Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2023 Páx. 9216

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 3 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se notifica a varios interesados a declaración de utilidade pública, en concreto, da LAT 132 kV San Martín-Carucedo DAR AP100 (expediente IN407A 2022/91-3).

O 2.1.2023 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais ditou resolución pola que se outorgaron as autorizacións administrativas previa e de construción e se declarou a utilidade pública, en concreto, para a infraestrutura eléctrica denominada LAT 132 kV San Martín-Carucedo DAR AP100, no concello de Rubiá (Ourense), e que promove UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2022/91-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo deste anuncio, para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma por resultar descoñecidos os seus enderezos.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Acordo: declaración de utilidade pública, en concreto, da LAT 132 kV San Martín-Carucedo DAR AP100.

Concellos afectados: Rubiá (Ourense).

Propietario

Predio

Afección

Concello

Lugar

Cultivo

Nº apoio

Superficie ocupada (m2)

Abad Rodríguez Antonio

1

Rubiá

Pinguela

Monte alto

100N

13,39