Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2023 Páx. 9861

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre de 2022.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), procédese a publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade aos convenios subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no terceiro cuadrimestre do ano 2022 que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2023

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas
e Mobilidade

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no terceiro cuadrimestre do ano 2022

Descrición

Data da sinatura

Importe

Addenda ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e o Concello do Carballiño, para a execución dunha parada de autobús para o intercambio intermodal nas instalacións da estación de ferrocarril, operación susceptible de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT-EU do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

22.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, o Concello de Nigrán e a UTE Asistencia Técnica Maturo, S.L.; Empresa Raúl, S.A.; Autocares Fadista, S.L.U.; Subús Grupo de Transporte, S.L.U. e Secc. Automóvil, S.L., para a implantación dun servizo de interese municipal (Simu).

29.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e Abanca Corporación Bancaria, S.A., para a aplicación das tarxetas de mobilidade de Galicia (TMG e TMG Xente Nova).

8.11.2022

545.932 €

Prórroga do convenio de colaboración formalizado o 23 de xullo de 2021, entre a Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra, para a anticipación de actuacións de promoción do transporte público que se implantarán a través da constitución da Área de Transporte de Galicia.

14.12.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, o Concello de Burela e Renfe Viajeros Sociedad Mercantil Estatal, S.A., para a utilización da estación conxunta de ferrocarril e autobuses de Burela.

21.12.2022