €

MR553D-0047/2022

****3833*

José Antonio Oberto Espinosa

15.000,00 €

15.000,00 €

600,00 €

MR553D-0048/2022

****1130*

Nuno Manuel Oliveira da Rocha

16.500,00 €

16.500,00 €

660,00 €

MR553D-0049/2022

J32414138

A Quinta, S.C.

9.900,00 €

9.900,00 €

396,00 €

MR553D-0050/2022

J94027687

Ganadería Roxelo, S.C.

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0051/2022

J94136124

Ganadería O Val, S.C.

20.000,00 €

20.000,00 €

800,00 €

MR553D-0052/2022

***3872**

Manuel López Rodríguez

5.000,00 €

5.000,00 €

200,00 €

MR553D-0053/2022

***7135**

Rosa María Gómez Torres

10.000,00 €

10.000,00 €

400,00 €

MR553D-0054/2022

J70123328

Trisco, S.C.

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0055/2022

J15962228

Gandeiría Lousada, S.C.

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0056/2022

J27412469

Casa Casanova, S.C.

24.600,00 €

24.600,00 €

984,00 €

MR553D-0057/2022

***7681**

Manuel Núñez Monjardín

11.400,00 €

11.400,00 €

456,00 €

MR553D-0058/2022

J94169935

Roxiño, S.C.

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0059/2022

***4078**

Manuel Carballo Álvarez

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0060/2022

***0848**

Ricardo Antonio Díaz Fernández

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0062/2022

***4875**

Juan Ramón Varela López

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0063/2022

J27355635

Curras Xía, S.C.

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0064/2022

***4806**

Ramiro Fernández Paradela

30.000,00 €

13.200,00 €

528,00 €

MR553D-0065/2022

J27496967

Ganadería Josjara, S.C.

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0066/2022

J27491059

Gandería Esmeralda, S.C.

16.200,00 €

16.200,00 €

648,00 €

MR553D-0067/2022

J27499433

Penín Puente, S.C.

12.900,00 €

12.900,00 €

516,00 €

MR553D-0068/2022

***2032**

Raquel Fernández Moirón

13.200,00 €

13.200,00 €

528,00 €

MR553D-0069/2022

***7437**

Herminia Brañas Coro

12.600,00 €

12.600,00 €

504,00 €

MR553D-0070/2022

***3807**

José González Lombardía

30.000,00 €

18.900,00 €

756,00 €

MR553D-0071/2022

***5990**

Bárbara Ribo Touza

30.000,00 €

28.200,00 €

1.128,00 €

MR553D-0072/2022

B32478059

Explotaciones Ganaderas As Cavadas 2017, S.L.

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0073/2022

J27410109

Ganadería Capador, S.C.

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0074/2022

J27517242

Cabo Molmeán, S.C.

12.300,00 €

12.300,00 €

492,00 €

MR553D-0075/2022

J27434984

Granjas Corno do Boi, S.C.

13.200,00 €

13.200,00 €

528,00 €

MR553D-0076/2022

***4888**

Víctor Valcárcel Fernández

7.200,00 €

7.200,00 €

288,00 €

MR553D-0077/2022

***8639**

Miguel Ferreiro Pereira

5.100,00 €

5.100,00 €

204,00 €

MR553D-0078/2022

J27378892

Agrorey, S.C.

25.500,00 €

25.500,00 €

1.020,00 €

MR553D-0079/2022

J27490523

Casa de Riba Mundín, Sociedad Civil

9.300,00 €

9.300,00 €

372,00 €

MR553D-0080/2022

***4151**

Alejandro Dafonte Liste

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0082/2022

J27380211

Lamadorna, S.C.

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0083/2022

J27303924

Gandería Puluan, S.C.

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0088/2022

J27490085

Xegunde S.C.

19.800,00 €

19.800,00 €

792,00 €

MR553D-0090/2022

J27418342

Soñara, S.C.

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0091/2022

***9277**

José Figueroa Faílde

30.000,00 €

30.000,00 €

1.200,00 €

MR553D-0092/2022

J27334614

Ganados A Cernada, S.C.

24.000,00 €

24.000,00 €

960,00 €

MR553D-0093/2022

J27336031

Ganadería Corona Mourelle, S.C.

15.000,00 €

15.000,00 €

600,00 €