Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2023 Páx. 8789

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Neves

ANUNCIO do 3 de xaneiro de 2023 de notificación da comunicación e do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga da xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e tendo intentado a notificación ás persoas responsables sen que fose posible efectuala por causas non imputables ao Concello das Neves, mediante o presente anuncio ponse de manifesto o incumprimento por parte das persoas responsables que a seguir se indican da obriga de xestión da biomasa e da retirada de especies arbóreas prohibidas en relación coa parcela que se describe, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta
de inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa
responsable

7.7.2022

36034A00300428

Liñares (Santa María), As Neves, Pontevedra

003

00428

76910432L

31.8.2022

36034A00500122

Liñares (Santa María), As Neves, Pontevedra

005

00122

76910432L

29.8.2022

36034A00500471

Liñares (Santa María), As Neves, Pontevedra

005

00471

76910432L

31.8.2022

36034A00900980

Tortoreos (Santiago), As Neves, Pontevedra

009

00980

76910432L

1.9.2022

36034A01200254

Tortoreos (Santiago), As Neves, Pontevedra

012

00254

76910432L

1.9.2022

36034A01200268

Tortoreos (Santiago), As Neves, Pontevedra

012

00268

76910432L

8.9.2022

36034A01300048

Tortoreos (Santiago), As Neves, Pontevedra

013

00048

00258471C

2.9.2022

36034A01400280

Tortoreos (Santiago), As Neves, Pontevedra

014

00280

35790017Q

2.9.2022

36034A01400329

Tortoreos (Santiago), As Neves, Pontevedra

014

00329

35790017Q

5.7.2022

36034A01700135

Liñares (Santa María), As Neves, Pontevedra

017

00135

76893964L; 36065496R

5.7.2022

36034A01700136

Liñares (Santa María), As Neves, Pontevedra

017

00136

76893964L; 36065496R

5.7.2022

36034A01700137

Liñares (Santa María), As Neves, Pontevedra

017

00137

76893964L; 36065496R

4.7.2022

36034A01801034

Liñares (Santa María), As Neves, Pontevedra

018

01034

35783488L

4.7.2022

36034A01801124

Liñares (Santa María), As Neves, Pontevedra

018

01124

35783488L

4.7.2022

36034A01801127

Liñares (Santa María), As Neves, Pontevedra

018

01127

76910432L

7.7.2022

36034A01900124

Tortoreos (Santiago), As Neves, Pontevedra

019

00124

35786088C

31.8.2022

36034A01900365

Liñares (Santa María), As Neves, Pontevedra

019

00365

34867984F

30.6.2022

36034A01900495

Liñares (Santa María), As Neves, Pontevedra

019

00495

35789472T

30.6.2022

36034A01900562

Tortoreos (Santiago), As Neves, Pontevedra

019

00562

35765347W; 76914130Z

30.6.2022

36034A01900581

Tortoreos (Santiago), As Neves, Pontevedra

019

00581

35786088C

31.8.2022

36034A01900747

Liñares (Santa María), As Neves, Pontevedra

019

00747

34867984F

7.7.2022

36034A02000180

Tortoreos (Santiago), As Neves, Pontevedra

020

00180

34867924Q

7.7.2022

36034A02000263

Tortoreos (Santiago), As Neves, Pontevedra

020

00263

76891588N

2.9.2022

36034A02700367

Tortoreos (Santiago), As Neves, Pontevedra

027

00367

35784700N

2.9.2022

36034A03200066

Tortoreos (Santiago), As Neves, Pontevedra

032

00066

35784700N

5.9.2022

36034A03800242

As Neves (Santa María), As Neves, Pontevedra

038

00242

76912531W

4.7.2022

36034A16100047

Liñares (Santa María), As Neves, Pontevedra

161

00047

35787039M

6.7.2022

36034A16100112

Liñares (Santa María), As Neves, Pontevedra

161

00112

35783488L

1º. En virtude do que antecede, comunícaselles que na acta de inspección indicada se comprobou que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, ao comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais recollidos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese na cantidade estimada reflectida na seguinte táboa:

Nº de expediente

Ref. catastral

ha afectadas pola execución subsidiaria

Estimación do prezo por ha

Liquidación provisional

2021/36034A00300428

36034A00300428

0,0138

2.056,00 €

28,41 €

2021/36034A00500122

36034A00500122

0,0243

1.688,89 €

41,02 €

2021/36034A00500471

36034A00500471

0,0064

3.545,82 €

22,52 €

2021/36034A00900980

36034A00900980

0,0135

3.545,82 €

47,88 €

2021/36034A01200254

36034A01200254

0,0119

3.545,82 €

42,13 €

2021/36034A01200268

36034A01200268

0,0035

3.545,82 €

12,57 €

2021/36034A01300048

36034A01300048

0,0737

3.545,82 €

261,49 €

2021/36034A01400280

36034A01400280

0,0433

1.688,89 €

73,18 €

2021/36034A01400329

36034A01400329

0,0210

3.545,82 €

74,61 €

2021/36034A01700135

36034A01700135

0,0342

2.056,00 €

70,38 €

2021/36034A01700136

36034A01700136

0,0143

2.056,00 €

29,31 €

2021/36034A01700137

36034A01700137

0,0118

2.056,00 €

24,22 €

2021/36034A01801034

36034A01801034

0,0254

2.056,00 €

52,25 €

2021/36034A01801124

36034A01801124

0,0300

874,91 €

26,25 €

2021/36034A01801127

36034A01801127

0,0343

3.545,82 €

121,50 €

2021/36034A01900124

36034A01900124

0,0134

2.056,00 €

27,52 €

2021/36034A01900365

36034A01900365

0,0142

3.545,82 €

50,28 €

2021/36034A01900495

36034A01900495

0,0590

2.056,00 €

121,27 €

2021/36034A01900562

36034A01900562

0,0481

2.056,00 €

98,83 €

2021/36034A01900581

36034A01900581

0,0460

2.056,00 €

94,50 €

2021/36034A01900747

36034A01900747

0,0135

3.545,82 €

47,96 €

2021/36034A02000180

36034A02000180

0,0144

2.056,00 €

29,53 €

2021/36034A02000263

36034A02000263

0,0217

2.056,00 €

44,57 €

2021/36034A02700367

36034A02700367

0,0233

3.545,82 €

82,68 €

2021/36034A03200066

36034A03200066

0,0339

1.688,89 €

57,31 €

2021/36034A03800242

36034A03800242

0,0669

3.545,82 €

237,13 €

2021/36034A16100047

36034A16100047

0,0031

2.056,00 €

6,37 €

2021/36034A16100112

36034A16100112

0,0336

2.056,00 €

69,11 €

4º. En caso de persistencia no incumprimento e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a. A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

5º. O texto íntegro da comunicación estará ao dispor das persoas destinatarias na sede electrónica do concello actuante.

As Neves, 3 de xaneiro de 2023

Xosé Manuel Rodríguez Méndez
Alcalde presidente