Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2023 Páx. 10757

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello da Merca (expediente IN407A 2022/124-3).

Examinado o expediente instruído por solicitude de UFD Distribución Electricidad, S.A. sobre as autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación LMTA CEL804 derivada a CT 32CGS6.

Situación: lugar Solbeira, concello da Merca.

Características principais do proxecto de execución, que foi asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm.1534 do ICOIIG, o 7.4.2022:

– Substitución dos apoios núm. 89-4 e núm. 89-7 de formigón de tipo HV-12/250-B2-CA e HV-12/250-CR1-CA, por atoparse en avanzado estado de deterioración, respectivamente, por apoios metálicos de celosía de tipo C-14/1000-H35-CA e C-16/1000-H35-CA.

– Substitución de 1.466 metros de condutor nu LA-30 por LA-56. Como consecuencia do anterior, substitución dos apoios de formigón números 89-2, 89-3, 89-4, 89-5, 89-6, 89-8, 89-9 e 89-10, inadecuados para as novas condicións do tendido, e instalación no seu lugar de apoios metálicos de celosía, que inclúe o retensado dos vans das dúas derivadas existentes.

A información pública do proxecto foi realizada mediante o Acordo desta xefatura territorial do 13 de setembro de 2022, que foi inserido no DOG do 5 de outubro e no xornal La Región de Ourense do 20 de decembro, o proxecto tamén estivo en exposición pública nesta xefatura territorial e no portal de transparencia desta vicepresidencia durante o prazo regulamentario. Dentro do prazo establecido para iso foron presentadas alegacións polo propietario do predio número 4 da relacións de bens e de dereitos afectados, as cales non se teñen en conta neste momento de procedemento ao ser comunicado acordo mutuo entre as partes polo promotor, mediante o escrito RE núm.: 2022/3105252, do 16 de decembro de 2022.

Para dar cumprimento ao artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, realizouse o trámite de notificación a descoñecidos co correspondente anuncio que se inseriu no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 24 de outubro de 2022, e no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE) do 7 de novembro.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Que polo representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 149 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, se dea comezo ao levantamento das actas previas á ocupación, nos días e nas horas que a cada interesado se lle notifique de xeito individual, daqueles predios que figuran no anexo do acordo de información pública do proxecto sinalado, logo de actualizar cos acordos comunicados por UFD Distribución Electricidad, S.A.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 28 de decembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense