Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2023 Páx. 11274

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito e para a rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR670D).

Estas axudas teñen como obxectivo o fomento da plantación de castiñeiro para froito e a rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros. As axudas teñen o seu encaixe no Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR).

Dentro dos obxectivos que recolle o PRTR está alcanzar un bo estado de conservación dos ecosistemas mediante a súa restauración ecolóxica cando sexa necesaria, e reverter a perda de biodiversidade, garantindo un uso sustentable dos recursos naturais e a preservación e mellora dos seus servizos ecosistémicos, recollido no seu compoñente 4: Conservación e restauración de ecosistemas e a súa biodiversidade. Este compoñente, inclúe entre outros, o investimento 3, Restauración de ecosistemas e infraestrutura verde. O devandito investimento comprende un conxunto de investimentos e liñas de subvencións en apoio á implementación da reforma 2 do PRTR, denominado Restauración de ecosistemas naturais, recuperación de zonas alteradas por actividades mineiras, fomento da conectividade e iniciativas en contornas urbanas destinadas ao seu reverdecemento e achegamento da natureza.

Cómpre sinalar que, tal e como se recolle na epígrafe Compoñente 4 do PRTR, as actuacións recollidas nesta orde de axudas, como parte do investimento 3, contribúen á transición ecolóxica, cunha contribución ao clima dun 40 % e unha contribución ao ambiente dun 100 %.

Por iso, a Consellería do Medio Rural desenvolve este sistema de axudas co obxectivo de fomentar a plantación de castiñeiro para froito e a rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros, dado que, ademais de contribuír á restauración de ecosistemas en territorios e ecosistemas degradados, estas iniciativas están aliñadas con diferentes programas que desenvolve a Xunta de Galicia e, en concreto, coa primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040, cara á neutralidade carbónica, aprobado polo Decreto 140/2021, do 30 de setembro, e co programa estratéxico do castiñeiro e da produción de castaña, dado a coñecer ao Consello da Xunta na súa xuntanza do 25 de maio de 2022. O desenvolvemento deste programa é a ferramenta que guía e orienta as liñas de actuación coa finalidade de acadar unha serie de obxectivos cuantitativos no horizonte temporal 2020-2040 recollidos na primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 nas seguintes intervencións:

• Recuperación de soutos tradicionais en produción mediante medidas de rehabilitación.

• Creación de novas superficies de soutos para a produción principal de castaña.

• A creación de novas superficies de soutos para a produción principal de madeira.

As axuda recollidas nesta orde contribuirán a acadar os obxectivos cuantitativos establecidos nas dúas primeiras intervencións.

Para financiar esta convocatoria de axudas, a Consellería do Medio Rural dispón nos seus orzamentos dun total de 3.586.748 euros, incluídos no investimento 3 do compoñente 4 do PRTR, segundo o acordado nas conferencias sectoriais de ambiente do 9 de xullo de 2021 e do 15 de decembro de 2021. As devanditas actuacións son financiables co Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR), establecido polo Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021.

Así mesmo, e respecto da tramitación destas axudas destinadas ao sector forestal, desde as convocatorias do ano 2018 incluíuse como obrigatoria a tramitación electrónica do procedemento por parte das persoas físicas solicitantes, xa que se considerou acreditado que poden ter acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios, xa que, de acordo coa experiencia de anos anteriores e tamén por razón da súa capacidade económica, na tramitación das axudas as persoas físicas son asesoradas na maioría dos casos por gabinetes técnicos, os cales formalizan practicamente toda a solicitude de axuda (proxecto técnico, memorias xustificativas das actuacións, etc.).

Ademais, a tramitación electrónica do procedemento redunda nunha maior comodidade na presentación e recepción de documentos, así como nunha maior rapidez, seguridade e axilidade na tramitación, cuestións moi valoradas polas persoas físicas.

Por todo o anterior, e polos bos resultados de xestión das convocatorias de axudas dirixidas ao sector forestal dos anos 2018, 2019, 2020, 2021 e 2022, a tramitación electrónica é obrigatoria tamén para as persoas físicas e está supeditada aos límites establecidos no artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito e para a rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros, e proceder á súa convocatoria para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento administrativo MR670D).

2. Estas axudas ampáranse nas actuacións incluídas nos investimentos I3, restauración de ecosistemas e infraestrutura verde do compoñente 4 do PRTR, segundo o acordado nas conferencias sectoriais de ambiente, do 9 de xullo de 2021 e do 15 de decembro de 2021, e, polo tanto, o marco normativo básico é o seguinte:

– Regulamento (UE) nº 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro de 2020, polo que se establece un instrumento de recuperación da UE para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19.

– Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

– Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1296/2013, (UE) nº 1301/2013, (UE) nº 1303/2013, (UE) nº 1304/2013, (UE) nº 1309/2013, (UE) nº 1316/2013, (UE) nº 223/2014 e (UE) nº 283/2014 e a Decisión nº 541/2014/UE, e polo que se derroga o Regulamento (UE, Euratom) nº 966/2012.

– Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) de España aprobado o 16 xuño de 2021 pola Decisión de execución do Consello da Unión Europea.

– Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do PRTR.

– Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR.

– Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información que proporcionarán as entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do PRTR.

– Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006.

– Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

– Lei 4/2019, do 17 de xuño, de administración dixital de Galicia.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

Na falta do previsto nesta normativa, aplicaranse as normas de dereito administrativo, incluídas as sectoriais, así como as normas de dereito privado ou outras de ámbito nacional ou europeo que puidesen resultar aplicables.

3. As actuacións subvencionadas atenderán ao principio de «non causar dano significativo» a ningún dos obxectivos ambientais establecidos no Regulamento (UE) nº 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables, e polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 2019/2088.

Artigo 2. Ámbito de aplicación

1. O disposto nesta orde será de aplicación para todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión:

a) Dos bosques ou outras superficies forestais que sexan propiedade da Administración central ou autonómica.

b) Dos bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa.

c) Dos bosques que pertenzan a empresas públicas.

d) Dos bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50 % do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.

e) Das superficies que tivesen algún compromiso de mantemento e/ou conservación de ordes de axuda anteriores e as súas accións foran obrigadas para o cumprimento dos ditos compromisos.

f) Dos terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa.

g) Dos terreos que dentro da Rede Natura 2000 teñan hábitats prioritarios establecidos na Directiva 92/43/CEE, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, excepto no caso de terreos que inclúan o tipo de hábitat prioritario Bosques de Castanea sativa, co código 9260.

h) Dos terreos onde o Plan xeral de ordenación municipal ou, na súa falta, no Plan básico autonómico de Galicia (Decreto 83/2018, do 26 de xullo; DOG nº 162, do 27 de agosto) estableza unha clasificación do solo en que se vaia actuar que non permita as actuacións polas que se solicita axuda.

i) No caso das axudas acollidas á liña I, os terreos en que existen arbores nos últimos cinco anos ou que teñan fracción de cabida cuberta igual ou superior ao 20 %, excepto nos seguintes casos:

– Superficies ocupadas por eucalipto (Eucalyptus sp.) con diámetro normal medio inferior a 10 cm, que si poderán ser obxecto de axudas.

– Superficies ocupadas por acacia negra (Acacia melanoxylon), mimosa (Acacia dealbata) e/ou falsa acacia (Robinia pseudoacacia), que si que poderán ser obxecto de axudas.

– Superficies ocupadas por masas mixtas de coníferas, frondosas e matogueiras, con diámetro normal medio conxunto inferior aos 10 cm, en que a superficie ocupada pola especie dominante non supere o 60 % da superficie total, que si que poderán ser obxecto de axudas.

2. Non obstante o establecido no punto anterior en relación cos montes propiedade do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, a axuda poderá ser concedida se o órgano que xestiona esas terras é un organismo privado. Nese caso unicamente se ofrecerá a axuda para os custos de establecemento.

3. Os montes consorciados ou conveniados coa Administración, na data en que remate o prazo de solicitude da axuda, non poderán solicitar as axudas dentro da superficie consorciada ou conveniada agás que, na data de remate para a presentación da solicitudes, teñan solicitado a rescisión dos devanditos consorcios ou convenios.

Artigo 3. Liñas de axudas

As liñas de axudas obxecto de subvención son as seguintes:

– Liña I: fomento de plantacións de castiñeiro para froito.

– Liña II: rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiro.

Estas dúas liñas contribúen á restauración dos ecosistemas naturais, conforme o establecido na liña de investimento 3 do compoñente 4 e contribúen á consecución do obxectivo 71, Actuacións de restauración de ecosistemas, do PRTR: polo menos 30.000 hectáreas cubertas por actuacións finalizadas de restauración de ecosistemas en territorios ou ecosistemas degradados.

Artigo 4. Tipos de superficies obxecto de axuda

1. Poderán ser obxecto de axuda os terreos nos cales a normativa sectorial (urbanística, ambiental, de augas, de patrimonio, etc.) o permita e que estean identificados no Sistema de identificación xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) como:

– Forestal (FO).

– Pasto con arboredo (PA).

– Pasto arbustivo (PR).

– Pasteiro (código PS).

– Froiteiras (código FY).

– Terras arables (código TA).

2. En todo caso, será de aplicación o disposto no Real decreto 1077/2014, do 19 de decembro, polo que se regula o Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas, e no establecido na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e a normativa de desenvolvemento, así como na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia. Ao abeiro de establecido na devandita lei, os polígonos agroforestais e as aldeas modelo poderán ser obxecto de axudas.

3. Os terreos obxecto de solicitude de axuda, coa excepción dos que estean identificados no Sistema de identificación xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) como froiteiras (código FY) como terras arables (código TA), no momento da solicitude de axuda, deberán contar cun instrumento de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados, e as accións solicitadas deben estar previstas nel, ou deberán estar adheridos aos modelos silvícolas, consonte o establecido no Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia (procedemento MR627D), e na Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia, así como na súa modificación mediante a orde, do 9 de febreiro de 2021 pola que se modifica o anexo I da antedita Orde e as actuacións solicitadas deberán ser coherentes co dito modelo.

Non obstante o establecido no parágrafo anterior, nos casos debidamente xustificados, poderán ser obxecto de axudas da liña I actuacións non recollidos nos devanditos instrumentos de ordenación ou xestión forestal. Nestes casos, as persoas titulares deberán solicitar as modificacións correspondentes dos instrumentos de ordenación ou xestión forestal que deberán estar aprobados no prazo dun ano contado desde o seguinte día ao da solicitude de pagamento e xustificación presentada. De non aprobarse as devanditas modificacións no prazo establecido, iniciarase o correspondente procedemento de reintegro, tal e como se prevé no artigo 23 desta orde.

4. Os terreos obxecto de solicitude de axuda que estean identificados no Sistema de identificación xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) como froiteiras (código FY) e terras arables (código TA), no momento da solicitude de axuda, deberán contar coas autorizacións que, de ser o caso, sexan exixibles para realizar as actuacións recollidas neste tipo de terreos, e deberán cumprir co resto dos requisitos exixibles, ao abeiro da normativa sectorial aplicable.

Artigo 5. Beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias as entidades locais e as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores dos montes ou terreos forestais e/ou dos seus aproveitamentos, que actúen mediante arrendamentos, cesións ou contratos plurianuais coa propiedade cuxo obxecto sexa inequivocamente a xestión do monte ou terreo forestal e/ou agrícola e/ou dos seus aproveitamentos, e non sexan incompatibles cos compromisos a que están obrigadas as persoas beneficiarias ao abeiro do establecido na presente orde e na normativa aplicable.

2. Así mesmo, poderán ser persoas beneficiarias as agrupacións forestais de xestión conxunta, incluídas as sociedades de fomento forestal (Sofor), que estean inscritas, de instancia ou oficio, no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta, ou no Rexistro das Sofor, e os axentes promotores produtivos que, ao abeiro do establecido na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, sexan adxudicatarios de propostas de actuación nos polígonos agroforestais de iniciativa pública ou nos polígonos cortalumes ou que sexan promotores de polígonos agroforestais de iniciativa privada. Tamén serán persoas beneficiarias aquelas cuxas propostas para o aproveitamento de parcelas incorporadas a aldeas modelo, ao abeiro do establecido na Lei 11/2021, do 14 de maio, resulten seleccionadas. Tanto os polígonos agroforestais como as aldeas modelo, deberán estar rexistrados respectivamente, no Rexistro Público de Polígonos Agroforestais e no Rexistro de Aldeas Modelo da Comunidade Autónoma de Galicia regulados na devandita lei.

3. Os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC).

4. Os beneficiarios deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

5. As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal, como moi tarde o día en que remate o prazo de solicitude da axuda. En calquera caso, seralles de aplicación o réxime transitorio disposto na disposición adicional sétima da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

6. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. Unha empresa está en crise cando concorre polo menos unha das seguintes circunstancias:

a) Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.

b) Tratándose dunha sociedade na cal polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.

c) Cando a empresa estea inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por pedimento dos seus acredores.

As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise salvo que cumpran a condición establecida na letra c).

Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se encontran en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

7. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Artigo 6. Intensidade da axuda

1. En liña co establecido no eixe 3, Desenvolvemento e revitalización de aproveitamentos forestais do castiñeiro do Programa estratéxico do castiñeiro e da castaña, e no eixe III.1, Fomento de fórmulas de mobilización de terras e fomento de agrupacións forestais de xestión conxunta, así como na medida I.1.1, Programa de fomento de xestión activa de frondosas autóctonas da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040, a intensidade de axuda para estas actuacións será do 100 %.

2. Calcularase a axuda sobre o custo real subvencionable do investimento determinado no correspondente proxecto técnico ou no anexo IV, segundo sexa o caso.

Artigo 7. Actuacións obxecto de axuda e importes máximos subvencionables

1. As actuacións que poderán ser obxecto de subvención son as seguintes:

a. Liña I: fomento de plantacións de castiñeiro para froito.

1º. Gastos de plantación forestal:

Estes gastos incluirán os necesarios para o tratamento da vexetación preexistente, a preparación previa do terreo, adquisición de planta, emenda calcaria, fertilización, a plantación, ademais de medios auxiliares como a achega de recursos hídricos de xeito puntual planta por planta, empregando medios que non supoñan a implantación de infraestruturas permanentes de rega co obxecto de garantir a supervivencia da planta posterior á plantación, a protección da planta mediante protectores, os titores e outros materiais necesarios, e a implantación vexetal.

