Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2023 Páx. 9867

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Primeiro. Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2022, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Segundo. Así mesmo, dar publicidade dos convenios pendentes de publicar, subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2022 pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que se incorporan como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2023

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades

ANEXO I

Denominación do convenio

Importe

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia (España) e a Ruprecht-Karls-Universität Heidelberg (Alemaña) para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

108.000,00 €

1.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia (España) e a Sveuciliste u Zadru (Croacia) para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

12.000,00 €

1.9.2022

Addenda ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Asociación de Bulimia y Anorexia de A Coruña (ABAC).

Sen custo

2.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o Concello de Vilanova de Arousa para a realización do proxecto de renovación expositiva da Casa-Museo dos Irmáns Camba.

54.329,00 €

5.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Deputación Provincial da Coruña para a realización de actividades de formación en lingua galega.

Sen custo

6.9.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Instituto Teolóxico Compostelán (ITC) para a realización como entidade colaboradora de actividades de formación permanente do profesorado.

Sen custo

7.9.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Nova Escola Galega para a realización como entidade colaboradora de actividades de formación permanente do profesorado.

Sen custo

12.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o Concello de Betanzos para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das obras de urxencia do Parque do Pasatempo, Betanzos (A Coruña).

Sen custo

12.9.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para desenvolver o proxecto NÓS: o galego na sociedade e economía da intelixencia artificial.

Sen custo

14.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña para o desenvolvemento do programa Talentos Inclusivos.

Sen custo

15.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación Coral Casablanca de Vigo para a realización de varios concertos.

30.000,00 €

15.9.2022

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e ASCM Ferrolterra, S.L. para posibilitar o desprazamento de alumnado con discapacidade a centros educativos radicados na provincia da Coruña.

4.642,54 €

16.9.2022

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación San Xerome Emiliani para posibilitar o desprazamento de alumnado con discapacidade ao CEEPR San Xerome Emiliani.

7.570,34 €

21.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Organización Nacional de Ciegos Españoles (ONCE), para a prestación de servizos educativos ao alumnado con cegueira ou deficiencia visual grave.

251.274,64 €

26.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Federación de Libreiros de Galicia para a realización de actividades de formación e dixitalización.

20.000,00 €

26.9.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e ANPE Sindicato Independente de Galicia para a realización como entidade colaboradora de actividades de formación permanente do profesorado.

Sen custo

26.9.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e Federación do ensino de Comisións Obreras de Galicia para a realización como entidade colaboradora de actividades de formación permanente do profesorado.

Sen custo

26.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Diocese de Lugo para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas a este convenio.

Sen custo

26.9.2022

Convenio de cooperación entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Asociación de Familias para a Atención e Integración de Persoas con Discapacidade Intelectual, Autismo, Páralise-Dano Cerebral (Amicos).

Sen custo

26.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia (España) e a Universität Leipzig (Alemaña) para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

88.225,00 €

27.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia (España) e a Christian-Albrechts-Universität zu Kiel (Alemaña) para a docencia, a investigación e a promoción da lingua,

a literatura e a cultura galegas.

63.976,32 €

28.9.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Confederación Intersindical Galega (CIG) para a realización como entidade colaboradora de actividades de formación permanente do profesorado.

Sen custo

28.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación Manolo Paz Arte Contemporánea para a realización da exposición de Manolo Paz «Manolo Paz, a distancia que une».

82.000,00 €

28.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o Concello de Mondariz-Balneario para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das obras de consolidación da fonte de Troncoso no concello de Mondariz-Balneario (Pontevedra).

Sen custo

28.9.2022

Convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello de Sanxenxo para a impartición de ensinanzas de formación profesional básica en cociña e restauración.

Sen custo

28.9.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Federación de empregados e empregadas dos servizos públicos da Unión Xeral de Traballadores de Galicia (FeSP-UGT Galicia) para a realización como entidade colaboradora de actividades de formación permanente do profesorado.

Sen custo

29.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o Concello de Crecente para a construción de aseo adaptado e melloras na cuberta do edificio Casa Cultural de Vilar.

30.000,00 €

29.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Uniwersytet Warszawski

(Varsovia-Polonia) para a docencia, a investigación e a promoción da lingua,

a literatura e a cultura galegas.

63.976,32 €

4.10.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a realización como entidade colaboradora de actividades de formación permanente do profesorado.

Sen custo

4.10.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e Escola Viva para a realización como entidade colaboradora de actividades de formación permanente do profesorado.

Sen custo

4.10.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) para a realización como entidade colaboradora de actividades de formación permanente do profesorado.

Sen custo

4.10.2022

Prórroga ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación Princesa de Girona para o desenvolvemento de prácticas curriculares das titulacións de grao en Educación Infantil, grao en Educación Primaria ou dobre grao en Educación Infantil e Primaria.

Sen custo

4.10.2022

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e a Fundación María José Jove e a Fundación Ingada para a difusión e o fomento, entre o profesorado dos centros educativos de educación primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, dun programa de formación para o tratamento do alumnado con trastorno por déficit de atención e hiperactividade.

