Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2023 Páx. 9224

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública do parque eólico Picato (expediente 116-EOL).

A empresa Naturgy Renovables, S.L. solicitou a declaración de utilidade pública para as instalacións do parque eólico Picato, sito nos concellos de Guntín e Lugo (Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Nº parc. proxecto

Concello

Polígono

Parcela

Lugar

Nome

38

Guntín

79

284

Costa

Eva Diéguez Esperante

62

Guntín

2

101

Fonte da Pía

Herdeiros de José Mourelos Pérez

3

Guntín

60

221

Pedreira

Rosa Villamor Fernández

26

Lugo

197

61

Pena de Fornos

Jesús Aldariz Fernández

34

Lugo

502

96

Monte Pousadoiro

Amalia Rubio Aranguren

Rpta. Pilar Conde Rubio

42

Lugo

502

105

Conc. parcelaria de Poutomillos

María Carmen López Mourenza

45

Lugo

502

102

Conc. parcelaria de Poutomillos

Mercedes, José Galloso García

Rpta. Alicia Pena e Jesús Ferreiro

50

Guntín

79

225 ag5

Penas de Fornos

Mª del Mar García Sánchez e irmáns