Deberán usarse as variedades de castiñeiro para froito que figuran no anexo VIII da presente orde, enxertados sobre portaenxertos de Castanea sativa ou Castanea hybrida.

Os importes máximos do investimento en euros por hectárea de actuación, que se calculará aplicando os valores recollidos no anexo IX, serán os seguintes:

• 100 plantas/ha (equivalente a un marco de 10×10 m): plantación de planta enxertada: 4.845,50 €/hectárea.

En virtude do establecido no anexo I da Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia, para o modelo CS2, será admisible subir a densidade ata 204 plantas/ha (equivalente a un marco de 7×7 m) en áreas de montaña máis setentrionais. Non obstante, cando as persoas solicitantes elixan a devandita opción, o importe máximo do investimento seguirá sendo o previsto para a opción de 100 plantas/ha, é dicir, 4.845,50 €/hectárea.

• 69 plantas/ha (equivalente a un marco de 12×12 m): plantacións de planta enxertada: 4.037,95 €/hectárea.

• 50 plantas/ha (equivalente a un marco de 14×14 m): plantacións de planta enxertada: 3.543,00 €/hectárea.

Estes importes máximos non inclúen os custos de redacción de proxecto e o panel.

Deste importe máximo de investimento por hectárea de actuación restarase o importe por hectárea correspondente a calquera outro tipo de axudas públicas que ás persoas beneficiarias poidan terlle sido outorgadas na mesma superficie para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes nos últimos 5 anos, sendo o cómputo deses anos con respecto ao ano de concesión da axuda (polo que na convocatoria do ano 2023 será desde o ano 2018 en diante.

2º. Tratamento da vexetación preexistente.

O tratamento da vexetación preexistente realizarase a través de rozas que afectarán a totalidade da superficie de xeito que a altura do mato, unha vez rozado, non superará os 10 cm.

3º. Infraestruturas de acompañamento, obras complementarias e panel das plantacións que se realicen ao abeiro desta orde. Estarán suxeitas aos seguintes condicionantes:

a) Deberanse localizar dentro ou estremeiras coa área obxecto da plantación.

b) O importe máximo do investimento en euros calcularase aplicando os módulos recollidos no anexo IX, será de 50,00 euros por panel (máximo subvencionable un panel por solicitude, e só no caso de que o solicitante estea obrigado á súa colocación segundo o artigo 29); e de 7.580,00 euros por quilómetro de peche perimetral.

c) Ademais, a repercusión máxima total por hectárea de actuación no peche perimetral será de 2.000 euros. Só se subvencionará sempre que se xustifique a súa necesidade (gando, fauna cinexética, ...), independentemente do tipo de beneficiario de que se trate. En todos os casos o peche deberá garantir a protección efectiva dunha área concreta ou de toda a superficie de actuación. No caso de non alcanzarse a lonxitude necesaria para iso pola limitación establecida nesta alínea, o treito máximo subvencionable poderá engadirse a outro/s non subvencionados sempre que con iso se chegue a delimitar totalmente unha área concreta ou toda a superficie de actuación, e se garanta a súa protección. De non ser así, non será subvencionable.

4º. Poderanse subvencionar os honorarios de redacción de proxecto técnico, que deberá ser elaborado por unha persoa titulada en enxeñaría de Montes ou enxeñería técnica Forestal, ou titulada universitaria de grao ou posgrao en materia forestal, logo de solicitude, segundo o máximo por hectárea indicado no anexo IX de traballos, a maiores dos gastos de plantación e das infraestruturas de acompañamento, e só naqueles casos onde é obrigatoria a súa presentación. En todo caso, é obrigatoria a presentación dunha certificación expedida por persoa técnica competente, sobre a idoneidade da calidade de estación para a plantación de castiñeiro para froito, tendo en conta o futuro escenario que se presenta co cambio climático. A devandita certificación deberá incluír información sobre as condicións do solo (profundidade, pH, granulometría e estrutura, contido de nutrientes, contido de materia orgánica etc.), a altitude, a exposición e a pendente, entre outros. A información relativa ás condicións do solo recoméndase que estea baseada en análises de solo levadas a cabo por laboratorios acreditados de acordo coa normativa aplicable na materia.

5º. Primas de mantemento.

As persoas beneficiarias das axudas establecidas na presente orde de axudas incluídas na liña I estarán obrigadas a solicitar a correspondente prima para o mantemento das superficie obxecto das axudas na primeira convocatoria de axudas que estableza as devanditas primas para as cales sexan elixibles as devanditas superficies. A prima de mantemento está destinada ao coidado, reposición de calvas, mantemento, fertirrigación, no caso de ser necesaria, e demais traballos posteriores á plantación do castiñeiro para froito que son necesarios para o logro da plantación realizada.

As devanditas primas de mantemento subvencionarase con cargo á correspondente intervención do PEPAC 21-27 de España, estableceranse para un número suficiente de anualidades e, sempre que sexa posible, a primeira deberá coincidir co ano seguinte ao pagamento final da obra de plantación.

O incumprimento da obriga de solicitar a correspondente prima de mantemento por parte das persoas beneficiarias na primeira convocatoria en que resulten elixibles as superficies obxecto da liña I de axudas da presente orde comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei 9/2007, do 13 de xuño, subvencións de Galicia. Así mesmo, o incumprimento da obriga de executar os traballos previstos na prima de mantemento aprobada e de realizar un mantemento axeitado do investimento realizado terá as mesmas consecuencias.

b. Liña II: rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros

1º. Actuacións silvícolas.

É subvencionable o conxunto das actuacións silvícolas necesarias, agás a poda, que queda prohibida nestes rodais, para as actuacións silvícolas necesarias para a xestión e o aproveitamento, así como para a restauración dos ecosistemas formados por soutos tradicionais de castiñeiro, que deberán contar con instrumento de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados, debendo estar previstas nel as accións solicitadas, ou deberán contar coa adhesión ao modelo silvícola CS3, establecido na Orde do 19 de maio de 2014. O obxectivo do modelo é a produción de froito e outros aproveitamentos, incluíndo a produción mixta froito-madeira, e a persistencia en soutos tradicionais, á vez que presentan un bo estado de conservación ecolóxica.

As actuacións, para a mellora da restauración destes ecosistemas formados polos soutos tradicionais de castiñeiros, son as indicadas na devandita orde e inclúen o seguimento e control de problemas fitosanitarios, en particular de cancro, perforadores de castaña e avespiña, e o aumento da densidade dos soutos mediante a plantación de castiñeiros das variedades para froito recollidas no anexo VIII da orde, de enxertados sobre portaenxertos híbrido resistente á tinta (Castanea x hybrida) ou castiñeiro (Castanea sativa).

a) Estes gastos incluirán os necesarios para as rozas, o aumento da densidade, a eliminación de abrochos secundarios ou chupóns, os rareos, a emenda calcaria, a fertilización, a gradadura, o espedrado, a sementeira con especies herbáceas e o pase de rolo. Esta derradeira actuación será obrigada en caso de que se solicite a actuación de sementeira con especies de herbáceas. O obxecto desta actuación é a implantación dun estrato herbáceo que permita a recollida mecanizada do froito.

b) Dentro desta epígrafe poderán solicitarse e acumularse diferentes actuacións sobre unha mesma superficie sempre que o importe por hectárea non supere os 2.922,57 € para as seguintes actuacións: as rozas, o aumento da densidade, a eliminación de abrochos secundarios ou chupóns e os rareos, e sen incluír os custos de redacción do proxecto e o panel.

2º. As rozas serán selectivas e afectarán preferentemente as especies heliófilas ou cuxo excesivo desenvolvemento poida comprometer a viabilidade do arboredo ou a biodiversidade das especies de subsolo do souto. Ademais, priorizarase a eliminación de eucalipto (Eucalyptus sp.), acacia negra (Acacia melanoxylon), mimosa (Acacia dealbata) falsa acacia (Robinia pseudoacacia) e piñeiro (Pinus sp.).

3º. Infraestruturas de acompañamento, obras complementarias e panel dos traballos que se realicen ao abeiro desta orde. Estarán suxeitas aos seguintes condicionantes:

a) Deberanse localizar dentro ou estremeiras coa superficie de actuación.

b) O importe máximo do investimento en euros calcularase aplicando os módulos recollidos no anexo IX, será de 50 euros por panel (máximo subvencionable un panel por solicitude, e só no caso de que o solicitante estea obrigado á súa colocación segundo o artigo 29), e de 7.580,00 euros por quilómetro de peche perimetral.

c) Ademais, a repercusión máxima total por hectárea de actuación no peche perimetral será de 2.000 euros. Só se subvencionará sempre que se xustifique a súa necesidade (gando, fauna cinexética, ...), independentemente do tipo de beneficiario de que se trate. En todos os casos o peche deberá garantir a protección efectiva dunha área concreta ou de toda a superficie de actuación. No caso de non alcanzarse a lonxitude necesaria para iso pola limitación establecida nesta alínea, o treito máximo subvencionable poderá engadirse a outro/s non subvencionados sempre que con iso se chegue a delimitar totalmente unha área concreta ou toda a superficie de actuación, e se garanta a súa protección. De non ser así, non será subvencionable.

4º. Poderanse subvencionar os honorarios de redacción de proxecto técnico, que deberá ser elaborado por unha persoa titulada en enxeñaría de Montes ou enxeñería técnica Forestal, ou titulada universitaria de grao ou posgrao en materia forestal, logo de solicitude, segundo o máximo por hectárea indicado no anexo IX de traballos, a maiores dos gastos das actuacións silvícolas e das infraestruturas de acompañamento, e só naqueles casos onde é obrigatoria a súa presentación.

2. As actuacións indicadas nas liñas I e II non poderán obter axuda sobre unha mesma superficie. Non obstante, unha mesma persoa beneficiaria poderá obter axudas nas liñas I e II, sobre distintas superficies.

3. O IVE non é subvencionable.

Artigo 8. Condicións técnicas xerais

a. Liña I: fomento de plantacións de castiñeiro para froito

1. As plantacións deberan axustarse ás seguintes condicións técnicas:

a) As densidades mínimas de plantación deberán ser as seguintes:

– A densidade máxima será de 100 plantas/ha (equivalente a un marco 10×10 m) e a mínima de 50 plantas/ha (marco 14×14 m).

En virtude do establecido no anexo I da Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia, para o modelo CS2 será admisible subir a densidade ata 204 plantas/ha (equivalente a un marco de 7×7 m) en áreas de montaña máis setentrionais.

b) Características da planta:

Empregarase planta enxertada sobre portaenxertos de castiñeiro con algunha das variedades recollidas no anexo VIII.

En cada superficie obxecto de actuación non se poderán empregar máis de dúas das devanditas variedades, incluídas as variedades polinizadoras recollidas no anexo VIII.

Os produtores de planta de castiñeiro para froito deberán estar dados de alta no Rexistro de operadores profesionais, en diante RPVEG (Real decreto 1054/2021, do 30 de novembro, polo que que se establecen e regulan o Rexistro de Operadores Profesionais de vexetais, as medidas que deben cumprir os operadores profesionais autorizados a expedir pasaportes fitosanitarios e as obrigas dos operadores profesionais de material vexetal de reprodución, e se modifican diversos reais decretos en materia de agricultura). E deberán estalo, en concreto, para o grupo de vexetais que figura no anexo I do citado real decreto como 1.F Outras froiteiras con regulamento técnico, grupo en que figura a Castanea sativa Mill.

Ao tempo, os produtores de planta de castiñeiro para froito deberán observar o disposto no regulamento técnico aludido (Real decreto 929/1995, do 9 de xuño, polo que se aproba o Regulamento técnico de control e certificación de plantas de viveiro de froiteiras e modificacións posteriores), e o resto da normativa relacionada tanto na produción de materiais vexetais de reprodución como na sanidade vexetal en xeral.

2. A planificación da plantación deberá axustarse ás distancias que exixe a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e as súas modificacións, e que se concretan no artigo 68 e anexo II da lei.

3. O resto das condicións técnicas mínimas e limitacións de uso que deben observarse figuran no anexo X.

b. Liña II: rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros cunha densidade mínima de 50 pés/ha.

1. As actuacións silvícolas deberán axustarse ás seguintes condicións técnicas:

a) A densidade máxima ao final da actuación será de 100 plantas/ha (equivalente a un marco 10×10 m) e a mínima de 50 plantas/ha (equivalente a un marco 14×14 m).

b) Cando a actuación prevista teña por obxecto a implantación dun estrato herbáceo para permitir a recollida mecanizada do froito, as actuacións poderán incluír:

– Tras a roza, unha cava ou desfonde.

– Dobre pase de grade pesada de discos ou fresadura.

– Encalado, para o cal se recomenda unha dose de 2.000-3.000 quilogramos de calcaria/ha.

– Fertilización con nitróxeno, fósforo e potasio (NPK) para a cal se recomenda unha dose inferior a 300 kg/ha.

– Sementeira con especies pratenses autóctonas, para a cal se recomenda unha mestura coas seguintes doses: dáctilo 30 kg/ha, raigrás 10 kg/ha e trevo 4 kg/ha).

– Pase de rolo, que será obrigado en caso de que se inclúa entre as actuacións a sementeira con especies pratenses.

2. Os restos das actuacións obxecto das axudas, de producírense, deberán ser triturados ou extraídos para o seu aproveitamento como biomasa.

3. As demais condicións técnicas mínimas e limitacións de uso que deben observarse figuran no anexo X.

c. Todas as liñas.

1. As actuacións deberán estar xustificadas no proxecto técnico cando sexa obrigatoria a súa presentación.

2. Os terreos obxecto de solicitude de axuda deberase cumprir, en todo caso, o disposto na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia e as súas modificacións; na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia; nos artigos 12, número 1.e), 15, números 2 ao 8, e 17 do Decreto 105/2006, do 22 de xuño, que regula as medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais; na Orde do 31 de xullo de 2007 pola que se establecen os criterios para a xestión da biomasa vexetal e na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

3. No caso de existiren valores singulares de tipo xeolóxico, edáfico, botánico, faunístico, histórico e paisaxístico delimitarase a súa localización e zona de influencia e excluiranse da superficie de actuación.

4. Todas as persoas solicitantes destas axudas, no momento da solicitude de axuda, deberán ter instrumento de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados, e as accións solicitadas deben estar previstas nel, ou adhesión aos modelos silvícolas, consonte o establecido no Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia, e a Orde do 19 de maio de 2014; a este respecto, é suficiente con que na solicitude de axuda faga referencia a esta circunstancia. No caso das parcelas identificadas no Sistema de identificación xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) como froiteiras (código FY) e terras arables (código TA), este requisito non será exixible.

Non obstante o establecido no parágrafo anterior, nos casos debidamente xustificados, poderán ser obxecto de axudas da liña I, actuacións non recollidas nos devanditos instrumentos de ordenación ou xestión forestal. Nestes casos as persoas titulares deberán solicitar as modificacións correspondentes dos instrumentos de ordenación ou xestión forestal, que deberán estar aprobados no prazo dun ano contado desde o seguinte día ao da solicitude de pagamento e xustificación presentada. De non aprobarse as devanditas modificacións no prazo establecido, iniciarase o correspondente procedemento de reintegro, tal e como se prevé no artigo 23 desta orde.

No caso de que o investimento requira unha avaliación de impacto ambiental, esta realizarase conforme o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. O solicitante deberá acreditar a súa dispoñibilidade en sentido favorable e autorizar a Consellería do Medio Rural para recibir copia do informe para os efectos de tramitación da solicitude, especialmente no caso de terreos na Rede Natura 2000. No caso de que a dita autorización/informe xa conste en poder da Administración, deberá indicalo no impreso de solicitude da axuda. No caso de que, unha vez resolta a concesión da axuda, algunha das autorizacións/informes sexa desfavorable ou sexa entregada fóra do prazo de tres meses, contados desde a resolución de aprobación, procederase á tramitación do correspondente expediente de perda do dereito ao cobramento da axuda. Ademais, o solicitante deberá cumprir a normativa en materia de avaliación de impacto ambiental, en aplicación da Directiva 2011/92/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 13 de decembro de 2011, relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o ambiente, e conforme o disposto na normativa do Estado, en concreto, na Lei 21/2013, se for de aplicación.

Artigo 9. Condicións técnicas para a redacción do proxecto das actuacións

1. No anexo XI figuran as instrucións do formato da información do proxecto técnico en soporte dixital e vectorial, que se debe presentar xunto coa solicitude de axuda e demais documentos.

2. No proxecto, coas actuacións, deberá figurar como mínimo o seguinte:

a) Estado legal do predio obxecto de solicitude de axuda: superficie, localización, estremeiros e accesos.

b) Descrición das actuacións que se levarán a cabo.

c1) Para a liña I: especies de portaenxertos, variedades de planta enxertada, densidade final, marco de plantación.

c2) Para a liña II: especies existentes, densidade inicial, densidade final.

d) Indicación, segundo o visor http://mapas.xunta.gal/visores/aproveitamentos/ se existe algunha afección, de que afección se trata e localización das parcelas afectadas.

e) Orzamento, de acordo coa norma UNE 157001 de xuño 2014, Criterios xerais para a elaboración formal dos documentos que constitúen un proxecto técnico.

f) Cartografía: planos sobre mapas oficiais. A planimetría do proxecto presentarase xeorreferenciada en coordenadas UTM, fuso 29, con referencia ao datum ETRS89, e terá que ser achegada en soporte dixital en formato vectorial, en formato shape (shp), obtido a partir dun plano de escala mínima 1:10.000, e preferentemente 1:5.000. Indicarase claramente o ano do Sixpac respecto do cal se toman os datos. No caso de instrumento de ordenación, indicaranse os rodais e cantóns de ordenación.

As agrupacións de propietarios terán que incluír nos planos unha referencia que permita coñecer cal é a superficie con que participa cada membro da agrupación.

Nos planos presentados deberá reflectirse indubidablemente onde se localizan os distintos tratamentos que se van efectuar na mesma parcela, tendo que aparecer na correspondente táboa de atributos os datos de tipo e superficie de actuación de cada recinto, segundo a táboa número 1 do anexo XI.

g) Estudo básico de seguridade e saúde.

h) Prego de condicións técnicas: de acordo coas normas de redacción de proxectos.

3. Deberán respectarse as restricións que a autoridade competente en materia de augas estableza.

4. Nas solicitudes en que sexa obrigatoria a presentación de proxecto, ao abeiro do establecido no artigo 15.1.a.3), este deberá ser elaborado por unha persoa titulada en enxeñaría de Montes ou enxeñería técnica Forestal, ou titulada universitaria de grao ou posgrao en materia forestal. O proxecto irá acompañado da certificación expedida por persoa técnica competente, sobre a idoneidade da calidade de estación para a plantación de castiñeiro para froito. O devandito certificado deberá incluír información sobre as condicións do solo (profundidade, pH, granulometría e estrutura, contido de nutrientes, contido de materia orgánica etc.), a altitude, a exposición e a pendente, entre outros e deberá estar baseado en análises de solo levados a cabo por laboratorios acreditados.

Artigo 10. Superficies mínimas e máximas para solicitar as axudas e superficies excluídas

1. Superficie mínima.

Para todas as persoas solicitantes, a superficie mínima de actuación por solicitude será de unha (1) hectárea. Esta superficie mínima pode acadarse cun máximo de tres coutos redondos, sempre que estes coutos redondos linden con superficies cubertas por castiñeiros.

2. Superficie máxima:

Para todas as persoas solicitantes que se acollan ás axudas para levar a cabo as actuacións recollidas nas alíneas a) (liña I) e b) (liña II) do artigo 7.1 da presente orde, a superficie máxima de actuación por solicitude será de 25 hectáreas para a liña I e 50 hectáreas para a liña II, nun ou en varios coutos redondos, e sempre e cando a superficie mínima por couto sexa de unha (1) hectárea.

3. En todos os casos a continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

4. Superficies excluídas:

a) Excluiranse da superficie de actuación os encravados de extensión igual ou superior a 500 m2, pistas, estradas, etc.

b) En superficies en concentración parcelaria en execución, soamente poden ser aprobadas as axudas solicitadas en superficies en que o acordo de concentración parcelaria sexa firme antes do remate do prazo de solicitude destas axudas. Non obstante, poderanse aprobar as axudas nos casos en que, non sendo firme o acordo, o servizo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural responsable das infraestruturas agrarias emita un certificado en que indique o nome do propietario e a manifestación de que o dito predio non vai cambiar.

c) As superficies incluídas nun proceso iniciado de expropiación forzosa non se poderán beneficiar destas axudas.

d) No caso de existiren valores singulares de tipo xeolóxico, edáfolóxico, botánico, fáunico, histórico, literario e paisaxístico, delimitarase a súa localización e zona de influencia e excluiranse da superficie de actuación.

Artigo 11. Compromisos e indicadores asociados

1. Os beneficiarios das axudas comprométense expresamente ao cumprimento das condicións previstas nesta orde.

2. Compromisos de mantemento e conservación:

a) A persoa titular comprométese a manter as actuacións recollidas na liña I a plantación, incluído o panel informativo, se for o caso, conforme as condicións de comprobación, e a conservar a masa creada durante ao menos 20 anos, cumprindo as condicións establecidas no instrumento de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados, ou, de ser o caso, no modelo silvícola CS3 establecido na Orde do 19 de maio de 2014, e proceder á devolución do diñeiro percibido e dos seus xuros legais se o bosque é danado ou destruído por descoido, neglixencia, cambio de uso ou falta de coidados silvícolas por parte do solicitante. Para tal efecto, a persoa titular estará obrigada a solicitar a correspondente prima para o mantemento das superficie obxecto das axudas na primeira convocatoria de axudas que estableza as devanditas primas para a que sexan elixibles as devanditas superficies. Tamén se compromete, nos cinco anos contados desde a data da solicitude de pagamento da axuda, a manter as condicións para obter a puntuación aplicada na concorrencia competitiva para a aprobación dos expedientes.

b) No caso de axudas para a rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros cunha densidade mínima de 50 pés/ha (liña II), a persoa titular comprométese a manter e conservar as actuacións recollidas durante un período mínimo de 5 anos desde a data da solicitude de pagamento da axuda, cumprindo as condicións establecidas no instrumento de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados ou, de ser o caso, no modelo silvícola CS3 establecido na Orde do 19 de maio de 2014. Tamén se compromete, nos cinco anos contados desde a data da solicitude de pagamento da axuda, a manter as condicións par obter a puntuación aplicada na concorrencia competitiva para a aprobación dos expedientes.

c) No caso de asociacións e agrupacións de propietarios legalmente constituídas, comunidades de bens, os pro indivisos, os pro indivisos legalmente constituídos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, todos os seus membros se comprometen a cumprir todos os compromisos e obrigas establecidos nesta orde, así como na demais normativa concorrente. A responsabilidade do bo fin da actuación será exixible a cada propietario segundo a lexislación aplicable en cada caso. Todos os membros integrantes se comprometen a levar unha xestión conxunta da forestación durante un mínimo de 20 anos.

3. Se as superficies obxecto de actuación se transmitisen en todo ou en parte durante o período de compromiso, o novo titular deberá cumprir as condicións exixibles para a percepción das axudas que se lle outorgaron.

4. Poderán ter lugar usos gandeiros complementarios cando estes xa non prexudiquen a actuación, proposta da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural e logo da autorización do Servizo de Montes provincial e cando estean dados de alta no rexistro correspondente.

5. Se, unha vez efectuada a solicitude e antes da actuación, o terreo fose obxecto dun incendio forestal ou queima do mato, o beneficiario deberallo comunicar inmediatamente, por escrito, ao Servizo de Montes provincial, co obxecto de adecuar a memoria descritiva das actuacións á nova realidade física do terreo antes do inicio dos traballos.

6. No caso de abandono ou destrución da plantación/masa por calquera causa, agás forza maior allea ao beneficiario, suspenderanse todas as axudas pendentes ata que sexa restaurada a superficie abandonada ou destruída, total ou parcialmente, sen prexuízo dos compromisos adquiridos e das responsabilidades que deriven. O solicitante estará obrigado a comunicar, no prazo máximo dun mes, os feitos e circunstancias que provocaron a destrución da totalidade ou de parte da plantación.

7. O beneficiario comprométese en todo momento a lle facilitar as tarefas de inspección ao persoal adscrito á consellería competente no medio rural nas materias relacionadas con esta orde.

8. Nas superficies de actuación todos os beneficiarios se comprometen a cumprir co establecido no manual de boas prácticas na xestión forestal sustentable. Este aspecto verificarase na comprobación final e o seu incumprimento pode dar lugar á revogación da axuda concedida segundo se resolva o correspondente procedemento de perda de dereito ao cobramento. Así mesmo, nos montes conveniados que formen parte do Sistema de xestión forestal sustentable da Xunta de Galicia, os beneficiarios das axudas comprométense a cumprir co establecido no manual de boas prácticas na xestión forestal sustentable.

9. En todos os casos, e para calquera tipo de titular, o persoal que executou os traballos deberá estar dado de alta no réxime xeral da Seguridade Social e poderáselle solicitar en calquera momento que verifique que cumpre o devandito requisito. Ademais, as empresas executoras deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).

10. No caso de cesións de pagamento, o titular da conta bancaria debe coincidir co cesionario e comprométese a manter a conta aberta ata o final do proceso de xestión da axuda.

11. Conforme o artigo 7 da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021, o artigo 37 do Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, e o anexo IV do Acordo da Conferencia Sectorial de Ambiente, do 9 de xullo de 2021, polo que se aproban os criterios de repartición e a distribución territorial de créditos relativos ao compoñente 4, Conservación e restauración de ecosistemas e a súa biodiversidade, do Mecanismo de recuperación, transformación e resiliencia para o exercicio orzamentario 2021, o financiamento dos proxectos estará vencellado ao cumprimento dos obxectivos previstos no PRTR e, para iso, a beneficiaria terá que achegar a medición dos indicadores que se concretan neste artigo.

12. Conforme o indicado nas bases reguladoras do citado anexo IV do Acordo de Conferencia Sectorial, deben establecerse mecanismos que aseguren que as medidas que vaian desenvolver as beneficiarias contribúen ao logro dos obxectivos e condicións previstas e que achegan a información que, se é o caso, fose necesaria para determinar o valor dos indicadores. O financiamento ás beneficiarias estará vencellado ao logro dos obxectivos que se perseguen.

13. En particular, a presente convocatoria contribúe a acadar o cumprimento do obxectivo 71, Actuacións de restauración de ecosistemas, que está asociado ás actuacións da liña de investimento 3 do compoñente 4 do PRTR. A descrición deste obxectivo 71 é «polo menos 30.000 hectáreas cubertas por actuacións finalizadas de restauración de ecosistemas en territorios ou ecosistemas degradados».

14. As persoas beneficiarias deberán achegar a medición detallada da superficie asociada aos traballos realizados que contribúen a acadar o obxectivo 71.

Artigo 12. Distribución do crédito e prioridades

1. Distribución de crédito.

a) Resérvanse as seguintes porcentaxes da dispoñibilidade orzamentaria indicada no artigo 25, punto 1.a), segundo o tipo de beneficiario:

a.1. Propietarios particulares de xeito individual: 10 %.

a.2. Asociacións e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrarias, pro indivisos, os pro indivisos legalmente constituídos, comunidades de bens, montes de varas, Sofor, axentes promotores produtivos adxudicatarios de propostas de actuación nos polígonos agroforestais de iniciativa pública ou nos polígonos cortalumes ou que sexan promotores de polígonos agroforestais de iniciativa privada e outras persoas xurídicas: 40 %.

a.3. CMVMC: 50 %.

Para entidades locais reservase o 100 % da dispoñibilidade orzamentaria indicada no artigo 25, punto 1.b).

b) Dentro de cada tipo de beneficiario, excepto para entidades locais, segundo o tipo de traballo, distribúese o crédito do seguinte xeito:

b.1. Actuacións incluídas no artigo 7.1.a) (liña I: fomento de plantacións de castiñeiro para froito): 1.192.361,80 €.

b.2. Actuacións incluídas no artigo 7.1.b) (liña II: rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros): 2.214.386,20 €.

c) Para entidades locais, o crédito distribúese do seguinte xeito:

– 63.000 € para actuacións incluídas no artigo 7.1.a) (liña I: fomento de plantacións de castiñeiro para froito)

– 117.000 € para actuacións incluídas no artigo 7.1.b) (liña II: rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros).

2. Establecerase unha orde de prioridade segundo a seguinte prelación e liña de axuda (I e II), tendo en conta que a data de referencia á hora de computar os méritos será a correspondente ao derradeiro día de presentación de solicitudes. As solicitudes presentadas ordenaranse, segundo a liña de axuda, de acordo cos criterios de prioridade indicados na seguinte epígrafe, e aprobaranse os proxectos de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento dispoñible:

a) Posta en valor de CMVMC: 10 puntos.

b) Por cada membro de CMVMC, sociedade ou agrupación de propietarios particulares, cooperativa agrícola, pro indiviso (copropietarios), de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou de comunidade de bens: 1 punto, ata un máximo de 10 puntos.

c) No caso dunha sociedade ou agrupación de propietarios legalmente constituída con xestión conxunta: 10 puntos.

d) Agrupacións forestais de xestión conxunta, cuxo recoñecemento, ao abeiro do disposto no artigo 122 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no 16 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, poden solicitar as seguintes entidades cuxa actividade se desenvolva en terreos forestais no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia:

1) Asociacións sen ánimo de lucro constituídas para o auxilio, apoio e asesoramento ás persoas propietarias ou titulares dos dereitos de aproveitamento de terreos na planificación da xestión agroforestal e na xestión e comercialización conxunta dos seus aproveitamentos, sempre que estean compostas por persoas titulares dos indicados dereitos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

2) Sociedades civís e comunidades de bens.

3) Cooperativas e outras entidades de economía social.

4) Sociedades agrarias de transformación.

5) Sociedades mercantís reguladas na lexislación de sociedades de capital.

6) Sociedades de fomento forestal (Sofor).

7) Calquera outra que teña por obxecto a recuperación, de forma conxunta, de terras agroforestais: 50 puntos.

e) Monte con proxecto de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados, ou que solicitase a súa aprobación: 10 puntos.

f) Montes con certificación forestal co sistema PEFC ou FSC: 20 puntos.

g) Sociedade ou agrupación de propietarios en zonas de concentración parcelaria forestal: 10 puntos.

h) CMVMC sen convenio ou consorcio en toda a superficie clasificada da comunidade de montes: 30 puntos.

i) Zonas desfavorecidas: 10 puntos.

j) Zonas de alto risco de incendio forestal (Orde do 18 de abril de 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal): 10 puntos.

k) Actuación en zona clasificada como Rede Natura 2000: 10 puntos.

l) Por solicitude de propietario particular, sociedade ou agrupación de propietarios particulares, de cooperativa agrícola, de pro indiviso (copropietarios), dos de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou de comunidade de bens: 15 puntos.

m) Por cada parcela para a cal se solicitou axuda que estea dada de alta no Rexistro da Propiedade, no caso de propietario particular, sociedade ou agrupación de propietarios particulares, de cooperativa agrícola, de pro indiviso (copropietarios), dos de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou de comunidade de bens: 1 punto por cada parcela, ata un máximo de 10 puntos.

n) Actuación en parcelas incluídas no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas, segundo o establecido no Decreto 167/2019, do 5 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas: 20 puntos.

o) A persoa solicitante é titular de parcelas incluídas no Rexistro Galego de Materiais de Base nas categorías seleccionado, cualificado ou controlado (Decreto 135/2004, do 17 de xuño, polo que se crea o Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución): 20 puntos.

p) Por persoa solicitante adherida á indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia: 20 puntos.

3. A puntuación máxima será de 65 puntos, mentres que a mínima será de 10 puntos. En caso de empate, desempatarase polos seguintes criterios, na orde que se establece:

1. Situación da actuación en zonas desfavorecidas.

2. Situación da actuación na Rede Natura 2000.

3. Actuacións que se vaian realizar en montes en que existan masas consolidadas de frondosas autóctonas inscritas, ou en proceso de inscrición, no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

4. O solicitante é titular de parcelas incluídas no Rexistro Galego de Materiais de Base nas categorías seleccionado, cualificado ou controlado, ao abeiro do establecido no Decreto 135/2004, do 17 de xuño, polo que se crea o Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.

5. Actuacións que se vaian realizar en montes inscritos no Rexistro de Montes Ordenados, ou que fose solicitada a aprobación do instrumento de ordenación ou xestión forestal.

6. Maior superficie de actuación.

7. Maior importe de subvención.

8. Adhesión á indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia.

4. No caso de que, unha vez priorizados os expedientes solicitados, non se consuma a totalidade do importe establecido polas distintas porcentaxes de cada tipo de beneficiario e tipo de traballo na distribución do crédito detallado no punto 1, os importes sobrantes dos distintos puntos pasarán aos demais para facer fronte aos expedientes solicitados.

Artigo 13. Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible (anexo I) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. A persoa solicitante fará constar na solicitude de axuda (anexo I) se a superficie de actuación comprende zonas incluídas na Rede Natura 2000, zonas de protección lateral do Camiño de Santiago ou se está afectada pola normativa de patrimonio cultural de Galicia, conforme o Decreto 232/2008, do 2 de outubro, sobre o Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia, así como calquera outra afección segundo a lexislación sectorial vixente en materias distintas da forestal. As ditas afeccións están reflectidas no visor que figura no enderezo electrónico http://mapas.xunta.gal/visores/aproveitamentos/

3. Deberán presentar a solicitude correctamente cuberta conforme o anexo I, xunto co resto de anexos se sexa necesario. Os datos da solicitude que se citan a seguir considéranse o mínimo imprescindible para a súa tramitación, polo que a inexactitude, falsidade ou omisión de calquera dos datos determinará a imposibilidade de continuar coa tramitación da subvención e dará lugar á inadmisión da solicitude ou á súa revogación, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas que procedesen. Estes datos son:

a) Datos da persoa solicitante (nome, apelidos, NIF e enderezo completo).

b) En todos os casos, correo electrónico ou teléfono móbil.

c) Datos do tipo de solicitante.

d) Declaración responsable asinada, segundo o modelo recollido no anexo I, no punto 10 da declaración da persoa solicitante ou representante, relativa ao compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR, en concreto as seguintes:

i. Declaración responsable do cumprimento do compromiso de etiquetaxe verde e dixital prevista no PRTR, con base no Regulamento (UE) nº 2021/241.

ii. Declaración responsable do cumprimento do compromiso do principio horizontal de «non causar prexuízo significativo» (Do no significant harm, DNSH) que define o artigo 2.6 do Regulamento (UE) nº 2021/241, respecto dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 5 da Orde HFP/1030/2021 e definidos no Regulamento (UE) nº 2020/852 (Regulamento de taxonomía da UE):

a) Mitigación ao cambio climático.

b) Adaptación ao cambio climático.

c) Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.

d)Transición cara a unha economía circular.

e) Prevención e control da contaminación.

f) Protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas.

iii. Declaración de compromiso, de cesión e tratamento de datos e de ausencia de conflito de intereses, en relación coa execución e actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia derivado da Orde HFP 1030/2021, do 29 de setembro (anexo VI). A devandita declaración presentarase segundo o modelo recollido no anexo I da presente orde, no punto 11 da declaración da persoa solicitante ou representante.

e) Autorizacións/informes dos órganos competentes indicados no número 2 (incluída solicitude de avaliación de impacto ambiental, se for o caso) ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante os órganos competentes, reflectidas no visor que figura no enderezo electrónico http://mapas.xunta.gal/visores/aproveitamentos/

f) Tres ofertas de diferentes provedores, en que debe constar como mínimo: sinatura, NIF, número do Resfor, nome e enderezo da empresa ofertante ou da persoa que asine; o nome ou razón social da persoa solicitante da axuda; a data de expedición; os conceptos ofertados e o seu importe, con data de sinatura anterior á presentación da solicitude.

g) Número de expediente dixital da adhesión a modelos silvícolas ou de xestión forestal, excepto no caso de instrumentos de ordenación ou xestión forestal inscritos no Rexistro de Montes Ordenados. No caso das parcelas identificadas no Sistema de identificación xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) como froiteiras (código FY) e terras arables (código TA), este requisito non será exixible.

No caso de que algún documento das alíneas e), f) e g) teña erros, precise completar algún dato ou precise algunha aclaración, requirirase para a súa emenda, non dando lugar a inadmisión da solicitude, sempre en cando os documentos fosen presentados coa solicitude.

4. Para cada liña de axuda acollida ás liñas I e II soamente se poderá presentar unha solicitude por titular, ano e para os terreos que se encontren nun mesmo concello, agás no caso de que un titular teña terreos en dúas ou máis agrupacións forestais, nas cales o 50 % dos seus membros deberá ser distinto. No caso contrario, procederase de oficio a arquivar sen máis trámite as solicitudes presentadas con posterioridade á primeira. Deberase presentar unha solicitude para cada petición realizada sobre diferentes concellos.

5. Toda a información para a presentación de solicitudes está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos. Tamén se poderá acceder á información a través da oficina agraria virtual (OAV) dispoñible no enderezo https://mediorural.xunta.gal/gl/oficina-virtual-do-medio-rural

6. A presentación da solicitude non implica ningún dereito para o peticionario mentres non exista resolución favorable da petición.

Artigo 14. Prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será de 45 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. Os traballos solicitados na solicitude de axuda non poderán iniciarse antes da inspección previa a que se refire o artigo 20 desta orde e estarán condicionados á aprobación da axuda.

Artigo 15. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Documentación xeral:

a.1) No caso do representante, e de acordo co artigo 5.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, deberá acreditar esa representación mediante algún dos seguintes medios de acreditación:

A. Por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna:

1. Poder notarial.

2. Representación legal. Débese presentar a autorización asinada (persoas físicas), ou copia de escrituras ou poderes onde se acredite a representación legal (persoas xurídicas).

B. Mediante declaración en comparecencia persoal do interesado (poder apud acta):

Realizará o levantamento de acta un funcionario público dunha oficina de asistencia en materia de rexistros, e deixará constancia de que, a partir dese momento, un suxeito actuará como representante doutro, apartarase desde ese momento a persoa representada do procedemento e dirixiranse as seguintes actuacións ao representante.

C. Mediante a alta no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos.

a.2) Acreditación da propiedade:

A propiedade acreditarase, no caso das CMVMC, mediante declaración responsable e de acordo cos datos que figuren no Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común.

No caso de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo, mediante declaración responsable e de acordo cos datos que figuren no Rexistro de Montes de Varas, Abertais, de Voces, de Vocerío ou de Fabeo.

No caso de agrupacións forestais de xestión conxunta, incluídas as Sofor, mediante declaración responsable e de acordo cos datos que figuren no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta. No caso das Sofor, de acordo cos datos que figuren no Rexistro de Sofor (Rsofor).

No caso de propietarios particulares de xeito individual, mediante algún dos seguintes documentos: escritura pública ou privada (na cal se inclúa a relación catastral das parcelas e permita xustificar a propiedade ou outro dereito adquirido), contrato de xestión, inscrición rexistral dos predios, certificación catastral; fichas catastrais (nominais), xustificante do pagamento do IBI, ou coa inscrición como titular dunha explotación agraria no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, así como dos predios sobre os que se solicita a axuda.

No caso de pro indivisos, pro indivisos legalmente constituídos, asociacións e agrupación de propietarios legalmente constituída, excepto SAT e cooperativas, mediante unha copia do documento que acredite a propiedade dos terreos (só para os efectos desta orde).

No caso de agrupacións de propietarios legalmente constituídas (SAT ou cooperativas), mediante certificado do responsable do Rexistro de SAT e do responsable do Rexistro das Cooperativas de Galicia.

No caso de titulares non propietarios do terreo, copia do contrato de arrendamento ou de xestión cunha duración equivalente, polo menos, ao período de compromiso da axuda.

a.3) As CMVMC, as sociedades e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas, as agrupacións forestais de xestión conxunta, as cooperativas agrícolas, os pro indivisos, os pro indivisos legalmente constituídos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío, de fabeo, comunidades de bens, outras persoas xurídicas, as entidades locais, en todo caso, e os propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación igual ou superior a 10 hectáreas, deberán presentar un proxecto (en formato PDF ou similar, e coa cartografía en soporte dixital en formato vectorial), de acordo co establecido no artigo 9, asinado con certificado dixital por unha persoa titulada en enxeñaría de montes ou enxeñaría técnica forestal, ou titulada universitaria de grao ou posgrao en materia forestal, e co nomeamento do director de obra.

a.4) En todos os casos, o solicitante deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, en que figurarán detalladas as actuacións que se van realizar (desagregación de todas as actuacións polas que se solicita axuda por custos unitarios de unidades de obra, incluído o panel publicitario, se for o caso). A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis favorable, e non se admitirán as ofertas que procedan de empresas vinculadas entre elas nin coa persoa solicitante da axuda, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público. Estas ofertas deberán estar asinadas e incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa ofertante, o nome ou razón social da persoa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Así mesmo, as empresas e persoas individuais que sexan responsables deses orzamentos deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor). Por outra banda non poderá haber vinculación entre o solicitante da axuda e calquera dos ofertantes e, en referencia ao artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en ningún caso poderá concertar o beneficiario a execución das actividades subvencionadas con persoas ou entidades vinculadas co dito beneficiario. Para estes efectos, consideraranse persoas ou entidades vinculadas aquelas que estean nalgún dos casos establecidos no artigo 18 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do imposto sobre sociedades.

a.5) Número de expediente dixital da adhesión a modelos silvícolas ou de xestión forestal, excepto no caso de instrumentos de ordenación ou xestión forestal inscritos no Rexistro de Montes Ordenados. No caso das parcelas identificadas no Sistema de identificación xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) como froiteiras (código FY) e terras arables (código TA), este requisito non será exixible.

a.6) Declaración responsable da clasificación urbanística das parcelas para as cales se solicita a axuda e localización nos planos do plan xeral de ordenación municipal (PXOM) das ditas parcelas ou nas normas subsidiarias ou no Plan básico autonómico da Xunta de Galicia (PBA). No caso dunha afección distinta da forestal (Camiño de Santiago, patrimonio, dominio público hidráulico, etc.) farase constar tamén nesta declaración responsable.

b) Documentación específica:

b.1) As asociacións ou agrupacións formalmente constituídas inscritas no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia presentarán o anexo II ou acordo de cesión asinado por todos e cada un dos compoñentes da agrupación. A asociación ou agrupación deberá estar inscrita no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia na data do remate do prazo de presentación da solicitude de axuda.

b.2) Os pro indivisos, os pro indivisos legalmente constituídos e montes de varas, de fabeo, de vocerío, de voces, abertais e comunidades de bens presentarán asinado o anexo III ou acordo de compromisos e obrigas por todos os seus compoñentes, e deberán presentar a acreditación da persoa física que as representa.

b.3) No caso de propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación inferior a 10 hectáreas, documento descritivo das actuacións ou anexo IV.

c) Certificados, autorizacións e informes:

c.1) No caso de CMVMC: certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, co visto e prace do presidente, conforme autorizan que o presidente da CMVMC solicite axudas á Consellería do Medio Rural para a execución das accións obxecto da solicitude.

c.2) No caso de cooperativas agrarias: certificado do responsable do rexistro conforme se atopa inscrita e anexo V debidamente cuberto.

c.3) No caso doutras entidades xurídicas (asociacións, agrupacións, Sofor, axentes produtores produtivos recoñecidos e persoas xurídicas cuxas propostas para o aproveitamento de parcelas incorporadas a aldeas modelo fosen seleccionadas ao abeiro do disposto na Lei 11/2021, do 14 de maio, etc.): certificado do responsable do rexistro correspondente conforme se atopa inscrita e anexo V debidamente cuberto. Este derradeiro documento non será preciso achegalo no caso de entidades recoñecidas ou propostas ao abeiro do disposto na Lei 11/2021, do 14 de maio, cando se trate de persoas físicas e non xurídicas.

c.4) No caso de propietarios particulares, sociedade ou agrupación de propietarios particulares, de cooperativa agrícola, de pro indivisos (copropietarios), pro indivisos legalmente constituídos e de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou de comunidade de bens que teñan parcelas inscritas no rexistro da propiedade, e unicamente para os efectos de desempate na puntuación da orde de prioridade, deberán presentar copia de documento que acredite as parcelas inscritas no Rexistro da Propiedade.

c.5) Solicitude ou autorizacións/informes dos órganos competentes indicados no artigo 13, número 2 (incluída solicitude de avaliación de impacto ambiental, se for o caso):

c.5.1) Solicitude ou autorización/informe do órgano competente indicando que os traballos obxecto de solicitude de axuda teñen actuacións en zona clasificada como Rede Natura 2000 ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente.

c.5.2) Solicitude ou autorización/informe do órgano competente indicando que a superficie obxecto de solicitude de axuda comprende zona de protección lateral do Camiño de Santiago ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente.

c.5.3) Solicitude ou autorización/informe do órgano competente indicando que a superficie obxecto de solicitude de axuda afectada pola normativa de patrimonio cultural de Galicia conforme o Decreto 232/2008, do 2 de outubro, e calquera outra afección segundo a lexislación sectorial vixente en materias distintas da forestal ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente.

c.5.4) Solicitude ou autorización/informe do órgano competente indicando que os traballos obxecto de solicitude de axuda precisan avaliación de impacto ambiental ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente.

c.6) No caso das entidades locais: certificado do/da secretario/a municipal conforme se informou á Comisión de goberno da solicitude de axuda.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. Nos supostos de imposibilidade material de obter algún dos anteriores documentos, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Artigo 16. Trámites posteriores á presentación das solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 17. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante (se for o caso).

d) DNI/NIE da persoa cesionaria (se for o caso).

e) NIF da entidade cesionaria (se for o caso).

f) DNI/NIE da persoa representante da persoa cesionaria (se for o caso).

g) Estar ao día no pagamento coa Seguridade Social a persoa solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.

h) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias (AEAT) a persoa solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.

i) Estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda a persoa solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.

j) Estar inhabilitada a persoa solicitante para obter subvencións públicas.

k) Ter recibido a persoa solicitante axudas pola regra de minimis.

l) Concesións de subvencións e axudas.

m) Número de expediente dixital da adhesión a modelos silvícolas ou de xestión forestal, excepto no caso de instrumentos de ordenación ou xestión forestal inscritos no Rexistro de Montes Ordenados, caso en que se consultarán os datos dispoñibles no devandito rexistro e na aplicación Xorfor. No caso das parcelas identificadas no Sistema de identificación xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) como froiteiras (código FY) e terras arables (código TA), este requisito non será esixible.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I e VI, e VII (se for o caso), e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 18. Tramitación

1. Os órganos competentes para tramitar esta orde de axudas son a Subdirección Xeral de Recursos Forestais da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural e os servizos de montes provinciais.

2. As solicitudes presentadas enviaranse, revisaranse e codificaranse nos servizos de montes provinciais. As solicitudes en que non figuren os datos obrigatorios establecidos no artigo 13 desta orde non serán admitidas a trámite, agás no caso de requirimento de emenda dalgún dos documentos das alíneas e), f) e g) do seu punto 3, tal e como se establece no seu derradeiro parágrafo.

3. Os servizos de montes provinciais examinarán as solicitudes presentadas e requiriran os solicitantes para que, no prazo máximo de dez días hábiles, acheguen a documentación non presentada e, no caso de que as solicitudes conteñan defectos ou omisións, as emenden, conforme se establece no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Neste requirimento indicarase ademais que, se non o fan, se terán por desistidos da súa petición, logo de notificación nos termos que se recollen no artigo 21 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. Os servizos de montes provinciais analizarán a documentación presentada coa solicitude. No caso de discrepancia entre a solicitude/declaración xurada e a documentación acreditativa dos criterios obxecto da priorización na axuda, dado que se trata dun procedemento por concorrencia competitiva que afecta terceiros, a solicitude declararase decaída no seu dereito a trámite.

En caso de que o proxecto sexa de cantidade económica superior ao estimado na solicitude, prevalecerá a contía reflectida na solicitude.

5. Unha vez tramitadas as solicitudes, a persoa titular da xefatura territorial de cada provincia proporá a relación de solicitudes que cumpren os requisitos da convocatoria e as que non os cumpren ou non se axustan, indicará a súa causa de incumprimento e remitir á subdirección xeral responsable dos recursos forestais.

6. Posteriormente, a subdirección xeral responsable dos recursos forestais emitirá un informe onde se reflictan os criterios de priorización, as solicitudes que, de acordo coa clasificación realizada atendendo a estes criterios, cubrisen a dispoñibilidade orzamentaria, e formulará a proposta de resolución que, de acordo co artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, resolverá a persoa titular da dirección xeral responsable da planificación e ordenación forestal, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural.

7. A aprobación das axudas solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustarase aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

8. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de cinco meses, contados a partir do día seguinte ao da finalización do prazo para a presentación de solicitudes. Este prazo poderase ampliar segundo o indicado no artigo 23 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Na resolución de concesión farase constar o importe da axuda, expresado en equivalente bruto de subvención, indicando que para as persoas físicas e xurídicas que realizan actividades económicas ten natureza de minimis, segundo o Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013.

No caso de non se ditar resolución expresa no prazo indicado, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 21 e 25 da mesma Lei 39/2015.

9. As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución.

Artigo 19. Notificación

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos, agás as que se refiren no número 6, practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. Malia o establecido nos anteriores números, as notificacións das resolucións de aprobación e denegación destas axudas realizaranse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, a persoa beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación e expresaranse, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, o órgano administrativo ou xudicial ante o que deben presentarse e o prazo para interpolos. Tamén figurará a puntuación de todas as solicitudes que entran no procedemento de concorrencia competitiva. Por outra banda, tamén figurará unha lista de todos os expedientes aprobados que non teñan a autorización ou informe sectorial de afeccións distinta da forestal nos cales se dará un prazo de 3 meses, contados desde a resolución de aprobación, para a súa presentación no caso de que a autorización ou informe sexa desfavorable ou sexa entregada fóra do prazo dado, procederase á tramitación do correspondente expediente de perda do dereito ao cobramento da axuda.

7. Na notificación de concesión da axuda informaranse os beneficiarios de que a operación se financia en virtude dun programa incluído no Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Artigo 20. Inspeccións previas

1. Persoal funcionario da Consellería do Medio Rural realizará unha inspección no campo para verificar as superficies polas que se solicita axuda, comprobar os datos da solicitude, a viabilidade dos traballos e súa compatibilidade co Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga). Esta inspección realizarase antes da resolución de aprobación. Unha diferenza superior ao 30 % entre os datos achegados coa solicitude/documentación acreditativa e as comprobacións que resulten na inspección de campo implicará a denegación da axuda. Será remitida, só no caso de minoración ou denegación, desde os servizos de montes provinciais, copia da inspección aos solicitantes das axudas.

Artigo 21. Execución dos traballos

1. O prazo para executar e xustificar as axudas concedidas nesta orde remata o 30 de xuño de 2024.

2. O custo de execución dos traballos subvencionados non pode ser superior ao valor de mercado.

3. A axuda definitiva será a resultante da comprobación final realizada por dúas persoas funcionarias da Consellería do Medio Rural, unha delas distinta das que realizaron a inspección previa.

Coa comprobación final poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente no caso de que se realizase un menor número de unidades de obra das aprobadas sempre que se acade o mínimo de actuación exixible para obter a axuda. Tamén nesa comprobación final se verificará que as actuacións realizadas son compatibles co Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga).

No que respecta ás variedades de castiñeiro de froito utilizadas nas actuacións incluídas na liña I, recollidas no artigo 7.1.a) desta orde, serán obxecto de comprobación final para determinar se se utilizan as recollidas no anexo VIII, enxertadas sobre portaenxertos híbrido resistente á tinta (Castanea x hybrida) ou castiñeiro (Castanea sativa). A comprobación incluirá o cumprimento efectivo do establecido no artigo 8.a).1.c) no que respecta ás características da planta.

4. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder a ampliación do prazo de execución establecido, que non exceda a metade del, se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como mínimo, dous meses antes de que acabe o prazo de execución. Os acordos sobre ampliación dos prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso. Os servizos de montes provinciais proporán as anteditas ampliacións á persoa titular da subdirección xeral responsable dos recursos forestais, que elevará a proposta á persoa titular da dirección xeral responsable da planificación e ordenación forestal para a súa aprobación con base nas funcións delegadas polo conselleiro responsable do medio rural para resolver.

5. Transcorrido o prazo establecido de execución sen ter presentado a xustificación dos traballos subvencionados a que se fai referencia no artigo 21.1, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días hábiles. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

6. Así mesmo, no caso de ter presentado a xustificación dos traballos subvencionados, se a persoa beneficiaria é requirida para presentar documentación adicional e non achega esa documentación no prazo establecido no requirimento perderá o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención.

7. Ata dous meses antes da data de remate dos traballos, poderase solicitar unha modificación da resolución de aprobación para reducir a superficie e/ou traballos obxecto de axuda pola aparición de circunstancias técnicas non detectadas na redacción do proxecto. A dita modificación, que poderá aprobarse logo de informe favorable do Servizo de Montes provincial, non poderá superar en ningún caso a superficie de actuación inicialmente aprobada. Para tramitar a solicitude de modificación da resolución de aprobación deberá estar asinada polo beneficiario da axuda, explicar os motivos da dita solicitude e deberá entregar un ficheiro shapefile coa nova superficie proposta, que poderá incluír parcelas Sixpac novas. No caso de non contestación á solicitude de modificación, entenderase aprobada.

Artigo 22. Xustificación dos traballos subvencionables

1. A data límite de xustificación dos traballos é a establecida no artigo 21.1, e só serán subvencionables os investimentos que se realicen e dos cales se xustifique o seu gasto (factura) e pagamento (xustificante de pagamento) con posterioridade á data da inspección previa, a que se refire o artigo 20, e como límite na data de comunicación do remate dos traballos. Polo tanto, as facturas e os xustificantes de pagamento deberán ter datas entre o día seguinte ao da inspección previa e como límite o da data de notificación de remate dos traballos, sempre que se presentasen en prazo.

2. Malia o anterior, no caso de que as persoas beneficiarias da axuda se acollan á cesión do dereito de cobramento, establecido no número 1 do artigo 83 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, considérase efectivamente pagado o gasto coa cesión do dereito de cobramento da subvención a favor dos cesionarios.

3. Xunto coa notificación de remate dos traballos (solicitude de pagamento, anexo VI), achegarase a seguinte documentación:

a) Xustificantes de gasto (facturas) e pagamento. As instrucións para a presentación dos xustificantes de gasto e de pagamento indícanse no anexo XIV. Nos xustificantes de gasto deberá figurar o número de rexistro do Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).

b) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos coas unidades desagregadas por parcelas e traballos como na resolución de aprobación.

c) Unha memoria económica xustificativa que conterá, como mínimo, os seguintes aspectos:

i) Acreditación sobre o número de unidades físicas executadas por código de parcela, de acordo coa desagregación dos traballos aprobados na resolución de concesión vixente. No caso dos propietarios particulares de xeito individual cuxa superficie de actuación sexa igual ou superior a 10 hectáreas, das CMVMC, das sociedades e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas, das cooperativas agrícolas, dos pro indivisos, dos pro indivisos legalmente constituídos dos de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío, de fabeo, das comunidades de bens e doutras persoas xurídicas, a acreditación deberá estar asinada por unha persoa titulada en enxeñaría de Montes ou enxeñaría técnica Forestal, ou titulada universitaria de grao ou posgrao en materia forestal.

ii) Contía da subvención calculada sobre a base das actividades cuantificadas na memoria de actuación e os valores máximos das unidades de obra previstos no anexo X.

iii) Un detalle doutros ingresos ou axudas que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do importe e a súa procedencia e co balance final do proxecto (ingresos e gastos), en que deberá figurar a sinatura do solicitante ou representante da axuda.

d) Arquivo gráfico (medición con GPS) en formato dixital SHP ou similar coa superficie afectada polos traballos subvencionados, coas mesmas características que o ficheiro que figura no anexo XIII.

e) Respecto do material vexetal de reprodución empregado:

i) No caso de planta de castiñeiro para froito: deberán observar o disposto no Real decreto 929/1995, do 9 de xuño, polo que se aproba o Regulamento técnico de control e certificación de plantas de viveiro de froiteiras e modificacións posteriores, e o resto da normativa relacionada tanto na produción de materiais vexetais de reprodución como na sanidade vexetal en xeral.

ii) En todos os casos: pasaporte fitosanitario.

f) Certificado final de obra emitido polo director de obra, excepto no caso de propietarios particulares de xeito individual con superficie de actuación inferior a 10 hectáreas, en que figure unha relación valorada dos traballos executados.

g) Só no caso de CMVMC, xustificación do cumprimento da obriga de comunicación establecida no artigo 125.7 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, tendo en conta que as cotas mínimas de reinvestimento das CMVMC serán do 40 % de todos os ingresos xerados.

h) No caso de cesión do dereito de cobramento da axuda cun terceiro:

i) Comunicación do dereito de cobramento, conforme o modelo que figura no anexo VII desta orde. No caso de que o cesionario do dereito de cobramento sexa unha CMVMC, o devandito anexo asinarao o presidente da CMVMC en nome da comunidade, pero deberá constar o certificado do secretario da comunidade no cal indique que a asemblea xeral autorizou, expresamente, o presidente a asinar a dita cesión de cobramento.

ii) Copia do documento público ou privado no cal se formalizou a cesión. No caso de documento privado este deberá estar asinado electronicamente. No caso de documento público xustificación da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais de actos xurídicos documentados (ITPAXD).

iii) Copia do DNI/NIF/NIE en vigor da persoa cesionaria, só no caso de denegar expresamente a súa verificación.

iv) Copia do NIF en vigor da entidade cesionaria, excepto autorización para a súa obtención á Administración.

Artigo 23. Revogacións e reintegros

1. A axuda reintegrarase, se for o caso, total ou parcialmente, se se dá algún dos seguintes supostos:

a) Se se dá algunha das causas de reintegro sinaladas no artigo 33 la Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Incumprimento da finalidade para a cal foi concedida a subvención.

c) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

d) Execución de menos do 80 % do importe aprobado, unha vez realizada a certificación final, sen autorización ou causa xustificada excepcional ou de forza maior. Para estes efectos considéranse causas excepcionais ou de forza maior o falecemento da persoa beneficiaria, a incapacidade laboral de longa duración da persoa beneficiaria, unha catástrofe grave que afecte gravemente a explotación forestal, unha enfermidade vexetal que afecte unha parte ou a totalidade da masa arbórea da persoa beneficiaria, ou a expropiación da totalidade ou dunha parte importante da explotación forestal, se esta expropiación non era previsible o día en que se presentou a solicitude.

e) Incumprimento dos prazos para realizar os traballos subvencionados fixados na notificación de aprobación do expediente ou, se é o caso, da prórroga concedida.

f) Modificacións graves das accións previstas, de forma que desvirtúen os obxectivos descritos nesta orde.

g) Incumprimento do ditado en calquera dos artigos desta orde que implique obrigas por parte do beneficiario.

Nestes supostos, a consellería reclamará directamente a devolución das cantidades aboadas en concepto de axudas e os xuros de demora, que se calcularán conforme a normativa vixente, en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non se poderá fixar en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución, sen prexuízo das responsabilidades que procedesen.

Se se descobre que un beneficiario efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de axuda de que se trate quedará excluído da axuda do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU e recuperaranse todos os importes que fosen aboados polo dito expediente. Ademais, o beneficiario quedará excluído destas axudas durante o ano natural en que se detectou a irregularidade e durante o ano natural seguinte.

Os beneficiarios desta convocatoria de axudas que non executen as accións previstas, salvo renuncia do beneficiario por forza maior, quedarán excluídos das próximas dúas convocatorias de axuda.

h) Así mesmo, se no caso de que nos controis administrativos sobre a solicitude de pagamento, controis sobre o terreo e a posteriori nos cinco anos posteriores ao pagamento da axuda se verifica que non se cumpren as condicións para obter a puntuación aplicada na concorrencia competitiva para a aprobación dos expedientes e non se acada a puntuación mínima exixida para esa aprobación, suporá un incumprimento dos compromisos da aprobación e, igualmente, levará como consecuencia a perda do dereito ou o reintegro da axuda.

2. Naqueles supostos en que o importe das subvencións recibidas polo beneficiario exceda os custos da actividade, solicitarase a devolución da cantidade percibida que exceda o custo real da actividade.

3. No caso de pagamento indebido, o beneficiario quedará obrigado a reembolsar o importe en cuestión, ao cal se engadirán, de ser o caso, os xuros conforme o disposto no artigo 7 do Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014. Os xuros calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario, indicado na orde de recuperación, que non poderá superar os 60 días, e a data de reembolso ou dedución.

Artigo 24. Controis e loita contra a fraude

1. Os beneficiarios destas subvencións someteranse ás actuacións de control que realice a Consellería do Medio Rural para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, á autoridade de control e aos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e ás verificacións do artigo 22 do Regulamento (CE) nº 241/2021 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece Mecanismo de recuperación e resiliencia (DOUE do 18 de febreiro).

2. Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación cos proxectos financiados con cargo a fondos procedentes da Unión Europea, como é o caso, poderá pór os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) da Intervención Xeral da Administración do Estado, nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, do citado servizo, a través da canle habilitada na web https://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf. Sen prexuízo disto, tamén poderá empregar a canle de denuncias sobre irregularidades ou condutas de fraude que terá a súa sede no Sistema integrado de atención á cidadanía (SIACI) (https://www.xunta.gal/sistema-integrado-de-atencion-a-cidadania?langId=gl_ES).

3. No control e loita contra a fraude, a Consellería do Medio Rural actuará de conformidade co establecido no seu Plan específico de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude.

Artigo 25. Financiamento

1. As accións previstas nesta orde financiaranse nos exercicios 2023 e 2024 con cargo aos seguintes códigos de proxecto:

a) 14.03.713B.770.0 2022 00139, excepto para entidades locais, por un importe de 3.406.748 euros distribuídos do seguinte xeito:

– 340.674,80 euros para o ano 2023.

– 3.066.073,20 euros para o ano 2024.

Segundo as liñas definidas, o crédito distribúese do seguinte xeito:

– Actuacións incluídas no artigo 7.1.a) (liña I: fomento de plantacións de castiñeiro para froito): 119.236,18 euros para 2023 e 1.073.125,62 euros para 2024.

– Actuacións incluídas no artigo 7.1.b) (liña II: rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros): 221.438,62 euros para 2023 e 1.992.947,58 euros para 2024.

No caso de que, unha vez priorizados os expedientes solicitados, non se consuma a totalidade do importe establecido pola distribución de crédito arriba indicada para as liñas I e II, os importes sobrantes pasarán a financiar a outra liña (a I ou a II, segundo corresponda) para facer fronte aos expedientes solicitados.

b) 14.03.713B.760.0 2022 00139, só para entidades locais, por un importe de 180.000 euros distribuídos do seguinte xeito:

– 18.000,00 euros para o ano 2023.

– 162.000,00 euros para o ano 2024.

Segundo as liñas definidas, o crédito distribúese do seguinte xeito:

– Actuacións incluídas no artigo 7.1.a) (liña I: fomento de plantacións de castiñeiro para froito): 6.300,00 euros para 2023 e 56.700,00 euros para 2024.

– Actuacións incluídas no artigo 7.1.b) (liña II: rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros): 11.700,00 euros para 2023 e 105.300,00 para 2024.

No caso de que, unha vez priorizados os expedientes solicitados, non se consuma a totalidade do importe establecido pola distribución de crédito arriba indicada para as liñas I e II, os importes sobrantes pasarán a financiar a outra liña (a I ou a II, segundo corresponda) para facer fronte aos expedientes solicitados.

2. Esta orde tramítase mediante tramitación anticipada de gasto, conforme o establecido no artigo 67 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.

3. Este orzamento pode verse incrementado con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias. A Consellería do Medio Rural poderá aumentar o orzamento dispoñible para o financiamento desta orde, cando o incremento derive:

a) Dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) Da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, unha vez aprobada a modificación orzamentaria que proceda.

4. Estas axudas financiaranse con cargo aos fondos asignados ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

5. A distribución de fondos e aplicacións orzamentarias sinalados son unha previsión que, de acordo co artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se deberá axustar, tras a valoración das solicitudes para adecuarse á proposta elaborada pola subdirección xeral responsable dos recursos forestais recollida no artigo 18.6 da orde. Será posible incluso a incorporación de novas aplicacións sen incrementar o crédito total, tendo en conta a natureza xurídica das entidades beneficiarias.

Artigo 26. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 27. Alteración de condicións

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, para a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 28. Obrigas

1. As persoas beneficiarias da axuda e o solicitante están obrigadas a someterse ás actuacións de comprobación e control que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de control, así como ás comprobacións da Comisión Europea, da Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF), do Tribunal de Contas da Unión Europea, se é o caso, á Fiscalía Europea, e aos controis derivados do Plan nacional de recuperación, transformación e resiliencia, que se realicen a través de autoridades nacionais ou europeas, facilitando canta información e documentación lles sexa requirida.

2. O beneficiario está obrigado a someterse a calquera actuación que a Administración concedente poida realizar para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión.

3. No caso de achado casual de obxectos e restos materiais que posúan valores que son propios do patrimonio cultural galego, o descubridor deberá comunicarllo inmediatamente á consellería competente en materia de cultura, de conformidade coa Lei 5/2016, do 4 de maio, pola que se regula o patrimonio cultural de Galicia.

4. As actuacións na zona lateral de protección do Camiño de Santiago serán comunicadas polo solicitante á consellería competente en materia de cultura, co obxecto de contar coa súa autorización previa, de conformidade coa Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

5. No caso da liña I, de acordo co indicado nesta orde, durante cinco (5) anos, contados a partir da data de remate dos traballos, realizarase obrigatoriamente, como mínimo, o control da vexetación de competencia e a reposición de calvas e, no caso de que o estado da forestación o requira:

a) Podas de formación e de calidade.

b) Fertilización cando o estado da planta o demande.

c) Achega de recursos hídricos de xeito puntual por planta cando o estado da planta o demande e, especificamente, para garantir a supervivencia da planta posterior á plantación, empregando medios que non supoñan a implantación de infraestruturas permanentes de rega.

6. De conformidade co artigo 22.2.f) do Regulamento (UE) nº 2021/241, é preceptiva a conservación da documentación xustificativa da aplicación dos fondos recibidos durante un período de 5 anos a partir do pagamento do saldo ou, na falta deste pagamento, da operación. Este período será de 3 anos se o financiamento é dun importe inferior ou igual a 60.000 euros.

7. Os beneficiarios desta orde comprométense a cumprir co principio horizontal de «non causar prexuízo significativo» (Do no significant harm, DNSH), definido no artigo 2.6) do Regulamento (UE) nº 2021/241, respecto dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 5 da Orde HFP/1030/2021 e definidos no Regulamento (UE) nº 2020/852 (Regulamento de taxonomía da UE):

a) Mitigación do cambio climático.

b) Adaptación ao cambio climático.

c) Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.

d) Transición cara a unha economía circular.

e) Prevención e control da contaminación.

f) Protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas.

8. Tal e como se recolle no punto 13 do artigo 11 da presente orde, as axudas estarán vinculadas á consecución dos obxectivos que se perseguen e, polo tanto, tal e como ser recolle punto 14 do devandito artigo, será necesario que as persoas beneficiarias acrediten a consecución dos obxectivos asociados ás actuacións mediante a cuantificación de indicadores e medicións.

Artigo 29. Medidas informativas e publicitarias

1. Nos instrumentos de información e difusión que utilice a Consellería do Medio Rural aplicaranse as obrigas de comunicación, logos e emblema exixidos no artigo 9 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR.

2. Os beneficiarios desta orde de axudas farán mención da orixe deste financiamento e velarán por darlle visibilidade, incluído, cando proceda, mediante o emblema da Unión e unha declaración de financiamento axeitado que indique «Financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU», en particular cando promovan as accións e os seus resultados, facilitando información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público.

3. En todos os proxectos deberá exhibirse de forma correcta e destacada o emblema da UE cunha declaración de financiamento axeitado que diga «Financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU», xunto ao logo do PRTR, dispoñible na ligazón https://planderecuperacion.gob.es/identidad-visual

Durante a realización da operación, o beneficiario informará o público da axuda obtida do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, exhibindo un panel de tamaño A3 (297x420 mm), segundo o modelo que se recolle no anexo XII, en lugar ben visible, que fará referencia clara e inequívoca á axuda concedida, con expresión dos datos identificativos desta orde, acompañados polo logotipo oficial da Xunta de Galicia, o logotipo da Consellería do Medio Rural, o logotipo do Xacobeo 21-22 e o emblema da UE, cunha declaración de financiamento adecuado que diga «financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU», xunto ao logo do PRTR, dispoñible na ligazón https://planderecuperacion.gob.es/identidad-visual

Este panel deberá manterse durante todo o período de mantemento do investimento.

4. Cando a beneficiaria dispoña dun sitio web para uso profesional, deberá incluír neste unha breve descrición da operación cando poida establecerse un vínculo entre o obxecto do sitio web e a axuda prestada á operación, cos seus obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión.

Artigo 30. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Disposición adicional primeira

As axudas concedidas nesta orde son incompatibles coas axudas para o cesamento anticipado da actividade agraria e con calquera outra axuda sobre a mesma superficie.

Disposición adicional segunda

1. As axudas a persoas física e xurídicas que realicen actividades económicas que se poidan conceder ao abeiro da presente orde sométense ao réxime de minimis, Regulamento (UE) nº nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L352/1, do 24.12.2013), polo que cada persoa beneficiaria non poderá recibir máis de 200.000 euros de axudas sometidas ao antedito réxime, durante calquera período de tres exercicios fiscais.

2. Para tal efecto, as posibles persoas beneficiarias indicadas nos números 1 e 2 do artigo 5 da presente orde, que sexan persoas físicas ou xurídicas que realicen actividades económicas, deberán xuntar, coa súa solicitude, declaración sobre calquera outra axuda sometida ao devandito réxime de minimis recibida nos dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio en curso.

3. Na resolución de concesión farase constar o importe da axuda, expresado en equivalente bruto de subvención, así como a súa natureza de minimis, segundo o Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013.

Disposición adicional terceira

No non previsto nesta orde observarase o disposto no Regulamento (UE) nº 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro de 2020, polo que se establece un instrumento de recuperación da UE para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19; no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia; no Regulamento (UE, Euratom) nº 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1296/2013, (UE) nº 1301/2013, (UE) nº 1303/2013, (UE) nº 1304/2013, (UE) nº 1309/2013, (UE) nº 1316/2013, (UE) nº 223/2014 e (UE) nº 283/2014 e a Decisión nº 541/2014/UE e polo que se derroga o Regulamento (UE, Euratom) nº 966/2012; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do PRTR; na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR; na Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información que deben proporcionar as entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do PRTR; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

Disposición adicional cuarta

De conformidade co establecido nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 130/2019, do 8 de marzo, polo que se regula a Base de datos nacional de subvencións e a publicidade das subvencións e demais axudas, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional quinta

De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Disposición derradeira primeira

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal para que dite, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para a aplicación ou o cumprimento do establecido nesta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2022

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VIII

Especies que se plantarán

Liña I: fomento de plantacións de castiñeiro para froito

B28

Castiñeiro enxertado sobre Castanea sativa Mill. ou Castanea X hybrida (resistente á tinta) (enxerto das variedades Amarelante, de Parede, Famosa, Garrida, Longal, Luguesa, Negral, Ventura e Xudía; como polinizadoras: Negral, Picona e Rapada)

ANEXO IX

Valores máximos atendibles por actuación e unidades de obra

Liña I: fomento de plantacións de castiñeiro para froito

1. Tratamento da vexetación preexistente.

Concepto

Importe

Nº de clave

ha de roza mecanizada

474,76

2

Importes en euros.

2. Preparación previa do terreo.

Concepto

Importe

Nº de clave

Unidade aburatamento de 60 cm×60 cm×60 cm mecanizado con escavadora

1,06

18

ha de gradadura pesada

424,25

96

ha de preparación do solo con subsolaxe simple con profundidade mínima de 50 cm e cun rípper

345,13

10

Importes en euros.

3. Adquisición de planta.

Concepto

Importe

Nº de clave

Unidade adquisición planta castiñeiro sativa ou híbrido (maior de 0,5 m) planta cun sistema radicular ben desenvolvido e equilibrado coa parte aérea, para produción de froito, enxertado cunha das variedades das sinaladas no punto 7.1.a) desta orde

15,00

97

Importes en euros.

4. Protección da planta mediante protectores e titores.

Concepto

Importe

Nº de clave

Unidade de protector de planta, incluso colocado

1,53

41

Unidade de titor para castiñeiro para froito, incluso colocado

0,80

87

Importes en euros.

5. Implantación vexetal.

Concepto

Importe

Nº de clave

Unidade plantación manual dunha planta de castiñeiro híbrido resistente/sativa de enxertado sobre aburatamento

0,66

17

Importes en euros.

6. Emenda calcaria, fertilización e achega de recursos hídricos de xeito puntual.

Concepto

Importe

Nº de clave

ha de emenda calcaria (inclúe cal e man de obra) cunha dose de 3.000 kg/ha

333,91

98

ha de fertilización (inclúe fertilizante e man de obra)

227,71

19

Unidade de achega de recursos hídricos de xeito puntual por planta para garantir a supervivencia da planta posterior á plantación

10,00

99

Importes en euros.

7. Espedrado, sementeira de especies herbáceas e pase de rolo.

Concepto

Importe

Nº de clave

ha de espedrado, terreo de cultivo, con angazo 10-12 dentes

363,46

100

ha sementeira especies herbáceas en pasteiro 40 kg/ha

338,12

102

ha de pase de rolo

78,98

101

Importes en euros

8. Infraestruturas de acompañamento das plantacións que se realicen ao abeiro desta orde.

Concepto

Importe

Nº de clave

Metro lineal de peche mediante poste de madeira tratada de 6-8 cm de diámetro e 2 m de altura cada 5 m e malla cinexética

7,58

15

Importes en euros.

9. Outras actuacións subvencionables.

Concepto

Importe

Nº de clave

Tope €/ha proxecto

47,85

89 (P)

Unidade de panel identificativo

50,00

51

Importes en euros.

ANEXO IX

Valores máximos atendibles por actuación e unidades de obra

Liña II: rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiro cunha densidade mínima de 50 pés/ha

1. Rozas en soutos tradicionais de casteiñeiro.

Concepto

Importe

Nº de clave

ha de roza manual

1.195,84

1

ha de roza mecanizada

515,16

2

Importes en euros.

2. Aumento da densidade dos soutos mediante a plantación de castiñeiro híbrido resistente á tinta.

Concepto

Importe

Nº de clave

Apertura manual dun burato de 40 cm × 40 cm con profundidade mínima de 40 cm

1,10

63

Unidade adquisición planta castiñeiro sativa ou híbrido (maior de 0,5 m) planta cun sistema radicular ben desenvolvido e equilibrado coa parte aérea, para produción de froito, enxertado cunha das variedades das sinaladas no punto 7.1.a) desta orde

15,00

64

Unidade de protector de planta, incluso colocado

1,53

41

Unidade de titor para castiñeiro para froito incluso colocado

0,80

87

Unidade plantación manual dunha planta de castiñeiro híbrido resistente/sativa de enxertado sobre aburatamento

0,66

17

Importes en euro.

3. Eliminación de abrochos secundarios ou chupóns

Concepto

Importe

Nº de clave

ha de eliminación de abrochos secundarios ou chupóns en soutos de castiñeiros

694,87

18

Importes en euros.

4. Rareos

Concepto

Importe

Nº de clave

ha de rareos en soutos de castiñeiros

837,09

20

Importes en euros.

5. Emenda calcaria e fertilización.

Concepto

Importe

Nº de clave

ha de emenda calcaria (inclúe cal e man de obra) cunha dose de 3.000 kg/ha

333,91

21

ha de fertilización (inclúe fertilizante e man de obra)

227,71

19

Importes en euros.

6. Gradadura, espedrado, sementeira de especies herbáceas e pase de rolo.

Concepto

Importe

Nº de clave

ha de gradadura pesado

424,25

22

ha de espedrado, con angazo 10-12 dentes

363,46

100

ha sementeira especies herbáceas en pasteiros 40 kg/ha

338,12

23

ha pase de rolo

78,98

101

Importes en euros.

7. Infraestruturas de acompañamento e outras accións incluíbles na rexeneración e/ou mellora.

Concepto

Importe

Nº de clave

Metro lineal de peche mediante poste de madeira tratada de 6-8 cm de diámetro e 2 m de altura cada 5 m e malla cinexética

7,58

15

Unidade de panel identificativo

50,00

51

Importes en euros.

8. Outras actuacións subvencionables.

Concepto

Importe

Nº de clave

Tope €/ha proxecto

47,85

89 (P)

ANEXO X

Limitacións de uso e condicións técnicas mínimas dos traballos

Liña I: fomento de plantacións de castiñeiro para froito

Concepto

Condicións técnicas mínimas que deben cumprir os traballos

Condicións da superficie de actuación

Non asolagado e ben drenado.

Profundidade do solo superior a 0,6 metros.

Non pedregoso e pH axeitado para o obxecto da plantación.

Solo rico en nutrientes e materia orgánica.

Altitude, exposición e pendente axeitadas para o obxecto da plantación.

O cumprimento das condicións será certificado por persoa técnica competente mediante certificación que deberá acompañar ao proxecto técnico.

Roza mecánica

A altura do mato unha vez rozado non superará os 10 cm.

Traballos de preparación do terreo

Marco de plantación:

– Máximo: 14×14-Densidade mínima: 50 plantas/ha.

– Mínimo: 10×10-Densidade máxima: 100 plantas/ha.

Aburatamento con retroescavadora ou con rípper modificado.

Dimensións mínimas do burato: 0,60×0,60×0,60 metros cúbicos.

Gradadura con grade pesada.

Subsolaxe simple con profundidade mínima de 50 cm e cun rípper.

Planta portaenxertos

Recomendacións:

En altitudes ata 550 m: Castanea X hybrida (resistente á tinta).

En altitudes superiores a 550 m: Castanea sativa Mill.

Variedades de planta enxertada que se van empregar

Amarelante, De parede, Famosa, Garrida, Longal, Luguesa, Negral, Ventura e Xudía; como polinizadores: Negral, Picona e Rapada.

Limitacións de uso e outras condicións técnicas mínimas dos traballos.

Traballo

Limitacións de uso

Condicións técnicas mínimas que deben
cumprir os traballos

Fertilización completa

Realizarase con fertilizantes CEE o UE, de aplicación localizada e liberación lenta, adaptados ás características edafolóxicas da zona de plantación, co fin de evitar a contaminación dos acuíferos.

Os fertilizantes poderán aplicarse en forma de pastillas ou cápsulas resinadas.

Achega de recursos hídricos

Achega de recursos hídricos de xeito puntual por planta cando o estado da planta o demande, e especificamente para garantir a supervivencia da planta posterior á plantación, empregando medios que non supoñan a implantación de infraestruturas permanentes de rega.

Peche

Xustificación técnica da súa necesidade.

Peche perimetral que garantirá a protección efectiva dunha área concreta ou de toda a superficie de actuación, coas condicións do artigo 6.3.c) e d).

Liña II: rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiro cunha densidade mínima de 50 pés/ha

Concepto

Condicións técnicas mínimas que deben cumprir os traballos

Eliminación de restos

Unha vez rematados os traballos é obrigatoria a extracción ou o triturado dos restos que se obteñan coma consecuencia do tratamento.

Espedrado

O espedrado executado deberá permitir a recollida mecanizada do froito.

Roza

As rozas serán selectivas e afectarán preferentemente as especies heliófilas ou cuxo excesivo desenvolvemento poida comprometer a viabilidade das árbores ou a biodiversidade das especies de subsolo do souto. Ademais, priorizarase a eliminación de eucalipto (Eucalyptus sp.), acacia negra (Acacia melanoxylon), mimosa (Acacia dealbata) falsa acacia (Robinia pseudoacacia) e piñeiro (Pinus sp.).

Eliminación de abrochos secundarios ou chupóns

O diámetro mínimo dos abrochos que quedan unha vez feita a eliminación será de 5 cm. Deixarase como máximo unha vez feito o tratamento un máximo de 6 abrochos por cepa.

Fertilización completa

Realizarase con fertilizantes CEE o UE, de aplicación localizada e liberación lenta, adaptados ás características edafolóxicas da zona de plantación, co fin de evitar a contaminación dos acuíferos.

Os fertilizantes poderán aplicarse en forma de pastillas ou cápsulas resinadas.

Gradadura

A gradadura levarase a cabo con grade semipesada.

Sementeira

A sementeira levarase a cabo con especies gramíneas pratenses cunha dose de 40 kg/ha.

Pase de rolo

O pase de rolo será obrigado en caso de que se solicite a actuación de sementeira con especies de gramíneas pratenses

Peche

Xustificación técnica da súa necesidade

Peche perimetral que garantirá a protección efectiva dunha área concreta ou de toda a superficie de actuación, coas condicións do artigo 6.3.c) e d).

ANEXO XI

Instrucións de remisión da información do proxecto en soporte dixital e vectorial

Instrucións de remisión da información do proxecto en soporte

1. Consonte o artigo 15.1.a.3), as persoas solicitantes, agás as persoas propietarias particulares de xeito individual cunha superficie de actuación menor a 10 hectáreas, deberán achegar, entre outra documentación, o proxecto, no cal ademais dos planos, en que se incluirá a cartografía de acordo co establecido nese artigo, terán que aparecer na correspondente táboa de atributos os datos de tipo e superficie de actuación de cada recinto.

2. E co fin de asegurar unha homoxeneidade na información vectorial subministrada, detállase a continuación o modelo de datos e codificación alfanumérica das entidades vectoriais (polígonos) que deberán figurar nos arquivos que se van entregar:

Formato: shapefile (a información subministrarase nos arquivos que compoñen o formato shapefile). Ademais é necesario o arquivo coa extensión «prj», coa información do sistema de referencia, que se comprobará para ver que se corresponde co ETRS89 en coordenadas UTM sobre o fuso 29N (EPSG 25829).

Nome do arquivo: coincidente co código completo do expediente de axudas coa separación do ano mediante guión baixo (nos arquivos shapefile) no caso de non ter o número de expediente de axudas poñerase o NIF do solicitante, sen letra e o ano. Exemplo: 17150001_2023/ 99999999_2023.

Datum e proxección: ETRS89 en coordenadas UTM sobre o fuso 29N (EPSG 25829).

Sixpac: no proxecto técnico indicarase o ano do Sixpac respecto do cal se toman os datos que figuran no proxecto: 2022,...

Información alfanumérica asociada ás entidades vectoriais:

Táboa 1: descrición detallada da información alfanumérica asociada
ás entidades vectoriais

Nome do campo

Características

Observacións

Cod

Numérico enteiro (curto) de tres caracteres

Serán números correlativos comezando polo 1.

Sub_Cod

Numérico enteiro (curto) de tres caracteres

Segundo os subrecintos en que se divida un recinto ao ter diferentes tipos de traballo. Serán: 0→ningún, 1→un, 2→dous,...

Cod_exp

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de 13 caracteres

Código completo do expediente de axudas (ou do NIF se non hai número de expediente). Exemplo: 17150001_2023 (co guión baixo)/33333333_2023.

Prov

Numérico enteiro (curto) de dous caracteres

Segundo o Sixpac. Exemplo: provincia A Coruña→15.

Conc

Numérico enteiro (longo) de cinco caracteres

Segundo o Sixpac. Lémbrase que deberá ser «prov+conc». Exemplo: provincia A Coruña (15), concello Carballo (19)→15019

Agreg

Numérico enteiro (curto) de tres caracteres

Segundo o Sixpac.

Zona

Numérico enteiro (curto) de tres caracteres

Segundo o Sixpac.

Polig

Numérico enteiro (longo) de seis caracteres

Segundo o Sixpac.

