Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2023 Páx. 12190

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2022.

A alcaldesa ditou a Resolución núm. 2022-2908, do 28 de decembro de 2022, pola que aprobou a oferta de emprego público do Concello de Redondela, en que dispón que se publique no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO). En cumprimento da citada resolución, publicouse a oferta de emprego público do Concello de Redondela para o ano 2022, no BOPPO núm. 249, do 30 de decembro de 2022, cuxas prazas que se ofertan son as seguintes:

– Quenda libre:

A) Persoal funcionario, a tempo completo.

Prazas

Denominación

Escala

Subescala

Clase

Categoría

Grupo-subgrupo

1(*)

Auxiliar da Administración xeral

Admón. xeral

Auxiliar

-

-

C2

2

Policías locais

Básica

Servizos especiais

Policía local

Policía

C1

* Praza reservada para persoas con diversidade funcional.

B) Persoal laboral fixo, a tempo completo.

Prazas

Denominación

Categoría

Grupo-subgrupo

1

Oficial de medio ambiente (fontaneiro/a)

Oficial

C2

2

Operarios/as de limpeza

Operario/a

Disp. adic. 6ª

1

Operario/a de servizos varios

Operario/a

Disp. adic. 6ª

– Quenda promoción interna:

A) Persoal funcionario, a tempo completo.

Prazas

Denominación

Escala

Subescala

Clase

Categoría

Grupo-subgrupo

1

Administrativo/a

Admón. xeral

Administrativa

-

-

C1

O prazo máximo para a execución dos correspondentes procesos selectivos será de 3 anos contados desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Recursos:

Contra o acordo de aprobación da oferta de emprego público, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer o recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOPPO, ao abeiro do establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Vigo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta publicación, consonte o disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de interpoñer o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar no prazo dun mes segundo establece o artigo 124.2 da devandita Lei 39/2015, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do dito prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, entón as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de seis meses contados desde o día seguinte de aquel en que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, consonte o establecido no artigo 46.1 e 4 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que as persoas interesadas consideren procedentes conforme a dereito.

Redondela, 3 de xaneiro de 2023

Digna Rosa Rivas Gómez
Alcaldesa