Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2023 Páx. 7691

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Política Social e Xuventude

ORDE do 4 de xaneiro de 2023 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada mediante a Orde do 27 de setembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 192, do 7 de outubro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Política Social e Xuventude, mediante a Orde do 27 de setembro de 2022 (DOG núm. 192, do 7 de outubro), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao funcionario que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada mediante a Orde desta consellería do 27 de setembro de 2022.

Segundo. O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino o funcionario está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento se non implica cambio de residencia, no prazo de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, ou de vinte días hábiles se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa o funcionario, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2023

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude

ANEXO

Apelidos e nome: Martínez Quindimil, Fernando José.

NRP: ****899246 A208A.

Grupo: A2.

Corpo/escala: corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos facultativos.

Denominación do posto: director/a residencia de maiores.

Código: PS.C99.40.801.15570.001.

Nivel: 28.

Dependencia: Residencia Asistida de Maiores (Oleiros).

Localidade: Oleiros.