Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2023 Páx. 10727

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 10 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT207A).

A Lei 22/2021, do 28 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2022, inclúe a aplicación orzamentaria 37.01.941O.45405 denominada Promoción da cinematografía en linguas cooficiais, por importe de 10.500.000 euros, cuxa finalidade é a transferencia aos organismos competentes das comunidades autónomas para atender ao fomento e á protección do uso das linguas cooficiais distintas do castelán na cinematografía e no audiovisual.

Para dar cumprimento ao establecido na dita lei, con do data 6 de decembro de 2022 publícase no Boletín Oficial del Estado a Resolución do 28 de novembro de 2022, do Instituto de la Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), pola que se publica o convenio coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), polo que se canaliza a concesión directa de axudas para fomentar a produción, distribución, exhibición e promoción da industria cinematográfica e audiovisual en lingua cooficial distinta do castelán no ano 2022.

A cláusula cuarta deste convenio determina que os compromisos da entidade beneficiaria serán:

«– Convocar e conceder axudas en concorrencia competitiva ou directas para o fomento da produción, distribución, exhibición e promoción do audiovisual en galego durante o exercicio 2022.

– Realizar actuacións de promoción, cando proceda, desde a entidade beneficiaria conforme as súas competencias.

– Recoñecerlas obrigacións e ter efectuado o pagamaneto antes do 1 de decembro de 2023».

A Axencia Galega das Industrias Culturais ten publicada e concedida unha liña de axudas para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos e convócanse para o ano 2022 (código de procedemento CT207A), que se adapta aos criterios e finalidades que persegue o convenio asinado co ICAA.

Porén, no momento da publicación desta liña de axudas, malia que estaba comprometido nos orzamentos xerais do Estado, non estaba asinado, nin publicado o instrumento xurídico que permite canalizar a colaboración entre o ICAA e Agadic e, polo tanto, xerar o crédito asignado á Comunidade Autónoma de Galicia, cuxo importe ascende a 1.212.805,03 euros.

Polo exposto, proponse a modificación da fonte de financiación da liña de axudas, así como unha nova redistribución das anualidades, reflectida no cadro de financiamento, tendo en conta as concesión realizadas, e a inclusión de novas obrigas aos adxudicatarios no que atinxe á publicidade e difusión das actuacións efectuadas con cargo á axuda concedida.

Polo exposto, proponse a modificación da fonte de financiamento da liña de axudas e a inclusión de novas obrigas aos adxudicatarios no que atinxe á publicidade e difusión das actuacións efectuadas con cargo á axuda concedida.

Así pois, de acordo co exposto e co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, así como os preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo , polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións, e en virtude das atribucións que me foron concedidas

Resolvo:

Artigo 1. Modificar o artigo 4, no número 1, que queda redactado como segue:

«Artigo 4. Financiamento

“…. O importe global máximo para o financiamento desta convocatoria será de 2.500.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.0 do orzamento de gasto da Axencia Galega das Industrias Culturais. Este crédito global contará con financiamento de fondos finalistas do Estado para as anualidades 2022 e 2023, por un importe de 75.793,50 e 579.839,60 euros, respectivamente (código de proxecto 2022 00005), a través do convenio entre Agadic e o ICAA. As anualidades 2024 e 2025 serán financiadas a través de fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia (código de proxecto 2010 0005). A distribución de financiamento reflíctese no cadro seguinte:

Aplicación

orzamentaria

Anualidade

Código de proxecto

Fonte de financiamento

Importe

10.A1.432B.770.0

2022

2010 00005

FCA

33.421,62 €

109.215,12 €

2022 00005

Fondos finalistas do Estado

75.793,50 €

10.A1.432B.770.0

2023

2010 00005

FCA

84.045,52 €

663.885,12 €

2022 00005

Fondos finalistas do Estado

579.839,60 €

10.A1.432B.770.0

2024

2010 00005

FCA

637.287,36 €

637.287,36 €

10.A1.432B.770.0

2025

2010 00005

FCA

1.089.612,40 €

1.089.612,40 €

Total

2.500.000,00 €

Artigo 2. Modificar o artigo 20, números 6 e 7, que quedan redactados como segue:

«Artigo 20. Obrigas das persoas beneficiarias

“….. 6. Nos títulos de crédito iniciais da producción deberá figurar en cartón único: “coa subvención da Xunta de Galicia e do Instituto de la Cinematografía e das Artes Audiovisuais, utilizando a imaxe gráfica corporativa que se descargará das páxinas oficiais de ambos os dous organismos. Así mesmo, en todos os materiais de promoción, distribución e publicidade da obra (carteis, músicas, portadas e outros materiais), farase constar que a produción foi subvencionada pola Xunta de Galicia e o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais, utilizando igualmente as marcas principais. Cando se trate de series de ficción, animación ou documentais, a lenda e a marca figurarán no primeiro capítulo e nos créditos finais dos restantes.

7. Facer constar na súa publicidade, incluída a realizada a través de páxinas web, ou na información que xeren en relación co proxecto subvencionado, o financiamento dos seus proxectos pola Xunta de Galicia e o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais. Os custos correspondentes á dita publicidade serán por conta da persoa beneficiaria da subvención...”».

Disposición adicional única

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interporñerse recurso potestativo de reposición o presidente do Consello Reitor, no prazo dun mes ante, contado a partir do día seguinte ao da súa publicicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira única

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2023

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega
das Industrias Culturais