Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2023 Páx. 10109

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2023 pola que se publica a modificación do plan de estudos de máster universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria.

O plan de estudos do título de máster universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria pola Universidade da Coruña foi publicado pola Resolución do 22 de outubro de 2018 no Boletín Oficial del Estado (BOE) do 13 de novembro, unha vez establecido o carácter oficial do título polo Acordo do Consello de Ministros do 15 de abril de 2011, publicado mediante a Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 26 de abril de 2011 no BOE do 11 de maio.

A Universidade da Coruña presentou unha solicitude de modificación do plan de estudos do máster universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria que obtivo o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) o día 7 de maio de 2021.

O Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, dispón no artigo 28 o procedemento para a modificación de plans de estudo conducentes á obtención de títulos xa verificados.

Polo exposto,

RESOLVO:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria pola Universidade da Coruña coas modificacións aprobadas, que se estrutura segundo consta no anexo e con efectos desde o curso académico 2021/22.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2023

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario
en Asistencia e Investigación Sanitaria pola Universidade da Coruña

Código RUCT: 4311926.

Plan de estudos que se inicia no curso 2021/22.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, punto 5.1).

1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Ciencias da Saúde.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Optativas (OP)…..……….…………………

Traballo fin de máster (TFM)…….……......

Total…………………………………………..

48

12

60

Os 48 créditos optativos distribúense como se indica a seguir:

– 15 créditos optativos do módulo Investigación en Ciencias da Saúde.

– 33 créditos optativos do módulo dunha das especialidades.

3. Especialidades do título:

– Investigación e Innovación Sociosanitaria.

– Fundamentos de Investigación Biomédica.

– Investigación Clínica.

4. Contido do plan de estudos.

Módulo

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Investigación en Ciencias da Saúde

Información Científica e Busca de Información en Ciencias da Saúde

OP

3

Metodoloxía para a Investigación Clínico-Epidemiolóxica e Traslacional

OP

3

Aspectos Éticos e Xurídicos na Investigación en Ciencias da Saúde

OP

3

Xestión da Investigación Sanitaria

OP

3

Estatística Aplicada a Ciencias da Saúde

OP

3

Influencia dos Factores de Risco e a Actividade Física sobre a Calidade de Vida

OP

3

Nutrición e Calidade de Vida

OP

3

Termalismo y Balneoterapia

OP

3

Tecnoloxías e Tratamento de Datos para a Investigación en Ciencias da Saúde

OP

3

Investigación Cualitativa en Ciencias da Saúde

OP

3

Especialidade en Investigación e Innovación Sociosanitaria

Organizacións Sociosanitarias Centradas na Humanización

OP

3

Humanización da Asistencia Sanitaria

OP

3

Tecnoloxías Aplicadas á Investigación e Intervención en Saúde

OP

3

Investigación en Ocupación Humana e as Múltiples Diversidades

OP

6

Investigación en Ocupación Humana e Determinantes Sociais da Saúde

OP

6

Xénero, Saúde e Coidados

OP

3

Innovación en Promoción da Saúde, Rehabilitación e Autonomía Persoal

OP

4,5

Neurorrehabilitación Integral e Comunitaria

OP

4,5

Traballo fin de máster: Investigación e Innovación Sociosanitaria

TFM

12

Especialidade en Fundamentos de Investigación Biomédica

Técnicas Histolóxicas

OP

6

Técnicas de Cultivo Celular

OP

4,5

Técnicas de Manipulación e Análise de Proteínas

OP

4,5

Técnicas de Manipulación e Análise de Ácidos Nucleicos

OP

6

Aplicación das Técnicas de Investigación en Ciencias da Saúde

OP

3

Seminarios Científicos

OP

3

Estadía nun Grupo de Investigación

OP

6

Traballo fin de máster: Fundamentos de Investigación Biomédica

TFM

12

Especialidade en Investigación Clínica

Modelos Estatísticos para a Investigación Clínica

OP

6

Investigación Cualitativa en Investigación Clínica

OP

6

Avaliación da Calidade da Investigación

OP

3

Preparación dun Proxecto de Investigación Clínica

OP

6

Revisións Sistemáticas e Metaanálise

OP

3

Análise de Supervivencia e Probas Diagnósticas

OP

3

Comunicación Científica

OP

3

Ensaios Clínicos: Aspectos Metodolóxicos e Ético-Xurídicos

OP

3

Traballo fin de máster: Investigación Clínica

TFM

12

A unidade temporal de todas as materias é cuadrimestral e no curso existe un equilibrio de créditos entre o 1º e o 2º cuadrimestre.

5. Condicións de terminación.

O alumnado deberá superar 60 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria pola Universidade da Coruña.