Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2023 Páx. 6956

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 28 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada recuamento LMT GON807 e substitución CTI Piquetes por CTC, no concello de Gondomar.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese practicar…», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada recuamento LMT GON807 e substitución CTI Piquetes por CTC, no concello de Gondomar, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados o representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 28 de decembro de 2022

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/174-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: recuamento LMT GON807 e substitución CTI Piquetes por CTC.

Concello: Gondomar.

Predio

Refª catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

2

54021A059000680000KY

Corredouras

José Luis Alonso Medina

9 de febreiro de 2023

12