Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2023 Páx. 9222

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican aos interesados as afeccións por construción dunha instalación eléctrica prevista no concello de Viana do Bolo, na provincia de Ourense.

Mediante Acordo do 30.11.2022, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Viana do Bolo (expediente IN407A 2022/201-3), o cal foi publicado no DOG do 29 de decembro de 2022, realizando ao mesmo tempo a notificación aos particulares afectados.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares do predio que no anexo se relaciona para ser notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 11 de xaneiro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2022/201-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LMT SAG701 en apoio CJEI0SHC//9.

Concello: Viana do Bolo.

Predio número en proxecto: 1; referencia catastral: 32087A114005600000WA.

Lugar: Val de Castro.

Cultivo: monte baixo.

Titular: descoñecido

Afección: ocupación de 2 m2 para o apoio número CJEI0SAU//10.