Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2023 Páx. 8784

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para a ordenación do volume edificable no soar número 50 da rúa Emilio González López (expediente 631/2022/157).

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 12 de xaneiro de 2023, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o documento do estudo de detalle para a ordenación do volume edificable no soar número 50 da rúa Emilio González López, polígono de Los Rosales-A Coruña. Novembro 2022, promovido por Desarrolla Obras y Servicios, S.L., redactado por Arqyur, S.C. e asinado polo arquitecto Alfredo Garrote Pazos, e as arquitectas Mónica Mesejo Conde e Sara Prieto Hortas.

Segundo. Ordenar a realización dos trámites administrativos recollidos no artigo 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do regulamento de desenvolvemento desta, para procurar a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do documento.

Terceiro. Notificar este acordo ao promotor e ás áreas municipais interesadas na tramitación do expediente.

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias da Área Municipal de Urbanismo; na sede electrónica deste concello, na páxina web https://coruna.gal/urbanismo, na epígrafe planeamento vixente; ou ben, desde a mesma web, a través do visor de desenvolvemento do planeamento.

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2023

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847, do 27.6.2019)
María Hernández García
Directora da Área Municipal de Urbanismo