Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2023 Páx. 7299

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2023 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro e no segundo cuadrimestre do ano 2022.

De acordo co previsto no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dispoño dar publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia dentro do primeiro e do segundo cuadrimestre do ano 2022, que se incorporan como anexo a esta resolución.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2023

Manuel Heredia Pérez
Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANEXO

Convenio

Importe

Data de sinatura do convenio

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación Galega de Asociacións de Amas de casa, Consumidores e Usuarios-Brétema para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia

30.000 €

30 de xuño de 2022

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforro e Seguros de Galicia-Adicae-Galicia para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia

25.000 €

28 de xuño de 2022

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación Galega de Euroconsumo para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia

30.000 €

22 de xuño de 2022

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Unión de Consumidores de Galicia-UCGAL para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia

25.000 €

14 de xuño de 2022

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación de Usuarios e Consumidores Independentes de Galicia-Fuciga para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade autónoma de Galicia

30.000 €

22 de xuño de 2022

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Dereito) no eido do dereito de consumo e a arbitraxe de consumo

30.000 €

8 de xuño de 2022

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior para o desenvolvemento de actividades de formación no programa consumo sénior.

14.400 €

27 de abril de 2022

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a ONCE-Galicia para o desenvolvemento dun taller de formación, accesibilidade e asesoramento no programa consumo accesible

Sen custo

14 de xuño de 2022

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e Caritas Diocesana de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de talleres de formación no programa consumo accesible

Sen custo

14 de xuño de 2022

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e Cáritas Diocesana de Tui-Vigo para o desenvolvemento de talleres de formación no programa consumo accesible

Sen custo

14 de xuño de 2022

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e Cáritas Diocesana de Ourense para o desenvolvemento de talleres de formación no programa consumo accesible

Sen custo

14 de xuño de 2022

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a asociación Provivienda para o desenvolvemento de talleres de formación no programa consumo accesible

Sen custo

14 de xuño de 2022