Sen custo

4.10.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, o Concello de Santiago de Compostela e a Asociación Compostelana de Amigos del Ferrocarril-ACAF para a rehaiblitación do coche de viaxeiros Verderón.

30.000,00 €

5.10.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade Nacional de Educación a Distancia, para a impartición por parte desta entidade da formación pedagóxica e didáctica para impartir docencia nas ensinanzas de formación profesional.

Sen custo

6.10.2022

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) para a realización de prácticas do máster universitario en formación do profesorado de ensino secundario obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas.

Sen custo

6.10.2022

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade de Vigo (Uvigo) para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i 2021-2022.

3.700.000,00 €

10.10.2022

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de actuacións dentro do Plan cuadrienal 2021/2024 de memoria democrática en Galicia 2022.

110.351,57 €

10.10.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela para a realización de actividades culturais.

Sen custo

10.10.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Universidade de Salamanca para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

58.462,56 €

13.10.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o cofinanciamento das axudas Ramón y Cajal.

810.000,00 €

14.10.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e Faro de Vigo, S.A. para o desenvolvemento de accións de promoción e difusión de programas educativos.

53.806,65 €

17.10.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e Editorial La Capital, S.L. para o desenvolvemento de accións de promoción e difusión de programas educativos.

4.320,25 €

17.10.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e La Opinión de La Coruña, S.L. para o desenvolvemento de accións de promoción e difusión de programas educativos.

5.105,74 €

17.10.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e Rías Baixas Comunicación, S.A. e La Región, S.A. para o desenvolvemento de accións de promoción e difusión de programas educativos.

22.779,46 €

17.10.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e Lérez Ediciones, S.L. para o desenvolvemento de accións de promoción e difusión de programas educativos.

7.462,24 €

18.10.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e El Progreso de Lugo, S.L. para o desenvolvemento de accións de promoción e difusión de programas educativos.

24.350,45 €

18.10.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e Corporación Voz de Galicia, S.L.U. para o desenvolvemento de accións de promoción e difusión de programas educativos.

130.392,75 €

18.10.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e Bangor University-Prifysgol Bangor (Reino Unido) para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

63.976,32 €

19.10.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o cofinanciamento das axudas Juan de La Cierva-Formación e Juan de la Cierva-Incorporación (convocatoria Ministerio de Ciencia e Innovación de 2020).

261.000,00 €

20.10.2022

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade da Coruña (UDC) para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i 2021-2022.

3.093.995,00 €

20.10.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Universitat Autónoma de Barcelona para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

69.000,00 €

21.10.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Universitá d´Alacant para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

58.462,48 €

25.10.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Universidade de Extremadura para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

6.000,00 €

25.10.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e as universidades da Coruña (UDC), Santiago de Compostela (USC) e Vigo (UVIGO) para a implementación de infraestruturas de investigación universitaria.

6.096.571,63 €

25.10.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Federación de Libreiros de Galicia para a realización de actividades de formación e dixitalización.

Sen custo

25.10.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Fundación Galicia Sustentable para a elaboración dun censo de entidades e recursos culturais de Galicia.

33.432,30 €

26.10.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Asociación Centro de Desarrollo Infantil y Atención Temprana Crecer.

Sen custo

28.10.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Universidade do Minho para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

63.976,32 €

4.11.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i (2022).

5.506.094,00 €

4.11.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello de Meaño para a xestión do servizo de comedor escolar nun centro educativo radicado no concello.

Sen custo

8.11.2022

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira para a realización do proxecto Manuel Colmeiro.

30.000,00 €

10.11.2022

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o Concello de Chantada para a creación dunha biblioteca municipal.

300.000,00 €

15.11.2022

Convenio de cooperación educativa de prácticas externas entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades e a Universidade de Salamanca para a realización de prácticas de alumnos das titulacións impartidas na Universidade de Salamanca na Biblioteca de Galicia polo que se modifican as cláusulas 9ª e 11ª e se prorroga por un período de catro anos.

Sen custo

15.11.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Diocese de Ourense para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao convenio.

Sen custo

21.11.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Diocese de Lugo para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao convenio.

Sen custo

21.11.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Dioceses de Mondoñedo-Ferrol para a integración da Biblioteca de Estudios Mindonienses na Rede de Bibliotecas de Galicia.

Sen custo

21.11.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades e a Federación Galega de Municipios e Provincias en relación cos gastos de limpeza dos centros públicos integrados.

658.864,00 €

24.11.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello de Lalín para a implantación dunha central de distribución de enerxía térmica en Lalín.

Sen custo

24.11.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Diocese de Astorga para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas a este convenio.

Sen custo

30.11.2022

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Bande para a rehabilitación da reitoral de Santa Comba.

Sen custo

30.11.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia (España) e a Università degli studi di Perugia para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

12.000,00 €

5.12.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia (España) e a Freie Universitat Berlin (Alemaña) para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

12.000,00 €

5.12.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (Aspaber) para posibilitar o desprazamento de alumnado con discapacidade ao CEEPR Aspaber radicado na provincia da Coruña.

76.091,89 €

12.12.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Uniwersytet Jagiellonki

(Cracovia-Polonia) para a docencia, a investigación e a promoción da lingua,

a literatura e a cultura galegas.

3.000,00 €

12.12.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o reforzo dos centros de investigación do Sistema universitario de Galicia (Cigus).

4.966.665,68 €

13.12.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o desenvolvemento e consolidación das infraestruturas científico-tecnolóxicas do Sistema universitario de Galicia.

3.999.600,00 €

13.12.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Deputación Provincial de Pontevedra para o establecemento dun marco de actuación conxunta nas ensinanzas de educación primaria, educación especial, educación secundaria obrigatoria e formación profesional a favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

Sen custo

20.12.2022

Addenda de prórroga ao acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Consellería de Política Social e Xuventude para a promoción e difusión do idioma e a cultura chineses.

Sen custo

20.12.2022

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a empresa Fagor Automation, S. Coop. para a creación dunha aula CNC Fagor Automation no Instituto de Educación Secundaria Politécnico de Vigo.

Sen custo

20.12.2022

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o Concello de Bueu para a creación dunha sala de interpretación do Bueu romano.

Sen custo

20.12.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a actual Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Diocese Tui-Vigo para a segunda fase de actuación no conxunto catedralicio de Tui: mellora de accesibilidade, rehabilitación das cubertas do claustro e de edificación para usos museísticos.

Sen custo

30.12.2022

ANEXO II

Denominación do convenio

Importe

Data da sinatura

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidades e a Asociación Clúster Gallego de la Industria y Servicios de Apoyo al Desarrollo de las Energías Renovables y la Sostenibilldad Energética (Cluergal) sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional.

Sen custo

4.5.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia e a Asociación de Bulimia e Anorexia de Pontevedra.

Sen custo

9.5.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o Arcebispado de Santiago de Compostela para a restauración do pavillón historicista e o muro perimetral de San Martiño Pinario.

242.900,28 €

30.5.2022

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Clúster do granito sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional.

Sen custo

1.6.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e as Dioceses da Comunidade Autónoma de Galicia para intervencións no patrimonio artístico de titularidade eclesiástica.

200.000 €

20.6.2022

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a empresa Escurís, S.L. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

Sen custo

22.6.2022

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a empresa Pilar Castro Vallo para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

Sen custo

22.6.2022

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a empresa Jealsa Rianxeira, S.A. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

Sen custo

22.6.2022

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a empresa Gandeiría Pear, S.C. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

Sen custo

22.6.2022

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a empresa Ingeniería Insitu, S.L. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

Sen custo

22.6.2022

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a empresa Pele Desing and Retail, S.L. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

Sen custo

22.6.2022

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a empresa Sotelo Creative Solutions, S.L. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

Sen custo

22.6.2022

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a empresa Unify Sistemas de Seguridad, S.L. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas

Sen custo

22.6.2022

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a empresa Navantia, S.A., SME para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas (1).

Sen custo

27.6.2022

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a empresa Corporación Empresarial de Tenencia de Activos de Galicia, S.L. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

Sen custo

27.6.2022

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a empresa Centros Comerciales Carrefour, S.A. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

Sen custo

27.6.2022

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a empresa JD Sports Fashion 2010, S.L. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

Sen custo

27.6.2022

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a empresa Leroy Merlin, S.L.U. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

Sen custo

27.6.2022

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a empresa Mediamarkt Emerging Formats, S.L. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

Sen custo

27.6.2022

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a empresa Alcampo, S.A. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

Sen custo

28.6.2022

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a empresa Navantia, S.A., SME para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas (2).

Sen custo

28.6.2022

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a empresa Navantia, S.A., SME para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas (3).

Sen custo

28.6.2022

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a empresa Cooperativas Ourensanas, S. Coop. Galega para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

Sen custo

28.6.2022

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a empresa Jesús Prieto Domínguez para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

Sen custo

28.6.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galicia (STEG), para a realización como entidade colaboradora de actividades de formación permanente do profesorado.

Sen custo

29.6.2022

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a empresa Integral Motion, S.L. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

Sen custo

4.7.2022

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a empresa Empresa de Transformación Agraria, S.A. S.M.E. M.P.-Tragsa para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

Sen custo

6.7.2022

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a empresa Ferros Alonso, S.L. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

Sen custo

6.7.2022

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a empresa Automoción, Investigación y Desarrollo, S.L. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

Sen custo

6.7.2022

Addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e Os Estados Unidos de América (Comisión Fulbright) para a incorporación de auxiliares de conversa Fulbright para o curso 2022/23.

410.595,00 €

21.7.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Comunidade das Clarisas do Convento de Santa Bárbara para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das obras de conservación das cubertas do convento de Santa Bárbara das Clarisas Descalzas da Coruña.

Sen custo

8.8.2022