Parc

Numérico enteiro (longo) de seis caracteres

Segundo o Sixpac.

Recin

Numérico enteiro (longo) de seis caracteres

Segundo o Sixpac.

REFCAT

Alfanumérico (texto/cadea caracteres/string) de 14 caracteres

Código da referencia catastral obtido da sede electrónica do Catastro.

Sup_Tot

Numérico (dobre) de dez caracteres con 2 decimais

Superficie total do recinto segundo o Sixpac, en hectáreas redondeadas a dous decimais.

Uso

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de 3 caracteres

Segundo o Sixpac, en maiúsculas (FO, PR, PA,...).

Sup_Act

Numérico (dobre) de dez caracteres e ata 2 decimais

Superficie de actuación no recinto, que deberá coincidir coa súa intersección co Sixpac, en hectáreas redondeadas a dous decimais.

Act

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de 40 caracteres

Código segundo o cadro adxunto.

Incluiranse todas as unidades de obra que se van facer no recinto. No caso de ser varias, separaranse os códigos mediante un guión medio (-) sen espazos e a serie comezará co código menor de forma ascendente ata o código maior.

Cod_sp

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de 3 caracteres

Código segundo o anexo VIII da orde.

Mouteira

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de 3 caracteres

Identificación da mouteira a que pertence o recinto: 1, 2,... (posibilidade de incluír letras, nunca acentuadas).

Nos casos en que non exista valor para o campo poñerase «0» ou «---», sempre que o admita.

No caso de proxecto de ordenación autorizado e inscrito en Xorfor, deberán engadirse os seguintes campos:

– Campo [GeoUA] (formato texto, 20)→Código resultante da concatenación dos campos [IDXF] , código do instrumento de Xorfor co formato PO00000111X, [Cuartel], [UO] unidade de ordenación, e [UA] unidade de actuación; da capa do plan especial cargado en Xorfor.

– Campo [SupGeoUA] (formato numérico, 10,6)→Superficie da unidade de actuación da capa do plan especial cargado en Xorfor en hectáreas

Táboa de codificación do campo Act (unidades de obra):

Código

Categoría

Descrición unidade obra

Uds.

F2

Tratamento da vexetación preexistente en plantacións de castiñeiro para froito

ha de roza mecanizada.

Número

F18

Preparación previa do terro en plantacións de castiñeiro para froito

Unidade aburatamento de 60 cm×60 cm×60 cm mecanizado con escavadora.

Número

F96

ha de gradadura pesada.

Número

F10

ha de preparación do solo con subsolaxe simple con profundidade mínima de 50 cm e cun rípper.

Número

F97

Adquisición de planta

Unidade adquisición planta castiñeiro sativa ou híbrido (maior de 0,5 m) planta cun sistema radicular ben desenvolvido e equilibrado coa parte aérea, para produción de froito, enxertado cunha das variedades das sinaladas no punto 7.1.a) desta orde.

Número

F41

Protección da planta mediante protectores e titores

Unidade de protector de planta, incluso colocado.

Número

F87

Unidade de titor para castiñeiro para froito, incluso colocado.

Número

F17

Implantación vexetal

Unidade plantación manual dunha planta de castiñeiro híbrido resistente/sativa de enxertado sobre aburatamento.

Número

F98

Emenda calcaria, fertilización e achega de recursos hídricos de xeito puntual

ha de emenda calcaria (inclúe cal e man de obra) cunha dose de 3.000 kg/ha.

Número

F19

ha de fertilización (inclúe fertilizante e man de obra).

Número

F99

Unidade de achega de recursos hídricos de xeito puntual por planta para garantir a supervivencia da planta posterior á plantación.

Número

F100

Espedredado, sementeira de especies herbáceas e pase de rolo

ha de espedrado, terreo de cultivo, con angazo 10-12 dentes.

Número

F102

ha sementado especies herbáceas en pasteiros 40 kg/ha.

Número

F101

ha de pase de rolo.

Número

M15

Infraestruturas de acompañamento das plantacións que se realicen ao abeiro desta orde

Metro lineal de peche mediante poste de madeira tratada de 6-8 cm de diámetro e 2 m de altura cada 5 m e malla cinexética.

Número

P89

Outras actuacións subvencionables

Tope €/ha proxecto.

Número

M51

Unidade de panel identificativo.

Número

C1

Rozas en soutos tradicionais de castiñeiro

ha de roza manual.

Número

C2

ha de roza mecanizada.

Número

M63

Aumento da densidade dos soutos mediante a plantación de castiñeiro híbrido resistente á tinta

Apertura manual dun burato de 40 cm × 40 cm con profundidade mínima de 40 cm.

Número

M64

Unidade adquisición planta castiñeiro sativa ou híbrido (maior de 0,5 m) planta cun sistema radicular ben desenvolvido e equilibrado coa parte aérea, para produción de froito, enxertado cunha das variedades das sinaladas no punto 7.1.a) desta orde.

Número

C41

Unidade de protector de planta, incluso colocado.

Número

C87

Unidade de titor para castiñeiro para froito incluso colocado.

Número

C17

Unidade plantación manual dunha planta de castiñeiro híbrido resistente/sativa de enxertado sobre aburatamento.

Número

C18

Eliminación de abrochos secundarios ou chupóns

ha de eliminación de abrochos secundarios ou chupóns en soutos de castiñeiros.

Número

C20

Rareos

ha de rareos en soutos de castiñeiros.

Número

C21

Emenda calcaria e fertilización

ha de emenda calcaria (inclúe cal e man de obra) cunha dose de 3.000 kg/ha.

Número

C19

ha de fertilización (inclúe fertilizante e man de obra).

Número

C22

Gradadura, espedrado, sementeira de especies herbáceas e pase de rolo

ha de gradadura pesada.

Número

C100

ha de espedrado, con angazo 10-12 dentes.

Número

C23

ha sementado especies herbáceas en pasteiro 40 kg/ha.

Número

C101

ha pase de rolo.

Número

M15

Infraestruturas de acompañamento e outras accións incluíbles na rexeneración e/ou mellora

Metro lineal de peche mediante poste de madeira tratada de 6-8 cm de diámetro e 2 m de altura cada 5 m e malla cinexética.

Número

M51

Unidade de panel identificativo.

Número

P89

Outras actuacións subvencionables

Tope €/ha proxecto.

Número

O panel e as infraestruturas lineais (peche e arranxo pista) non ocupan rexistros propios, van na parcela correspondente, xunto coas unidades de superficie de actuación.

A continuación, xúntase exemplo ilustrativo da información alfanumérica asociada ás entidades vectoriais (polígonos):

Cod

Sub_Cod

Cod_exp

Prov

Conc

Agreg

Zona

Políg

Parc

Recin

Sup_tot

Uso

Sup_Act

Act

Cod_esp

Mouteira

1

1

17150150_2023

15

15026

0

0

25

125

3

7,78

FO

1,3

F2-F18-F41-F87

B28

1

1

2

17150150_2023

15

15026

0

0

25

125

3

7,78

FO

0,1

F2- F17-F18-F41-F87

B28

1

A información do campo «Sup_Act», resultante do cruzamento co Sixpac do ano 2022 que debe facer o solicitante, deberá ser plenamente coincidente cos datos da solicitude. No campo «Act» deberán poñerse todas as actuacións que se leven a cabo nesa superficie. O «panel», adxudicarase ao mesmo recinto que no proxecto.

Na táboa «csv» seguinte deberá aparecer na columna «uds» o seu valor correspondente en metros ou quilómetro, segundo o caso, da mesma maneira que outras unidades de obra coma a planta ou o panel.

A maiores do anterior, deberase presentar tamén un arquivo en formato «csv» (campos separados por punto e coma) cuxo nome sexa o código completo do expediente coa separación do ano mediante guión baixo) no caso de non ter o número de expediente de axudas poñerase o NIF do solicitante e o nome (17150001_2023.csv/77777777_2023.csv, da mesma maneira que os outros arquivos xa vistos), coa seguinte estrutura:

Cod.

Cod_Act.

Uds.

Custo/ud. (sen IVE)

Imp. total (sen IVE)

1

F2

1,4

474,76

664,66

1

F17

5

1

F18

70

1

F41

70

1

F87

70

O custo/ud. non poderá superar o recollido no anexo IX da orde para cada unidade de obra.

O código da actuación será o recollido na táboa xa vista.

As unidades superficiais, irán en hectáreas redondeadas a dous decimais, separados usando (,), non punto (.), e corresponderanse coas que se van facer no recinto do arquivo «shapefile» presentado (O campo «Cod» é o mesmo). En cada liña da táboa para un mesmo «Cod» só pode ir unha actuación.

O resto de datos numéricos (importes) redondearanse tamén a dous decimais, separados usando (,), non punto (.) e non deberán ter separador de millares. Deberán ser valores, non fórmulas. É dicir, que se son produto dun cálculo mediante unha fórmula, deberán copiarse e pegarse (pegado especial...) sobre a mesma cela como «valores».

A orde das columnas na táboa é moi importante para o tratamento dos datos, polo que non se poderá variar. As liñas deberán vir ordenadas polo seu «Cod» de menor a maior. No caso de non axustarse ao pedido, non se poderán cargar os datos de maneira automática no programa de xestión informática das axudas forestais e, polo tanto, tampouco poderá continuarse coa tramitación do expediente.

ANEXO XII

Paneis e placas

missing image file

Nota: o logotipo da empresa executora pódese incluír pero non pode estar ao carón do logo da Unión Europea.

Dimensións aproximadas do panel: A3 (altura 297 mm, longo 420 mm).

Ten que localizarse nun lugar visible durante todo o período de mantemento do investimento.

Publicación en medios de comunicación ou soporte dixital.

1. No suposto de publicidade en medios de comunicación deberá incluírse o emblema oficial da Xunta de Galicia, o logotipo da Consellería do Medio Rural, o emblema da UE cunha declaración de financiamento adecuado que diga «Financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU», o emblema do Goberno de España, o logotipo do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e o logo do PRTR, dispoñible na ligazón https://planderecuperacion.gob.es/identidad-visual

2. En sitios web para uso profesional, deberase incluír neste unha breve descrición da operación cando poida establecerse un vínculo entre o obxecto do sitio web e a axuda prestada á operación, cos seus obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión Europea.

No caso de encontrarse en óptimas condicións de mantemento, o panel temporal poderá ser utilizado como placa permanente.

No caso de investimentos en infraestruturas, tales como camiños, operacións de reestruturación parcelaria ou, en xeral, actuacións que abranguen unha grande área territorial, empregaranse placas. Cando o investimento financiado afecte un edificio, maquinaria ou similar, utilizaranse tamén placas.

As placas serán de material resistente (ríxido ou semirríxido), non sendo admisible a simple impresión en papel. Colocaranse sempre nun lugar visible ao público.

O elemento publicitario debe manterse, polo menos, durante un prazo idéntico ao do compromiso que adquire o beneficiario ao recibir a subvención.

ANEXO XIII

Instrución para a presentación dos xustificantes de gasto e de pagamento 
das actuacións subvencionables

1. Xustificantes de gasto. De acordo co establecido no artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, excepcionalmente consistirán nas facturas orixinais acreditativas dos investimentos, que cumpran as exixencias que establece a Axencia Tributaria (Real decreto1619/2012, do 30 de novembro):

a) As facturas presentaranse en orixinal e marcaranse cun selo indicando nel a subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á subvención, e reflectirase, neste último caso, a contía exacta que resulte.

b) No caso de presentar fotocopias das facturas, achegará tamén os orixinais para ser dilixenciados pola Administración, marcarase cun selo e indicarase nel a subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á subvención, con indicación, neste último caso, da contía exacta que resulte afectada pola subvención.

c) As facturas deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:

– Número e, se é o caso, serie.

– A data da súa expedición.

– Nome e apelidos, razón ou denominación social completa, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

– Número de identificación fiscal atribuído pola Administración española ou, se é o caso, pola doutro Estado membro da Comunidade Europea, con que realizase a operación o obrigado a expedir a factura.

– Domicilio, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

– Descrición das operacións. Consignaranse todos os datos necesarios para determinar a base impoñible do imposto, correspondente a aquelas, e o seu importe, incluíndo o prezo unitario sen imposto das ditas operacións, así como calquera desconto ou rebaixa que non estea incluído no dito prezo unitario.

– O tipo impositivo ou tipos impositivos, se é o caso, aplicados ás operacións.

– A cota tributaria que, se é o caso, lle repercuta, deberá consignarse por separado.

– A data en que se efectuasen as operacións que se documentan, sempre que se trate dunha data distinta á de expedición da factura.

– No caso de que unha operación estea exenta ou non suxeita ao IVE, especificarase o artigo da normativa referida ao IVE que así o recoñece.

– Só se considerará subvencionable a base impoñible que figure na factura.

– Non se admitirán como xustificantes de gasto albarás, notas de entrega, facturas pro forma, tíckets, xustificantes de recepción nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tal ou cuxa data non se axuste aos prazos citados.

–A factura da planta utilizada ten que estar expedida por un viveiro autorizado e tamén se admitirán as facturas emitidas por comercializadores que veñan acompañadas da copia da factura do viveiro autorizado ao comercializador.

2. Xustificantes do pagamento efectivo. A xustificación do pagamento realizarase con copia dalgún dos documentos que se relacionan a seguir:

a) Xustificante bancario do pagamento polo beneficiario (xustificante de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso de efectivo na entidade, certificación bancaria, etc.), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación do beneficiario que paga e do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura. No caso de que o xustificante bancario sexa transferencia bancaria estará selado pola entidade bancaria.

b) Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, nota promisoria, letra de cambio, etc.), achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, e documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o antedito efecto foi efectivamente pagado dentro do prazo de xustificación.

c) No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas ao proxecto, deberán identificarse no documento do pagamento as facturas obxecto del.

d) No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura a que se imputa o pagamento, e irá xunto cunha relación de todos os documentos de pagamento e importes acreditativos do pagamento desa factura.

e) No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberá identificarse claramente no documento de pagamento a factura ou facturas cuxo pagamento se imputa ao proxecto.

f) No caso de facturas en moeda estranxeira, deben achegarse os documentos bancarios de cargo en que conste o cambio utilizado.