Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2023 Páx. 7308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 16 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e proxecto de interese autonómico (PIA) do parque eólico marco nos concellos de Rois e Brión (A Coruña), (expediente IN408A 2021/041), solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e o proxecto de interese autonómico (PIA) da LAT 66 kV evacuación parque eólico Marco nos concellos de Rois, Brión, Ames e Santiago de Compostela (A Coruña), (expediente IN408A 2022/005), o estudo de impacto ambiental (EIA) conxunto do parque eólico Marco (expediente IN408A 2021/041) e da LAT 66 kV evacuación parque eólico Marco (expediente IN408A 2022/005).

Sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir, en cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación.

1º. Parque eólico:

Solicitante/promotora: Norvento, S.L. CIF: B27210285.

Enderezo para os efectos de notificacións: rúa Ramón María Aller Ulloa, nº 23, 27003, Lugo.

Denominación do proxecto: parque eólico Marco (expediente IN408A 2021/041).

Concellos afectados: Rois e Brión (A Coruña).

Potencia que se vai instalar: 24 MW.

Nº de aeroxeradores que se van instalar: 6 ud. × 6 MW de potencia nominal unitaria.

Produción media neta estimada: 86.228 MWh/ano.

Horas netas anuais equivalentes a potencia nominal: 3.593 horas.

Orzamento de execución material: 16.697.745,25 €.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Localización (área de afección):

Parque eólico Marco

A.D.E.

Olerón

Parque eólico Marco

Vértice poligonal

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

1

524.874

4.741.785

Brión

2

524.314

4.742.285

Brión

3

523.875

4.742.285

Rois

4

523.710

4.742.257

Rois

5

523.487

4.742.100

Rois

6

523.381

4.741.860

Rois

7

523.875

4.741.522

Rois

8

523.875

4.737.786

Rois

9

525.327

4.737.786

Rois

10

525.327

4.739.976

Rois

Parque eólico Marco

Aeroxerador

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

MR01

524.668

4.738.208

Rois

MR02

524.671

4.738.495

Rois

MR03

524.643

4.738.806

Rois

MR04

524.519

4.739.237

Rois

MR05

524.199

4.741.754

Brión

MR06

524.071

4.742.034

Rois

Parque eólico Marco

Torre meteorolóxica

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

TM_MR01

524.115

4.739.957

Rois

TM_MR02

524.573

4.741.375

Brión

Parque eólico Marco

Vértices da SET PE Olerón

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

1

524.173,55

4.740.188,84

Rois

2

524.231,39

4.740.177,05

Rois

3

524.217,32

4.740.106,32

Rois

4

524.159,08

4.740.118,77

Rois

Características técnicas da instalación:

• Seis (6) aeroxeradores tripá modelo GE-158 de General Electric ou similar, de potencia nominal unitaria 6 kW, velocidade e paso variables, altura ata a buxa de 119 m e diámetro do rotor de 158 m.

• Seis (6) centros de transformación trifásicos, montados no interior da góndola de cada aeroxerador, de potencia aparente unitaria 6.600 kVA e relación de transformación 0,69/30 kV.

• Dúas (2) torres anemométricas de 119 m de altura.

• Ampliación da subestación eléctrica transformadora (SET) do parque eólico Olerón (autorizado, pendente de construción, expediente IN661A 2010/12, promovido por Norvento) para evacuar a enerxía producida no PE Marco, que consistirá en instalar un transformador de 18/24 MVA (ONAN/ONAF) e relación de transformación 66/30 kV, un transformador de servizos auxiliares de 100 kVA e relación de transformación 30/0,42 kV, e a aparellaxe de medida. Na instalación de 66 kV utilizaranse equipos de intemperie con tecnoloxía compacta, mentres que a instalación de 30 kV será desenvolvida no interior do edificio da subestación do PE Olerón.

• Un sistema colector de media tensión (MT) formado por tres circuítos de 30 kV en instalación soterrada, que ten como obxecto a canalización da enerxía xerada polas aeroturbinas ata a SET. O tipo de cable utilizado para esta rede será o condutor tipo RHZ1-OL 18/30 kV 1×240 K Al+H16.

