Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2023 Páx. 7297

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar, nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2022, que se incorpora no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2023

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2022

Descrición

Importe

Data

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Fundación Traslatio, para a realización do proxecto denominado Rehabilitación da embarcación Hidria Segundo.

105.000 €

6.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asemblea da Comunidade Autónoma de Galicia da Cruz Vermella para colaborar en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación.

30.000 €

21.9.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, M.P. (CSIC), a Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (Cesga), o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidade de Vigo (UVigo) e a Universidade da Coruña (UDC), para a realización do Programa de Ciencias Mariñas, dentro dos plans complementarios de I+D+I do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

6.000.000 €

14.10.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, M.P. (CSIC), A Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidade de Vigo (UVigo) e a Universidade da Coruña (UDC), para a realización do Programa de Ciencias Mariñas, dentro dos plans complementarios de I+D+I do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (achega da Comunidade Autónoma de Galicia financiada polo FEMP e polo FEMPA).

4.000.000 €

20.10.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Vigo para a identificación e marcaxe selectiva de larvas de mexillón mediante anticorpos monoclonais.

79.200 €

7.11.2022

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, para o desenvolvemento dun sistema de información de xestión integrada das axudas autonómicas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativas, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

250.000 €

22.12.2022