Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2023 Páx. 8773

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución de arquivo de varios procedementos sancionadores por infracción en materia sanitaria (expediente 20211157AE-OU e un máis).

A xefa territorial de Ourense ditou a resolución de arquivo do procedemento sancionador 20211157AE-OU e un máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia da parte resolutiva da Sentenza nº 183/2021 do Tribunal Constitucional, polo que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, nos que se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.

Tras intentar a notificación destas resolucións segundo o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no puido efectuarse, polo que mediante este anuncio notifícase as persoas interesadas o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 de dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.

Contra as presentes resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Ourense, 11 de xaneiro de 2023

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente

DNI/NIE

da persoa interesada

Última enderezo coñecido

20211157AE-OU

44486267N

Avenida Balneario, núm. 13, 4º A, 32500 O Carballiño

(Ourense)

20211352AE-OU

Y1413656K

Rúa Nosa Sra. do Cristal, núm. 2, entreplanta,

32005 Ourense