• A infraestrutura de evacuación da enerxía eléctrica xerada no parque está formada polos seguintes elementos, os cales non son obxecto do presente proxecto:

– Unha liña de 66 kV que vai desde a subestación deste parque ata a subestación colectora Nova (proxecto LAT 66 kV evacuación parque eólico Marco, expediente IN408A 2022/005, en tramitación, promovido por Norvento).

– A subestación colectora Nova 2022/132-66 kV e a liña de 220 kV que a conecta coa subestación de transporte Santiago de Compostela 220 kV (proxecto SET colectora Nova 132/220 kV e LAT 220 kV SET colectora Nova-SET Santiago de Compostela, expediente IN408A 2020/166, en tramitación, promove Villar Mir Energía, S.L.U.).

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) das instalacións. A declaración de utilidade pública, de acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

2º. LAT 66 kV evacuación parque eólico:

Solicitante/promotora: Norvento, S.L. CIF: B27210285.

Enderezo para os efectos de notificacións: rúa Ramón María Aller Ulloa, nº 23, 27003, Lugo.

Denominación do proxecto: LAT 66 kV evacuación parque eólico Marco (expediente IN408A 2022/005).

Concellos afectados: Rois, Brión, Ames e Santiago de Compostela (A Coruña).

Orzamento de execución material: 2.064.394,79 €.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Características técnicas da instalación:

• A LAT obxecto da presente tramitación, de tensión nominal 66 kV e lonxitude aproximada 14.252 m, componse dos seguintes tramos:

– Tramo 1: tramo aéreo en simple circuíto desde a subestación do PE Marco ata o apoio de paso aéreo-subterráneo (apoio nº 43 PAS, TM de Ames), de 12.291 m de lonxitude e con condutor LA-280 simplex.

– Tramo 2: tramo subterráneo en simple circuíto desde o paso aéreo-subterráneo ata a subestación colectora Nova, de 1.961 m de lonxitude e con condutor RHZ1-2OL (S) 36/66 kV 630 kAL+H165.

• O tramo aéreo disporase tendido sobre apoios metálicos de celosía, mentres que o tramo subterráneo irá soterrado baixo tubo, con configuración en triángulo.

• Disporá dun cable de fibra óptica para comunicacións que, á súa vez, realizará as funcións de cable de terra.

• Nin a SET do PE Marco (expediente IN408A 2021/041, actualmente en tramitación e promovido por Norvento, S.L.) nin a subestación colectora Nova (expediente IN408A 2020/166, en tramitación e promovido por Villar Mir Energía, S.L.U.) forman parte do presente proxecto.

• O punto de conexión final á rede de transporte prodúcese na SET Santiago de Compostela 220 kV, actualmente en servizo e propiedade de Red Eléctrica de España.

Obxecto:

Co fin de evacuar os 24 MW de enerxía eléctrica xerada no parque eólico (PE) Marco, proxéctase unha liña de alta tensión (en diante, LAT) de 66 kV, co inicio no pórtico situado na subestación eléctrica transformadora (en diante, SET) do PE Marco (TM de Rois) e fin na subestación colectora Nova 220/132-66 kV (TM de Santiago de Compostela).

Documentación que se expón:

– Parque eólico Marco:

1. O proxecto de execución do PE Marco (outubro 2022, asinado o 7.10.2022).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados polo proxecto (RBDA), que figura no anexo que se insire neste acordo.

2.1. Planos individuais dos predios afectados polo proxecto.

3. O proxecto de interese autonómico (PIA) do PE Marco (agosto 2021, asinado o 6.8.2021).

– LAT 66 kV evacuación parque eólico Marco:

1. O proxecto de execución da LAT 66 kV evacuación PE Marco (marzo 2022, asinado o 11.4.2022).

1.1. Plano xeral da LAT 66 kV evacuación do parque eólico.

2. O proxecto de interese autonómico (PIA) da LAT 66 kV evacuación PE Marco (marzo 2022, asinado o 31.3.2022).

– Parque eólico Marco + LAT 66 kV evacuación parque eólico Marco:

1. O estudo de impacto ambiental (EIA) conxunto do PE Marco e LAT 66 kV evacuación PE Marco (novembro 2021, asinado o 19.11.2021).

