Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2023 Páx. 9237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 3 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución sobre denegación de substitución de profesional adoptada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra, na sesión do 8 de novembro de 2022, no expediente PR204A 2022/4002-4.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle a persoa que se relaciona no anexo a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición da persoa interesada na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (rúa María Victoria Moreno, nº 43, 9º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Pontevedra, 3 de xaneiro de 2023

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

DNI/NIF/CIF

Resolución notificada

PR204A 2022/4002-4

21116492P

Solicitude de denegación de designación de novo profesional