Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2023 Páx. 8071

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Confecciones Pantiñobre, S. Coop. Galega en liquidación

ANUNCIO de liquidación e extinción da cooperativa.

En cumprimento do establecido no artigo 94.2 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, na asemblea xeral extraordinaria do 28 de decembro de 2022 acordouse, por unanimidade, a extinción da sociedade, a aprobación do seguinte balance final de liquidación e do proxecto de distribución do activo, segundo o previsto na Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia.

Tesouraría: 8.054,34 €.

Total activo: 8.054,34 €.

Capital cooperativo: 49.282,99 €.

Resultado negativo de exercicios anteriores: -41.198,65 €.

Resultado do exercicio: -30 €.

Total pasivo: 8.054,34 €.

Proxecto de distribución do activo: unha vez compensados todos os resultados negativos e non habendo acredores nin cantidade ningunha para poñer á disposición do Consello Galego de Cooperativas, a tesouraría será adxudicada ás socias.

Arzúa, 28 de decembro de 2022

Mª Carmen Penas Alamancos
Josefina Vázquez Montero
Mª Carmen Pintor Figueiras
Liquidadoras