Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2023 Páx. 7319

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 23 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica nos concellos de Coles e Ourense (expediente IN407A 2022/229-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTA, CTI e RBTA Pobadura (Coles-Ourense).

Situación: lugar de Poboadura, concellos de Coles e Ourense.

Características principais recollidas no proxecto:

• LMTA derivada da LMTA VLL812 de alimentación ao CT proxectado en condutor tipo LA-56 sobre apoios metálicos con inicio no apoio núm. 24 existente da LMTA VLL812 e fin no CT proxectado.

• CT intemperie sobre apoio proxectado núm. 4, de 50 kVA de potencia, R/T: 20.000/400-230 V con illante en aceite mineral, que se vai instalar no predio con coordenadas UTM X: 593.894, Y: 4.692.246.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado nº 2233 do Coeticor, o 12.9.2022.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar nesta xefatura territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 23 de decembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

LMTA, CTI e RBTA Pobadura; concellos de Ourense e Coles.

Predios

Propietarios

Concello

Afección

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

Voo

Sup. ocupada m2

Lonx. m

Sup. afect. m2

3

Printal

Labor

José Iglesias Fernández

Ourense

72

1.150

4

Escribanos

Matogueira

Manuel Vázquez Novoa

Ourense

2

2

31

500

5

Printal

Matogueira

Pilar Dosouto Pereira

Ourense

43

692

7

Printal

Labor

María Delfina Dacal Glez.

Ourense

118

8

Souto da Fonte

Labor

Ramona Álvarez Soutullo

Ourense

22

253

10

Os Campos

Prado

Descoñecido

Ourense

3

2

12

102

11

Os Campos

Prado

Descoñecido

Ourense

16

176

13

Os Campos

Prado

Nieves Carballo

Ourense

37

567

14

Restreba de Abaixo

Prado

Nieves Carballo

Coles

CT

14

9

140