Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2023 Páx. 10610

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 222/2022, do 7 de decembro, polo que se regula a selección, nomeamento e cesamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Advertidos erros na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 7, do 11 de xaneiro de 2023, nas versións en galego e en castelán é necesario efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 3193, artigo 14.2, onde di: «2. A persoa nomeada deberá realizar a formación para o desenvolvemento da función directiva prevista no artigo 4 deste decreto, agás que xa a posúa ou estivese exenta da súa realización, conforme o previsto na disposición adicional primeira», debe dicir: «2. A persoa nomeada deberá realizar a formación para o desenvolvemento da función directiva prevista no artigo 4 deste decreto, agás que xa a posúa ou estivese exenta da súa realización, conforme o previsto na disposición adicional cuarta».