Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2023 Páx. 11900

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 25 de xaneiro de 2023 pola que se procede ao cesamento e nomeamento de membros do Consello da Economía Social de Galicia.

A Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia, regula no seu artigo 11 a composición e o réxime de elección das persoas que integran o Consello da Economía Social de Galicia e, no artigo 12, o seu nomeamento e cesamento, duración do mandato e substitucións.

A composición do Consello da Economía Social de Galicia foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 37, do 21 de febreiro de 2019. Esta composición foi modificada pola Orde do 7 de novembro de 2019 e polas ordes do 2 de marzo de 2020, do 16 de novembro de 2020, do 3 de xuño de 2021, do 9 de agosto de 2021, do 1 de febreiro de 2022 e do 22 de decembro de 2022, polas que se procedeu ao cesamento e nomeamento de membros do Consello da Economía Social de Galicia.

O Consello Galego de Cooperativas, no exercicio da competencia que lle atribúe o artigo 11.1.d).1ª, na súa reunión do 28.11.2022 acordou propoñer o cesamento de Carlos Laya Vía, representante da Unión de Cooperativas Galegas de Transporte, como membro do Consello de Economía Social de Galicia, en representación das entidades de economía social e, no seu lugar, propoñer o nomeamento de Juan López Varela, presidente da Unión de Cooperativas Galegas de Transporte.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e da súa Presidencia, e o artigo 12 da Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia, por proposta do Consello Galego de Cooperativas,

RESOLVO:

Primeiro. Cesar a Carlos Laya Vía como vogal titular en representación das entidades da economía social de Galicia.

Segundo. Nomear a Juan López Varela como vogal titular en representación das entidades da economía social de Galicia.

Contra esta orde poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2023

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade