No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 298, do 30 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover a seguinte praza:
– Unha praza de auxiliar administrativo, persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Ourense, na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello de Beade.
Beade, 10 de xaneiro de 2023
Senén Pousa Soto
Alcalde