Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2023 Páx. 7327

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 28 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 66 kV evacuación parque eólico Acibal, no concello de Moraña.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, ignórese o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 66 kV evacuación parque eólico Acibal, no concello de Moraña, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados o representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 28 de decembro de 2022

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN408A 2018/01.

Entidade beneficiaria: Norvento, S.L.U.

Denominación da instalación: LAT 66 kV evacuación parque eólico Acibal.

Concello: Moraña.

Predio

Polígono e parcela

Lugar

Titularidade

Data

Hora

070

37.416

Vaqueiro

Josefa Casal Ferro

17 de xaneiro de 2023

9.30

198/1

38.874

Carballo

María del Carmen Suárez Piñeiro

24 de xaneiro de 2023

9.30

200

38.867

Carballo

María del Carmen Suárez Piñeiro

24 de xaneiro de 2023

9.30

234

38.1098

Lagoa

María Adelina Ruibal Ruibal

25 de xaneiro de 2023

9.30

241

38.589

Lagoa

Carmen Ruibal Ruibal

25 de xaneiro de 2023

9.30