Polo exposto, o proxecto faise público para o coñecemento xeral, así como, en particular, das persoas propietarias dos predios afectados que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG) ou nun dos xornais de maior circulación nas provincias afectadas, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 23), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como nas casas dos concellos de Rois, Brión, Ames e Santiago de Compostela (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A Coruña, 16 de decembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico Marco e infraestruturas de evacuación
nos concellos de Rois e Brión (A Coruña)
(expediente IN408A 2021/41)

Predio

Titularidade proposta

Predio

Afeccións (m²)

Nome

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Pleno dominio

Servidume de paso

Servi. voo

Outras afeccións

Ref. catastral

Pol.

Parc.

Zap-plat.

Sub.

Vieiro/

vieiro-gabia

Gabia

OT

Concello de Rois

1

MVMC Macedos

15075A00900334

9

334

Macedos

Monte alto

4.002

3.035

319

15.983

3.785

2

MVMC Quintáns

15075A00800002

8

2

Quintáns

Monte alto

1.476

1.782

1.337

24

3

MVMC San Miguel da Costa

15075A15500019

155

19

San Miguel da Costa

Monte alto-
monte baixo

12.450

20.396

59

40.232

2.957

4

MVMC Vilar de Abade

15075A14800080

148

80

Vilar de Abade

Monte baixo

22

1.595

5

MVMC Rioboo

15075A15700073

157

73

Rioboo

Monte alto-
monte baixo

152

54

9.866

836

6

MVMC Sorribas

15075A15700074

157

74

Rioboo

Monte alto-
monte baixo

1.177

5.734

71

9.473

1.269

Concello de Brión

7

Descoñecido

15013A04201288

42

1288

Pedrazoas

Monte baixo

178

8

Descoñecido

15013A04201290

42

1290

Pedrazoas

Monte baixo

458

9

Descoñecido

15013A04201292

42

1292

Pedrazoas

Monte baixo

86

2.653

10

Descoñecido

15013A04201294

42

1294

Pedrazoas

Monte baixo

751

2.000

11

Descoñecido

15013A04201296

42

1296

Pedrazoas

Monte baixo

683

1.348

55

12

Descoñecido

15013A04201298

42

1298

Pedrazoas

Monte baixo

121

108

13

Descoñecido

15013A04201490

42

1490

Grobo

Monte baixo

115

14

Descoñecido

15013A04201300

42

1300

Pedrazoas

Monte baixo

29

245

15

Descoñecido

15013A04201302

42

1302

Pedrazoas

Monte baixo

76

16

Descoñecido

15013A04201304

42

1304

Pedrazoas

Monte baixo

105

17

Descoñecido

15013A04201306

42

1306

Pedrazoas

Monte baixo

194

18

Descoñecido

15013A04201308

42

1308

Pedrazoas

Monte baixo

286

622

19

Pérez Velles, Manuela

15013A04201310

42

1310

Pedrazoas

Monte baixo

45

757

4.518

20

Rodríguez Brenlle, Isaura Carmen

15013A04201312

42

1312

Pedrazoas

Monte baixo

1.440

21

Pazos Patiño, Concepción
Patiño Vázquez, Esther

15013A04201314

42

1314

Pedrazoas

Monte baixo

40

284

95

22

Sanmartín Diz, Daniel
Sanmartín Diz, Isabel

15013A04201316

42

1316

Pedrazoas

Monte baixo

135

496

23

Sanmartín Diz, Daniel
Sanmartín Diz, Isabel

15013A04302490

43

2490

Pedrazoas

Monte baixo

53

24

Rodríguez Brenlle, Isaura Carmen
Pose Rodríguez, José Rogelio

15013A04302491

43

2491

Pedrazoas

Monte baixo

86

25

Rodríguez Brenlle, Isaura Carmen
Pose Rodríguez, José Rogelio

15013A04302492

43

2492

Pedrazoas

Monte baixo

21

26

Rodríguez Brenlle, Isaura Carmen
Pose Rodríguez, José Rogelio

15013A04302511

43

2511

Pedrazoas

Monte baixo

8

27

Blanco Campos, David
Blanco Campos, Dolores

15013A04301187

43

1187

Pedrazoas

Monte baixo

1.537

28

Puga Pérez, María Flor

15013A04301188

43

1188

Pedrazoas

Monte baixo

921

29

Pérez Guisande, Carmen
Mirás Pérez, Jorge
Mirás Pérez, Rosa María

15013A04302493

43

2493

Pedrazoas

Monte baixo

360

30

Pérez Guisande, Carmen

15013A04301189

43

1189

Pedrazoas

Monte baixo

128

31

Pazos Patiño, Dolores

15013A04301190

43

1190

Grobo

Monte baixo

198

32

Rodríguez Brenlle, Isaura Carmen
Pérez Velles, Manuela

15013A04301191

43

1191

Grobo

Monte baixo

144

33

Roo Lias, Ramón A.

