Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2023 Páx. 7325

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 28 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican varios actos administrativos en materia de enerxía ditados en procedementos de competencia desta xefatura.

Despois de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación dos actos administrativos as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou as persoas representantes debidamente acreditadas.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer

Pontevedra, 28 de decembro de 2022

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Persoas interesadas

Acto notificado

Joaquina Martínez Paz
Baltasar Mouta Piñeiro
María Luisa Pérez Piñeiro
Ricardo Rodríguez
Manuel Santorun Vázquez
Ventura Santorum Vázquez
José Vicente Portas Valle

Información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LMTA e regulamentación apoios na CBD804 no concello de Vilanova de Arousa (expediente IN407A 2022/092-4).

Eva Rodríguez Cal

Información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica Reforma LMTA ROS806 en Paredes no concello de Tomiño (expediente IN407A 2022/146-4).

Martín Areal Villas

Información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica Substitución apoios na LMT MOS707 no tramo MOS7070361 e LMTA no concello de Mos (expediente IN407A 2022/383-4).