Mediante Resolución da Alcaldía número 2023-0005, do 10 de xaneiro de 2023, aprobouse a oferta de emprego público para o ano 2023, correspondente ás prazas que a continuación se realcionan:
Persoal funcionario quenda libre:
GR |
Denominación |
Nº |
Funcións |
Xornada |
A1 |
Arquitecto/a |
1 |
Admón. especial |
Completa |
Persoal funcionario promoción interna:
GR |
Denominación |
Nº |
Funcións |
Xornada |
A1 |
Avogado/a CIM-director/a |
1 |
Admón. especial |
Completa |
En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, do artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público do Concello da Lama para o ano 2023.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante o alcalde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que puidese considerarse máis conveniente ao dereito.
A Lama, 10 de xaneiro de 2023
Jorge Canda Martínez
Alcalde