15013A04301192

43

1192

Grobo

Monte baixo

233

34

Descoñecido

15013A04301193

43

1193

Grobo

Monte baixo

244

35

Descoñecido

15013A04301194

43

1194

Grobo

Monte baixo

316

36

Descoñecido

15013A04301195

43

1195

Grobo

Monte baixo

204

37

Descoñecido

15013A04301196

43

1196

Grobo

Monte baixo

217

38

Descoñecido

15013A04301197

43

1197

Grobo

Monte baixo

236

39

Descoñecido

15013A04301198

43

1198

Grobo

Monte baixo

191

142

40

Descoñecido

15013A04301199

43

1199

Grobo

Monte baixo

703

24

41

Casal Neo, Argentina

15013A04301200

43

1200

Grobo

Monte baixo

260

124

42

Casal Neo, Francisco

15013A04301201

43

1201

Grobo

Monte baixo

256

55

43

Senra Raña, Celia
Pego Senra, Milagros
Pego Senra, Manuel

15013A04302515

43

2515

O Globo

Monte baixo

297

44

Casal Neo, Gerardo Manuel

15013A04302516

43

2516

O Globo

Monte baixo

269

45

Rodríguez Brenlle, Isaura Carmen
Pose Rodríguez, Santiago Manuel
Pose Rodríguez, José Rogelio
Pose Rodríguez, Luis
Rey Pereira, Manuel
Fernández Rey, Isabel Sara
Barbazán Ferreiro, Mª Carmen

15013A04302436

43

2436

Soquiemada de Arriba

Monte baixo

1.883

46

Baliña Mourelle, Eduardo

15013A04302440

43

2440

Soquiemada de Arriba

Monte baixo

566

47

Arufe Rivas, Santiago

15013A04302441

43

2441

Ponte Devesa

Monte baixo

51

Afeccións a convenios e consorcios

Concello de Brión

1

Consellería do Medio Rural e do Mar-Xefatura Territorial da Coruña-Servizo de Montes-Convenio nº 1515577-MVMC Macedos

15075A00900334

9

334

Macedos

Monte alto

4.002

3.035

319

15.983

3.785

3

Consellería do Medio Rural e do Mar-Xefatura Territorial da Coruña-Servizo de Montes-Convenio nº 1515521-MVMC San Miguel de Costa

15075A15500019

155

19

San Miguel da Costa

Monte alto-
monte baixo

12.450

20.396

59

40.232

2.957

Afeccións a arrendatarios

Concello de Brión

1

ENCE

15075A00900334

9

334

Macedos

Monte alto

4.002

3.035

319

15.983

3.785

2

ENCE

15075A00800002

8

2

Quintáns

Monte alto

1.476

1.782

1.337

24

5

ENCE

15075A15700073

157

73

Rioboo

Monte alto-
monte baixo

152

54

9.866

836

6

ENCE

15075A15700074

157

74

Rioboo

Monte alto-
monte baixo

1.177

5.734

71

9.473

1.269

Afeccións parque eólico en metros cadrados (m²):

• Superficie de pleno dominio:

– Zapata-plataforma (Zap-plat.): plataforma de montaxe do aeroxerador e a súa zapata.

– Subestación (sub.).

• Servidume de paso:

– Vieiro: dereito de paso polos vieiros en que circularán os transportes para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalacións do parque eólico.

– Gabia: servidume de paso da liña eléctrica soterrada.

• Servidume de voo das pas dos aeroxeradores (serv. voo).

• Outras afeccións:

– Ocupación temporal (OT): ocupación de terreos durante o período de duración das obras. Serv. temporalmente como provisión de materiais, montaxe de guindastres, provisión de pas e outros compoñentes dos aeroxeradores, etc.